Paul di Resta
Paul di Resta, nado o 16 de abril de 1986 en Livingston, West Lothian, é un piloto escocés de Fórmula 1. En 2010 foi o campión da DTM. É un dos poucos pilotos da historia, xunto con Timo Glock e Pedro Martínez de la Rosa que conseguiu puntuar no seu primeiro Gran Premio.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1986 (38 anos) Uphall, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Bathgate Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | Deutsche Tourenwagen Meisterschaft (pt) (2014–2018) Fórmula 1 (2011–2013) DTM (2007–2010) Fórmula 3 Europeia (pt) (2005–2006) British Formula Renault Championship (en) (2003–2004) |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Dougie McCracken (en) |
Vida persoal
editarDi Resta, quen creceu en Uphall, West Lothian, vive agora en Mónaco, é primo dos pilotos Dario e Mariño Franchitti.[1] O seu padrasto foi o futbolista escocés Dougie McCracken.[2] O seu irmán máis novo, Stefan, compite a nivel afeccionado.[3]
Paul di Resta é o director da empresa de lecer da súa familia.
Trala firma con Force India, Di Resta comprou un apartamento en Monte Carlo, Mónaco. Únese a outros numerosos pilotos no Principado, onde vive coa súa noiva Laura Jordan.
Traxectoria
editarA finais do ano 2008, di Resta realizou uns test coa escudería McLaren Mercedes de Fórmula 1[4] e vinculóuselle varias veces como piloto titular da escudería Force India para 2009.[5] Finalmente, no 2010, Paul consegue o posto de piloto de probas e reserva na escudería india.[6] O escocés tivo a oportunidade de pilotar o monopraza durante varios adestramentos libres.
En 2011, tralas boas sensacións que deixou nos libres dos venres e sendo campión do DTM,[7] di Resta firma como piloto oficial de Force India, tendo como compañeiro a Adrian Sutil e deixando a Nico Hülkenberg como probador.[8] Paul logra puntuar na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia, sendo 10º, posición que repetiu na seguinte carreira. O seu mellor resultado foi un 6º no GP de Singapur.[9] O bo rendemento de Paul no seu ano de debut (13º con 27 puntos) desata os rumores que lle sitúan en Mercedes AMG F1 Team.[10]
O 16 de decembro de 2011, Force India confirma que Di Resta seguirá sendo un dos seus pilotos oficiais.[11] Comeza puntuando nas dúas primeiras carreiras de 2012. No GP de Singapur obtén o seu mellor resultado, unha 4ª posición, ás portas do podio.[12] Finalmente, termina o ano cun total de 46 puntos e un 14º posto no campionato.
A continuidade de Paul para 2013, asegurada extraoficialmente, foi confirmada no acto de presentación do Force India VJM06 en febreiro de 2013.[13] No entanto, o piloto escocés estivo en negociacións con McLaren para substituír a Lewis Hamilton.[14] Di Resta conseguiu estrearse en Australia con puntos terminando en 8º lugar, resultado que repetiría en China tras abandonar por problemas mecánicos en Malaisia. No GP de Bahrain, iguala o seu mellor resultado (4ª posición).
Resumo da súa carreira deportiva
editar† – como di Resta era un piloto invitado, non podíia puntuar.
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | Force India F1 Team | Force India VJM04 | Mercedes FO 108Y 2.4 V8 | AUS 10 |
MAL 10 |
CHN 11 |
TUR Ret |
ESP 12 |
MON 12 |
CAN 18† |
EUR 14 |
RU 15 |
ALE 13 |
HUN 7 |
BEL 11 |
ITA 8 |
SIN 6 |
XPN 12 |
COR 10 |
IND 13 |
ABU 9 |
BRA 8 |
13º | 27 | |
2012 | Sahara Force India F1 Team | Force India VJM05 | Mercedes FO 108Z 2´4 V8 | AUS 10 |
MAL 7 |
CHN 12 |
BAH 6 |
ESP 14 |
MON 7 |
CAN 11 |
EUR 7 |
RU Ret |
ALE 11 |
HUN 12 |
BEL 10 |
ITA 8 |
SIN 4 |
XPN 12 |
COR 12 |
IND 12 |
ABU 9 |
USA 15 |
BRA 19† |
14º | 46 |
2013 | Sahara Force India F1 Team | Force India VJM06 | Mercedes FO 108Z 2´4 V8 | AUS 8 |
MAL Ret |
CHN 8 |
BAH 4 |
ESP 7 |
MON 9 |
CAN 7 |
RU 9 |
ALE 11 |
HUN 18† |
BEL Ret |
ITA Ret |
SIN 20† |
COR Ret |
XPN 11 |
IND 8 |
ABU 6 |
USA 15 |
BRA 11 |
12º | 48 | |
2017 | Williams Martini Racing | Williams FW40 | Mercedes M08 EQ Power+ 1.6 V6 t | AUS |
CHN |
BHR |
RUS |
ESP |
MON |
CAN |
ACE |
AUT |
GBR |
HUN Ret |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
NCº* | 0* |
Notas
editar- ↑ McPherson, Lynn (7 de febreiro de 2010). "Racing driver takes over family's property empire". Daily Record (Trinity Mirror). Consultado o 8 de febreiro de 2010.
- ↑ "Formula One rookie battles on in Turkey Grand Prix despite suspected suicide of stepfather". Daly Mail (Londres). 9 de maio de 2011. Consultado o 28 de maio de 2011.
- ↑ "Di Resta to make Knockhill debut this Sunday – 8th April". knockhill.com (Knockhill Racing Circuit). 2010-04-03. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 2010-07-06.
- ↑ "Four days of McLaren testing for DTM’s Di Resta" (en inglés). Fórmula 1. 8 de outubro de 2008.
- ↑ Vidal, Jacobo (21 de outubro de 2008). "Acuerdo casi cerrado entre Force India y McLaren". F1 al día.
- ↑ "Paul di Resta volverá a ser piloto probador de Force India en Valencia". globedia. 22 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2013.
- ↑ "Di Resta se lleva la DTM" (PDF). Mundo Deportivo: 57. 29 de novembro de 2010.
- ↑ "Oficial: Di Resta debuta junto a Sutil y Hülkenberg". GPUpdate. 26 de xaneiro de 2011.
- ↑ Campos, Isaac (25 de setembro de 2011). "Balance GP de Singapur 2011 - equipo Force India". Car and Driver The F1. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011.
- ↑ Serrano, Víctor (10 de agosto de 2011). "Di Resta candidato a relevar a 'Schumi'". AS. Consultado o 10 de agosto de 2011.
- ↑ "Force India confirma a Hulkenberg y Di Resta". El Mundo. 16 de decembro de 2011.
- ↑ Salceda, Nacho (23 de setembro de 2012). "Balance GP de Singapur F1 2012 - equipo Force India". Car and Driver The F1. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2012.
- ↑ Payá, Rafa (1 de febreiro de 2013). "El escocés Di Resta desvela solo el VJM06 de Force India". AS.
- ↑ Fernández, Juanjo (14 de xaneiro de 2013). "Paul di Resta ha confirmado que mantuvo conversaciones con McLaren". F1 al día.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul di Resta |