Gran Premio dos Estados Unidos de 2015

O Gran Premio dos Estados Unidos de 2015 (oficialmente 2015 Formula 1 United States Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1, que se celebrou no Circuíto das Américas no Condado de Travis preto de Austin, Texas o 25 de outubro de 2015. A carreira, celebrouse sobre cincuenta e seis voltas, foi a décimo sexta proba da tempada de Fórmula Un de 2015, e marcou a trixésima sétima vez que o Gran Premio dos Estados Unidos disputouse como unha proba do Campionato do Mundo desde o seu inicio en 1950, e a cuarta vez que o evento foi organizado neste circuíto.

Modelo:Competición deportivaGran Premio dos Estados Unidos de 2015
Nome oficial2015 Formula 1 United States Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento308,405 km e 56 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto das Américas (Austin) 30°07′58″N 97°38′28″O / 30.1328, -97.6411 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,513 km Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Data25 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata
Pole positionNico Rosberg Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNico Rosberg Editar o valor en Wikidata

Lewis Hamilton foi o gañador da carreira do ano anterior entrou cunha vantaxe de 66 puntos no Campionato de Pilotos sobre Sebastian Vettel de Ferrari, e co seu compañeiro de equipo en Mercedes Nico Rosberg outros sete puntos por detrás. O evento de tres días realizouse en condicións de chuvias torrenciais que se traduciu na cancelación das sesións de práctica, o atraso da cualificación, e a Q3 cancelada por completo.

Hamilton gañou a carreira, pasando Nico Rosberg nas últimas voltas, e con iso conseguiu o seu terceiro campionato de pilotos, Sebastian Vettel terminou terceiro. Nunha carreira chea de incidentes só doce coches chegaron á liña de meta, con Max Verstappen repetindo o seu mellor resultado da tempada en cuarta posición e Jenson Button terminando na mellor posición da tempada, sexto. Logo de arrincar chovendo, ambos pilotos de Red Bull disputaron inicialmente con Mercedes polo liderado, pero logo cando a pista secou foron perdendo posicións, con Daniil Kvyat retirado logo dun accidente e Daniel Ricciardo terminando finalmente décimo.

Resumo

editar

Antecedentes

editar
 
Alexander Rossi regresou con Marussia

Alexander Rossi de novo cambiou asento con Roberto Merhi Rossi converteuse no primeiro estadounidense en pilotarconducir no Gran Premio dos Estados Unidos no Circuíto das Américas.[1] Tanto Sebastian Vettel como Kimi Räikkönen de Ferrari cambiaron as súas unidades de potencia. Logo de utilizar as catro unidades permitidas para a tempada, os dous pilotos recibiron unha sanción de dez lugares na grella. Isto era crucial para a batalla polo título, Lewis Hamilton podería gañar o título se gañaba e Vettel non terminaba segundo. O Manor Motorsport de Will Stevens recibiu unha sanción de vinte posicións na grella polo cambio de motor, turbocompresor e a unidade MGU-H.[2] O equipo Sauber celebrou o seu Gran Premio número 400 na Fórmula Un.[3] Tanto Red Bull como McLaren montaron novos aleróns dianteiros, emulando un concepto introducido por Mercedes para crear máis carga aerodinámica ao dirixir o fluxo de aire cara ao exterior dos pneumáticos dianteiros.[4] Ferrari fixo cambios similares ao seu SF15-T. En preparacion para os efectos da grande altitude en México. Mercedes agregou dúas "orellas" na parte superior da caixa de aire co fin de mellorar a refrixeración do sistema de recuperación de enerxía (ERS) da súa unidade de potencia.[5]

A carreira utiliza as mesmos dúas zonas de DRS que nas carreiras anteriores na pista. A primeira está entre as curvas once e doce, e a segunda na recta de meta entre as curvas vinte e un. Pirelli forneceu aos equipos co composto medio con bandas brancas como prime e o composto brando con bandasamarelas como o pneumático option, co fabricante indicando a complexidade do circuíto como a razón para elixir os dous compostos intermedios.[6]

Prevíase chuvia todo a fin de semana, con condicións especialmente perigosas na tarde do venres e o sábado, mentres que o día da carreira esperábase algo menos de chuvia.[7]

Práctica libre

editar

Polo regulamento da tempada 2015, programaronse tres sesións de práctica dúas sesións de 1´5 horas o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado.[8] Pero, coas condicións climáticas perigosas, incluíndo advertencias de inundacións,[9] a segunda sesión de adestramentos foi cancelada debido ás fortes choivas e unha treboada eléctrica.[10] As outras dúas sesións deprácticas realizáronse en condicións de mollado..[11][12]

Nico Rosberg encabezou a táboa de tempos o venres, por diante dos dous Red Bulls de Daniil Kvyat e Daniel Ricciardo. A sesión comezou nunha pista moi mollada, pero deixou de chover e a pista secou segundo progresou a práctica. Lewis Hamilton foi o quinto máis rápido, detrás Carlos Sainz. Aínda que saíuse da pista ao final da sesión, Fernando Alonso foi o noveno máis rápido no McLaren coa nova unidade de potencia. Un problema co cambio significou que Pastor Maldonado non puidese saír á pista, mentres que en Sauber, Raffaele Marciello substituíu a Felipe Nasr.

A sesión de adestramentos do sábado levouse a cabo sen espectadores para garantir a súa seguridade. Na pista, Lewis Hamilton foi o máis rápido, por diante do seu rival máis próximo do campionato, Sebastian Vettel. Coas condicións empeorando no transcurso da sesión, Vettel trompeou dúas veces. Max Verstappen terminou a sesión último, mentres que o Force India de Nico Hülkenberg foi terceiro, por diante de Valtteri Bottas e Sainz.[12]

Cualificación

editar

As inclemencias do tempo continuaron perturbando as actuacións do sábado, a cualificación atrasouse varias veces antes de ser suspendida e reprogramada en última instancia para o domingo pola mañá.[13] Moitos pilotos apoiaron a decisión, con Jenson Button dicindo: "É o que hai que facer [...] Nun aspecto, talvez se decidírase tres horas antes sería mellor para os fans pero queriamos saír, pilotar e facer un espectáculo. Atrasar cada media hora era o xeito que tiña que ser".[14] Durante o período de espera o sábado, moitos equipos fixeron tonterías no paddock para entreter ás multitudes, como os birlos ou bailes de salón entre os compañeiros de equipo de Red Bull Daniel Ricciardo e Daniil Kvyat. Ferrari condenou máis tarde o comportamento dos seus compañeiros de equipos, co director do equipo Maurizio Arrivabene dicindo: "Somos un equipo de Fórmula Un, non o Cirque du Soleil" Kimi Räikkönen apoiouno, declarando: ".. Creo que isto é F1 e non un circo. A xente, obviamente, non o pasa ben cando non corremos, pero non podemos facelos felices con calquera cousa que fagamos, agás correr".[15]

A cualificación tiña previsto constará de tres quendas de 18, 15 e 12 minutos de duración, respectivamente, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras sesións. A primeira parte da cualificación (Q1) foi interrompida durante pouco máis de cinco minutos, cando Carlos Sainz estrelouse na curva catro, sacando bandeiras vermellas. Debido á posibilidade de empeoramiento da choiva e a posibilidade de que a cualificación puidera finalizar pola chuvia en calquera momento, os equipos loitaron por posicións na grella desde o principio, Lewis Hamilton, Nico Rosberg e Daniel Ricciardo estableceron os tempos máis rápidos. Ademais de Sainz, ambos Manor Motorsport foron eliminados, xunto cos dous Sauber de Marcus Ericsson e Felipe Nasr. Sebastian Vettel, logo de bater cunha barreira, terminou a Q1 en décimo quinto lugar, apenas logrando pasar á Q2.[16]

Na Q2, os tempos de volta melloraron e os dous pilotos de Mercedes abriron o camiño, con Rosberg un pouco máis dunha décima de segundo por diante do seu compañeiro de equipo Hamilton. Fernando Alonso foi máis rápido que Valtteri Bottas pero ambos quedaron fora da Q3. Tampouco entraron no top ten os dous Lotus e o segundo McLaren de Jenson. Pronto, as condicións empeoraron, evitando tempos de volta máis rápidos. Moitos pilotos saíronse na última parte da sesión, queixándose de aquaplaning.

Con máis choiva caendo, tomouse a decisión de cancelar a terceira parte da cualificación e de utilizar os resultados de Q2 para determinar a grella. Deste xeito, Nico Rosberg conseguiu a súa terceira pole consecutiva, por diante de Hamilton, Ricciardo e Daniil Kvyat. O quinto mellor foi Sebastian Vettel de Scuderia Ferrari, pero a súa penalización significou que a terceira fila da grella formarase cos dous Force India de Sergio Pérez e Nico Hülkenberg respectivamente. As sancións dos dous Ferraris viron a Fernando Alonso subir ao noveno posto da grella, a mellor posición na grella para McLaren nese punto da tempada.[17][18][19] Logo da súa terceira pole consecutiva, Rosberg dixo que quería gañar a carreira, logo de ser superado por Hamilton en Xapón e retirarse do Gran Premio de Rusia, cando lideraba.[20] Carlos Sainz logrou o permiso dos comisarios para iniciar a carreira, logo de non establecer un tempo dentro de 107% da volta rápida de Ricciardo na Q1.[17] Fíxoo despois de que o seu equipo fora capaz de preparar o seu coche a tempo para o inicio.[21] Tras un cambio de caixa de cambios, Valtteri Bottas recibiu unha penalización de cinco posicións, movéndoo desde a undécima á décimo sexta posición da grella.[22]

Carreira

editar
 
Max Verstappen igualou o seu mellor resultado da tempada

A choiva cesara chegado o momento da carreira, a pista estaba aínda moi encharcada e esvaradiza e todos os pilotos optaron por comezar con pneumáticos intermedios. Hamilton saíu mellor no inicio, entrando na primeira curva xunto ao poleman Rosberg e, forzando a abrirse ao alemán, tomou a iniciativa ao saír da primeira curva. Rosberg perdeu posicións adicionais, correndo quinto por detrás de Hamilton, Kvyat, Ricciardo e Pérez. Máis atrás, un choque involucrou a Alonso, Massa, os dous Sauber de Ericsson e Nasr, así como a Bottas, que entrou en boxes logo da primeira volta, do mesmo xeito que Nasr, quen foi o primeiro en montar pneumáticos lisos, xa que a pista comezaba a secarse.[21][23] Will Stevens foi tocado por detrás polo seu compañeiro de equipo Alexander Rossi, rompendo o seu alerón traseiro e o que lle obrigou a retirarse.[24] Logo de saír desde o fondo da grella, Carlos Sainz beneficiado polos incidentes estaba décimo para o final da primeira volta. Mentres Rosberg pronto acadou o cuarto posto de Pérez, Hamilton diante veuse baixo a presión de Kvyat, os Red Bull corrían máis rápido nas condicións de mollado. Con Kvyat só medio segundo por detrás do líder do campionato, declarouse un período de coche de seguridade virtual na quinta volta para despexar os restos do incidente na primeira curva. Na volta 7, Valtteri Bottas retirouse cun amortecedor roto causado polo contacto na primeira curva.[25] Cando o coche de seguridade virtual terminou na volta 8, Rosberg fixo un movemento para adiantar a Ricciardo e pasar a terceira posición, superando a Kvyat no segundo posto na mesma volta. Romain Grosjean converteuse noutra vítima do accidente na primeira volta, cando entrou nos boxes por segunda vez na volta 12 e retirouse. Ao mesmo tempo, Sebastian Vettel subira ao sexto lugar desde a décimo terceira posición da grella. Diante, Kvyat tratou de adiantar a Rosberg, permitindo ao seu compañeiro Ricciardo aproveitar a ocasión para adiantar aos dous e poñerse segundo.[21]

Unha batalla polo liderado desenvolveuse entre Hamilton e Ricciardo, ata que o australiano saíuse na volta 15. Co agarre dos pneumáticos intermedios deteriorado, houbo moitos adiantamentos en pista. Rosberg, sen éxito, intentou adiantar ao seu compañeiro de equipo Hamilton por segunda vez na volta 16, mentres que Verstappen levouse o sexto lugar de Vettel unha volta máis tarde, só para sairse e perder a posición de novo. Na volta 18, Rosberg superou a Hamilton, que foi o primeiro dos pilotos de cabeza en cambiar os pneumáticos ao final da volta, cun composto de seco. Os outros principais candidatos fixeron o mesmo durante as seguintes par de voltas. Logo das paradas en boxes, Ricciardo lideraba sobre Rosberg, Kvyat e Hamilton. Os dous pilotos de Mercedes puxeronse por diante dos seus respectivos rivais de Red Bull nas voltas 22 e 23, mentres que Vettel, agora quinto, pechaba o cuarteto que lideraba. Na volta 24, pasou a Kvyat no cuarto lugar, mentres que Nico Rosberg ampliou a súa vantaxe sobre Ricciardo a nove segundos na volta 25. Hamilton obtivo o segundo lugar de Ricciardo unha volta máis tarde, Kimi Raikkonen viuse obrigado a retirarse.[21] Igual que Massa na volta 24, que sufriu o mesmo problema que obrigara a retirarse ao seu compañeiro de equipo.[25]

 
Jenson Button logrou o seu mellor resultado da tempada ata ese momento no sexto lugar

Na volta 27, o Sauber de Marcus Ericsson detívose na pista, polo que tivo que saír o coche de seguridade. Neste punto da carreira, a orde era: Rosberg, Hamilton, Ricciardo, Kvyat, Verstappen, como Vettel utilizou o coche de seguridade para un cambio de pneumáticos, pasou de novo a ser sexto. Cando o coche de seguridade entrou no pit lane ao final da volta 32, Vettel estaba de volta no quinto lugar logo de que Verstappen tamén entrara en boxes a cambiar pneumáticos. O alemán púxose cuarto a expensas de Kvyat na primeira curva na reanudación, e adiantou ao outro Red Bull de Ricciardo algunhas voltas máis tarde. Con todo, Ricciardo defendeuse de recuperando o lugar na seguinte curva. Vettel foi capaz de volver a adiantalo na primeira curva na volta seguinte. Mentres tanto, Kvyat estaba máis degradado cando Verstappen avanzou ao quinto posto, seguido de Hulkenberg. Na volta 35, Verstappen superou ao segundo Red Bull de Ricciardo para pasar a cuarto. Cando Nico Hülkenberg intentou facer o mesmo unha volta máis tarde, el e Ricciardo chocaron, o que obrigou ao alemán a retirarse. Ricciardo foi capaz de continuar, pero superado polo seu compañeiro de equipo, Jenson Button estaba atrás no sétimo lugar. Cando se declarou outro período de coche de seguridade virtual para limpar so restos do coche de Hülkenberg, Rosberg decidiu entrar en boxes, saíndo de novo cuarto por detrás de Hamilton, Vettel e Verstappen. Na volta 40, cando o coche de seguridade terminou, Rosberg estaba terceiro a expensas de Verstappen, mentres que Alonso subiu varios lugares ata o sexto posto, co seu compañeiro de equipo quinto. Correndo cos pneumáticos novos, Rosberg foi capaz de superar a Vettel na volta 42.

Unha volta máis tarde, Daniil Kvyat sufriu un forte impacto na penúltima curva, provocando outro período de coche de seguridade. Tanto Hamilton como Vettel utilizan isto para cambiar os pneumáticos de novo, do mesmo xeito que Button na volta 45. O coche de seguridade retirouse ao final da volta 46, coa seguinte orde: Rosberg, Hamilton, Verstappen, Vettel, Alonso, Pérez, Button e Maldonado. Na reanudación, Verstappen tratou de adiantar a Hamilton, pero non o logrou e á súa vez foi superado por Vettel. Na volta 48, Nico Rosberg perdeu o liderado con Hamilton logo de deslizarse fóra da pista debido a que patinaronlle os seus pneumáticos traseiros.[23][26] O alemán máis tarde declarou que o seu erro foi causado por un forte refacho de vento.[27] Hamilton pronto abriu unha brecha co seu compañeiro de equipo, mentres que Jenson Button subiu ao sexto posto por diante de Alonso na volta 50, pero perdeu a posición de novo para Sainz antes do final da carreira. O seu compañeiro de equipo Alonso puxerase quinto, pero unha perda de potencia do seu motor costoulle ir perdendo postos para terminar finalmente undécimo.[28] Nas últimas voltas, Vettel achegouse a Rosberg, pero non o puido superar. Isto significou que Hamilton, que cruzou a meta como gañador da carreira, tamén se levou o seu terceiro título de campión do mundial.

Poscarreira

editar

Nas entrevistas de podio, realizada por Elton John, Nico Rosberg expresou o seu desgusto polo resultado da carreira.[29] Expresouse visiblemente a súa ira na sala de espera, cando se lle viu lanzar a súa gorra de podio a Lewis Hamilton, un incidente ao que máis tarde restou importancia como "só son os nosos xogos típicos".[30] Sebastian Vettel pola súa banda mostrouse encantado coa súa actuación, dicindo que o equipo superara todas as expectativas" O recentemente coroado campión do mundo Hamilton cualificou seu terceiro título como "o mellor momento da miña vida", agradecendo ao seu pai xa a súa familia o seu apoio.[31]

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2[32] Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:56.671 1:56.824 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:56.871 1:56.929 2
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:56.495 1:57.969 3
4 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:57.640 1:58.434 4
5 5   Sebastian Vettel Ferrari 2:00.950 1:58.596 13[33]
6 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:59.284 1:59.210 5
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:58.325 1:59.333 6
8 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 2:00.902 1:59.999 7
9 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:58.689 2:00.199 8
10 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:59.704 2:00.265 9
11 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:59.569 2:00.334 16[34]
12 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 2:00.236 2:00.595 10
13 22   Jenson Button McLaren-Honda 2:00.261 2:01.193 11
14 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 2:00.844 2:01.604 12
15 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:58.198 sen tempo 18[33]
16 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 2:02.212 14
17 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 2:03.194 15
18 53   Alexander Rossi Manor Motorsport-Ferrari 2:04.176 17
19 28   Will Stevens Marussia-Ferrari 2:04.526 19[35]
107% Tempo: 2:04.653
NC 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 2:07.304 20[36]
Fonte:[37]

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 56 1:50:52.703 2 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 56 +2.850 1 18
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 56 +3.381 13 15
4 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 56 +22.359 8 12
5 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 56 +24.413 5 10
6 22   Jenson Button McLaren-Honda 56 +28.058 11 8
7[38] 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 56 +30.619 20 6
8 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 56 +32.273 12 4
9 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 56 +40.257 15 2
10 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 56 +53.571 3 1
11 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 56 +54.816 9
12 53   Alexander Rossi Marussia-Ferrari 56 +1:15.277 17
Ret 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 41 Accidente 4
Ret 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 35 Colisión 6
Ret 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 25 Eléctrico 14
Ret 7   Kimi Räikkönen Ferrari 25 Freos/Danos por accidente 18
Ret 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 23 Suspensión 7
Ret 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 10 Freos/Danospor colisión 10
Ret 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 5 Suspensión 16
Ret 28   Will Stevens Marussia-Ferrari 1 Danospor colisión 19
Fonte:[39]

Posicións logo da carreira

editar
  • Note: Only the top five positions are included for both sets of standings.
  • Bold text indicates 2015 World Champions
  1. Nathwani, Amit (23 de outubro de 2015). "United States Grand Prix: Manor Marussia's Alex Rossi set for homecoming". CNN. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  2. "Vettel’s title hopes hit by US engine penalty". formula1.com. FOM. 22 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  3. "Sauber at 400 - the drivers' favourite moments". formula1.com. FOM. 21 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  4. "Red Bull RB11 - Austin front wing". formula1.com. FOM. 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  5. "Technical analysis - pre-Mexico round-up". formula1.com. FOM. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  6. "United States Grand Prix Preview: Austin, de outubro de 22-25, 2015". Pirelli. 19 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  7. "Heavy rain forecast for entire US GP race weekend". Grand Prix Times. 21 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  8. "Practice and qualifying". formula1.com. FOM. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  9. Collantine, Keith (22 de outubro de 2015). "lood warnings in Texas ahead of F1 weekend". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  10. Parkes, Ian (23 de outubro de 2015). "US F1 Grand Prix: Second practice cancelled due to extreme weather". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  11. Collantine, Keith (23 de outubro de 2015). "Rosberg leads Red Bulls in wet COTA practice". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  12. 12,0 12,1 Barretto, Lawrence (24 de outubro de 2015). "US GP: Lewis Hamilton fastest in very wet final practice session". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  13. Galloway, James (25 de outubro de 2015). "US GP qualifying postponed to Sunday after three-hour rain delay". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  14. Barretto, Lawrence (24 de outubro de 2015). "F1 drivers back decision to postpone US GP qualifying to Sunday". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  15. Gibson, Sean (27 de outubro de 2015). "Ferrari condemns 'circus' behaviour of rival F1 teams at US Grand Prix". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  16. Collantine, Keith (25 de outubro de 2015). "Rosberg on pole position as Q3 is abandoned". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  17. 17,0 17,1 Anderson, Ben (25 de outubro de 2015). "Nico Rosberg takes pole in shortened US GP F1 qualifying". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  18. "Rosberg beats Hamilton to US pole". BBC. Consultado o 2015-10-25. 
  19. Benson, Andrew (25 de outubro de 2015). "United States GP: Nico Rosberg on pole in rain-shortened session". BBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  20. Collantine, Keith (25 de outubro de 2015). "Rosberg wants a win "really badly" after third pole in a row". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 Davies, Tom (25 de outubro de 2015). "F1 US Grand Prix – as it happened". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  22. Parkes, Ian (25 de outubro de 2015). "Valtteri Bottas gets US GP grid penalty for F1 gearbox change". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  23. 23,0 23,1 Rothwell, James (25 de outubro de 2015). "Lewis Hamilton wins US Grand Prix 2015 and clinches third world title". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  24. "CAPTAIN AMERICA. 2015 Formula 1 United States Grand Prix – The Race". Manor Racing. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  25. 25,0 25,1 "US GP Race". Williams F1. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  26. "Rosberg totally mystified by late mistake". formula1.com. FOM. 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  27. Wise, Mike (30 de outubro de 2015). "Nico Rosberg says gust of wind caused error that allowed Lewis Hamilton through to win title". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  28. Freeman, Glenn (25 de outubro de 2015). "US F1 Grand Prix: Engine problem prevented 'miracle' Alonso result". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  29. "FIA post-race press conference - United States". formula1.com. FOM. 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  30. Gill, Pete (27 de outubro de 2015). "Nico Rosberg plays down 'cap spat' with Lewis Hamilton at US GP". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  31. "Hamilton: Third F1 title the greatest moment of my life". formula1.com. FOM. 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  32. Debido á choiva e ao perigo de aquaplaning na pista durante a Q2, a Q3 cancelouse, as posicións decedironse polos tempos da Q2.
  33. 33,0 33,1 Sebastian Vettel e Kimi Räikkönen recibiron unha sanción de dez lugares na grella polo uso dunha unidade de potencia adicional.
  34. Valtteri Bottas recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios logo da cualificación.
  35. Will Stevens recibiu unha penalización de vinte posicións por diversos cambios na súa unidade de potencia, pero non saíu de último debido a que Sainz non logrou dar unha volta cronometrada.
  36. Carlos Sainz non puido establecer un tempo de volta dentro do 107% do mellor tempo establecido na Q1, debido a un accidente, máis tarde os comisarios permitironlle competir.
  37. "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  38. Carlos Sainz terminou sexto, pero foi penalizado con cinco segundos engadidos a o seu tempo de carreira por exceso de velocidade no pit lane
  39. "2015 Formula 1 United States Grand Prix - Race". Formula1.com. Formula One Management. 25 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 2015
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 2015
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2014
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2016