Gran Premio de Mónaco de 2013

O Gran Premio de Mónaco de 2013 (formalmente o Formula 1 Grand Prix de Monaco 2013) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrara o 26 de maio de 2013 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. É a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.

Gran Premio de Mónaco de 2013
Detalles da carreira
Carreira 6 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 26 de maio de 2013
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2013
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´34 km
Distancia 78 voltas, 260´52 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:13.876
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Tempo 1:16.577 na volta 77
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Terceiro Australia Mark Webber Red Bull-Renault

Informe editar

Entre as novidades introducidas nesta carreira o equipo Lotus probará novos aleróns e chan[1] e algúns pilotos, como Kimi Räikkönen, Lewis Hamilton, Sebastian Vettel ou Fernando Alonso estrean deseño de casco con diferentes motivos.[2]

Protesta contra Mercedes editar

Xusto antes da carreira, Red Bull e Ferrari presentaron unha protesta oficial contra Mercedes, logo de decatarse a noite anterior á carreira dun test de pneumáticos de tres días realizado por Pirelli no último Gran Premio con coches Mercedes pilotados por Hamilton e Rosberg. Alegaron que violaba a norma que prohibe as probas durante a tempada e deulle a Mercedes unha vantaxe competitiva tanto na carreira de Mónaco como na próxima carreira no Canadá, nas que se utilizarán os pneumáticos que se probaron (Pirelli foi criticada tras algúns fallos de pneumáticos a principios de tempada, as probas realizáronse cun deseño mellorado planeado para ser introducido dentro de dúas carreiras logo de Mónaco). Mercedes dixo que a FIA aprobara o exame. Pirelli citou o seu contrato coa FIA que permite probas limitadas, pero Red Bull e Ferrari argumentaron que isto só debe ser cun coche de polo menos dous anos. Foi a segunda proba realizada por Pirelli na tempada, a primeira foi entre a carreira 4ª e 5ª, pero usando un coche de Ferrari do 2011.[3]

Eliminatorias editar

Q1 editar

O Force India de Paul di Resta, o Caterham de Charles Pic, o Sauber de Esteban Gutiérrez, os Marrusia de Max Chilton e Jules Bianchi, e o Ferrari de Felipe Massa non pasaron da primeira sesión de cualificación. Bianchi detívose na pista cun problema no motor antes de facer unha volta cronometrada. Massa non realizou ningunha volta porque o seu coche aínda estaba sendo reparado logo dun accidente na sesión de práctica libre 3.

Q2 editar

O Sauber de Nico Hulkenberg, o Touro Ross de Daniel Ricciardo, o Lotus de Romain Grosjean, o Williams de Valtteri Bottas, Giedo van der Garde de Caterham e o Williams de Pastor Maldonado non pasaron da segunda sesión de cualificación.

Q3 editar

O Mercedes de Nico Rosberg logrou a pole position para o Gran Premio de Mónaco cun tempo de 1m13.876s. O Mercedes de Lewis Hamilton e o Red Bull de Sebastian Vettel fixeron os seguintes dous mellores tempos durante a última rolda de clasificación.[4]

Carreira editar

O Mercedes de Nico Rosberg liderou desde a pole position por diante do seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton na saída e dos Red Bull de Sebastian Vettel e Mark Webber. Bianchi de Marussia comezou desde o pit lane logo dun problema na grella de saída. Maldonado e Van der Garde tiveron un contacto que obrigou a Maldonado a entrar en boxes para cambiar o alerón dianteiro. Na volta 9, Charles Pic detívose preto da entrada a boxes cun lume no motor do Caterham.

O piloto de Ferrari Felipe Massa tivo un gran derrape entrando en Sante Devote moi similar ao seu accidente na sesión de práctica libre 3 do sábado, pero esta vez foi causado por un fallo técnico. Saíu o coche de seguridade e Rosberg mantivo o liderado logo dunha parada en boxes, e o Mercedes de Lewis Hamilton caeu ao cuarto lugar.

Na volta 45, Maldonado e Chilton tocáronse preto de Tabac enviando a Maldonado contra as barreiras. A carreira viu a bandeira vermella (parar) para reparar os danos ás barreiras e sacar o Williams sinistrado de Maldonado. A carreira renovouse tralo coche de seguridade con Rosberg líder Vettel, Webber e Hamilton.

O Lotus de Grosjean estrelouse contra a parte posterior do Touro Rosso de Ricciardo na sída do túnel e o coche de seguridade apareceu unha vez máis. Pérez tocou as barreiras preto da Nouvelle Chicane logo de tratar de superar a Raikkonen na volta 69. Raikkonen tivo que entrar en boxes para poñer pneumáticos novos logo dunha picada. Pérez retirouse máis tarde como resulta dos danos no aleron na escapatoria de Rascasse.

O Mercedes de Nico Rosberg gañou a carreira por diante de Vettel e Webber. Raikkonen adiantou a varios coches nas dúas últimas voltas para rematar décimo na posición dos puntos.[5]

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Driver Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 9   Nico Rosberg Mercedes 1:24.620 1:16.135 1:13.876 1
2 10   Lewis Hamilton Mercedes 1:23.779 1:16.265 1:13.967 2
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:24.243 1:15.988 1:13.980 3
4 2   Mark Webber Red Bull-Renault 1:25.352 1:17.322 1:14.181 4
5 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:25.835 1:16.040 1:14.822 5
6 3   Fernando Alonso Ferrari 1:23.712 1:16.510 1:14.824 6
7 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:24.682 1:17.748 1:15.138 7
8 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:25.108 1:17.261 1:15.383 8
9 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:23.744 1:17.420 1:15.647 9
10 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:23.699 1:17.623 1:15.703 10
11 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:25.547 1:18.331 11
12 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1;24.852 1:18.344 12
13 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:23.738 1:18.603 13
14 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 1:24.681 1:19.077 14
15 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:26.095 1:19.408 15
16 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 1:23.452 1:21.688 16
17 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 1:26.322 17
18 20   Charles Pic Caterham-Renault 1:26.633 18
19 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:26.917 19
20 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 1:27.303 22[6]
107% tempo:1:29.293
21 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth Sen tempo 20[7]
22 4   Felipe Massa Ferrari Sen tempo 21[8]
Fonte:[9]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 9   Nico Rosberg Mercedes 78 2:17:52.056 1 25
2 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 78 +3.888 3 18
3 2   Mark Webber Red Bull-Renault 78 +6.314 4 15
4 10   Lewis Hamilton Mercedes 78 +13.894 2 12
5 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 78 +21.477 8 10
6 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 78 +23.103 9 8
7 3   Fernando Alonso Ferrari 78 +26.734 6 6
8 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 78 +27.223 10 4
9 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 78 +27.608 17 2
10 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 78 +36.782 5 1
11 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 78 +42.572 11
12 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 78 +42.691 14
13 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 78 +43.212 19
14 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 78 +49.885 22
15 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 78 +1:02.590 15
16 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 72 Freos 7
Ret 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 63 Danos por colisión 13
Ret 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 61 Colisión 12
Ret 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth 58 Freos 20
Ret 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 44 Colisión 16
Ret 4   Felipe Massa Ferrari 28 Accidente 21
Ret 20   Charles Pic Caterham-Renault 8 Caixa de cambios 18
Fontes:[10][11]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas editar

  1. "Lotus lleva mejoras en los alerones y suelo a Mónaco". GPUpdate. 20 de maio de 2013. 
  2. Sergio Lillo. "Fotos: Baile de cascos en Montecarlo". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de maio de 2013. 
  3. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/22672228
  4. Beer, Matt (25 de maio de 2013). "Monaco GP: Nico Rosberg takes third straight pole in Mercedes one-two". Autosport.com. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  5. "Monaco GP - Sunday - Race Notes". GrandPrix.com. 26 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  6. Max Chilton foi penalizado con cinco posicións por un cambio de caixa de cambios non programado
  7. Jules Bianchi non puido establecer un tempo de clasificación no requisito do 107% logo dun fallo de motor, pero permitíuselle correr por decisión dos Comisarios
  8. Felipe Massa non puido establecer un tempo de clasificación no requisito do 107% despois de que o seu coche resultara danado durante os adestramentos libres, e o seu equipo non fora capaz de reparar o dano a tempo para tomar parte na cualificación. Permitíuselle correr por decisión dos Comisarios.
  9. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2013 – Qualifying". Formula1.com (Formula One Administration). 25 de maio de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  10. "2013 Monaco Grand Prix - Classifications". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). 26 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  11. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2013 - Provisional results". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 26 de maio de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2013
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2013
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2013
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2012
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2014