Jules Bianchi

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Francia
Anos en activo 2 (2013-2014)
Escudería(s) Marussia
Grandes Premios disputados 34
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2013
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 2014

Jules Bianchi, nado en Niza o 3 de agosto de 1989 e finado en Niza o 17 de xullo de 2015[1], foi un piloto de carreiras francés. Sufriu graves lesións na cabeza nun accidente cando competía no Gran Premio do Xapón no Circuíto de Suzuka o 5 de outubro de 2014.

Familia editar

Jules é neto de Mauro Bianchi, tres veces campión do mundo na categoría GT, e sobriño neto de Lucien, que gañou as 24 Horas de Le Mans e competiu en dezanove Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 entre 1959 e 1968, cun podio en Mónaco.

Traxectoria editar

Fórmula Renault editar

En 2007 Bianchi deixou o karting e correu no Campionato de Francia de Fórmula Renault 2.0 con SG Formula, onde terminou como campión.

Fórmula Tres editar

 
Bianchi durante a primeira rolda da tempada 2009 de Formula 3 Euro Series en Hockenheim.

A finais de 2007 foi contratado para pilotar co equipo ART Grand Prix na Formula 3 Euro Series. Nicolas Todt, representante do piloto de Fórmula 1 Felipe Massa, era o director do equipo ART.

En 2008 Bianchi gañou as Masters de Fórmula 3 en Zolder,[2] e tamén terminou terceiro na tempada 2008 da Fórmula 3 Euro Series.

Bianchi continuou na F3 Euroseries en 2009, co equipo ART xunto cos seus compañeiros novatos Valtteri Bottas, Esteban Gutiérrez e Adrien Tambay.[3] Con oito vitorias, Bianchi logrou o título a falta dunha carreira, en Dijon-Prenois. Logo agregou un noveno triunfo na carreira final en Hockenheim. Tamén correu na Formula Renault 3.5 Series en Mónaco.

GP2 Series editar

 
Bianchi en Monza en 2011

Bianchi pilotou para ART nas tempadas 2009-10 da GP2 Asia Series e da tempada 2010 das GP2 Series.[4] Competiu en tres das catro probas do campionato GP2 Asia.[5] Na serie principal, Bianchi logrou dúas poles e unha serie de posicións nos puntos antes de resultar ferido nun accidente na primeira volta en Hungaroring. Bianchi era cuarto no campionato de pilotos no momento da súa lesión. Malia as primeiras avaliacións pesimistas da gravidade da súa lesión, recuperouse para tomar parte na seguinte rolda do campionato.[6]

 
Bianchi pilotando para Lotus ART durante a carreira de Silverstone na tempada 2011 da GP2 Series.

Bianchi quedou en ART no ano 2011, xunto ao campión da tempada 2010 das GP3 Series Esteban Gutiérrez. Acabou segundo por detrás de Grosjean no campionato de pilotos.

Na tempada 2011 das GP2 Series, Bianchi tivo un difícil comezo de tempada, só sumou puntos en dúas das oito primeiras carreiras, pero a súa forma mellorou logo de anotar a súa primeira vitoria en Silverstone. Terminou terceiro no campionato, detrás de Grosjean e Luca Filippi.

Fórmula Renault 3.5 editar

Bianchi optou por cambiar á Formula Renault 3.5 Series na tempada 2012, logo da súa única aparición na categoría na tempada 2009. Fichou polo equipo Tech 1 Racing, e formou equipo con Kevin Korjus.[7]

Fórmula Un editar

En agosto de 2009, Bianchi foi vinculado pola BBC e outros medios de comunicación ao segundo asento de Ferrari ocupado por Luca Badoer durante a ausencia de Felipe Massa.[8][9] Bianchi probara con Ferrari na proba para pilotos novos no Circuíto de Jerez un par de días en decembro de 2009.[10]

O 11 de novembro de 2010 foi confirmado por Ferrari como probador do equipo e piloto de reserva para a tempada 2011, en substitución de Luca Badoer, Giancarlo Fisichella e Marc Gené. O 13 de setembro de 2011, Bianchi probou con Ferrari como membro da Academia de pilotos de Ferrari, co tamén membro da academia e piloto de Sauber F1 Sergio Pérez.[11] Para a tempada 2012 de Fórmula Un, Ferrari prestoullo ao equipo Force India, para quen pilotou en nove sesións de adestramentos libres do venres no transcurso do ano, como probador do equipo e piloto de reserva.[12]

Marussia (2013-2014) editar

2013 editar

 
Bianchi pilotando o Marussia MR02 no Gran Premio de Malaisia de 2013

O 1 de marzo de 2013, Marussia anunciou que Bianchi ía substituír Luiz Razia como piloto de carreiras logo de que o contrato de Razia rescindírase, debido a cuestións de patrocinio.[13] Bianchi cualificou 19º no Gran premio de Australia de 2013, por diante do seu compañeiro de equipo Max Chilton por tres cuartos de segundo. Bianchi superou a Pastor Maldonado e Daniel Ricciardo na primeira volta e que finalmente terminou 15º no seu debut.[14] Foi o 19º na grella de novo en Malaisia, a 0´3 segundos da Q2. Bianchi quedou detrás dos Caterhams ao comezo da carreira, pero avanzou logo das paradas en boxes, para terminar 13º, por diante do seu compañeiro de equipo, e ambos Caterhams.[15] A partir do Gran Premio de Hungría, Bianchi gañara ao seu compañeiro de equipo en todas as sesións de clasificación e en todas as carreiras que ambos logran terminar.[16] No Gran Premio do Xapón el e Charles Pic de Caterham foron penalizados con 10 posicións na grella logo de recibir tres amoestacións durante a tempada, e na carreira, terminou despois dunha colisión con Giedo van der Garde.[17]

2014 editar

 
Bianchi no Gran Premio de Bahrain de 2014

En outubro de 2013, Marussia confirmou que Bianchi quedaríase no equipo para a seguinte tempada.[18] Logo de comezar a tempada en Australia, no que non se clasificou, Bianchi superou as súas posibilidades, e as do seu equipo Marussia, anotando os seus primeiros puntos no Campionato Mundial ao terminar noveno no Gran Premio de Mónaco.[19]

Das nove carreiras que Bianchi e Max Chilton completaron sen retirarse, durante a tempada 2014, foi o piloto máis rápido en 8 delas, establecendo o seu status como o primeiro piloto.[20][21] Chilton retirouse dúas veces, e Bianchi 5 veces, e 4 das retiradas de Bianchi foron fallos mecánicos.

Accidente en Suzuka 2014 editar

Na volta 43 do Gran Premio do Xapón de 2014, que se celebrou o domingo 5 de outubro baixo fortes choivas intermitentes causadas polo achegamento do Tifón Phanfone, Bianchi perdeu o control do seu auto e virou á dereita cara á zona de escorredura na parte exterior da curva Dunlop (curva 7) do Circuíto de Suzuka. Chocou de fronte e en perpendicular coa parte traseira dun tractor guindastre que retiraba o Sauber de Adrian Sutil despois de que perdera o control e se estrelara na mesma zona unha volta antes. O accidente de Bianchi fixo sacar a bandeira vermella e a carreira terminou nove voltas antes de completar as 53 voltas programadas. Imaxes de vídeo e fotografías do accidente dos espectadores revelaron que o lado esquerdo do coche de Bianchi sufriu danos considerables e a gaiola antienvorco destruíuse mentres se deslizaba baixo o tractor guindastre. O impacto foi tal que o tractor foi parcialmente levantado da terra co Sauber de Sutil, que por entón estaba suspendido no aire polo guindastre, para caer de novo no chan.

En primeira instancia, foi atendido medicamente no lugar do accidente antes de ser transportado en ambulancia ao Centro Médico do circuíto. Debido ás dúbidas sobre a seguridade da aterraxe causadas polas condicións climáticas precarias, determinouse que o transporte de urxencia en helicóptero non era posible. Bianchi foi transportado en ambulancia durante 32 minutos,[22] con escolta policial, ao hospital da Universidade de Mie en Yokkaichi, o hospital máis próximo ao circuíto a uns 15 km. de distancia.[23][24][25] Os informes iniciais do seu pai, Felipe, á emisora France 3 foron que Bianchi estaba en estado crítico cunha lesión na cabeza e sometérano a unha operación para reducir as graves contusións na cabeza.[26][27] Posteriormente a FIA emitiu un comunicado mostrando que Bianchi sufrira un "traumatismo craneoencefálico grave" no accidente, e que estaba en coidados intensivos logo da cirurxía.[28][29]

Confirmouse que o dano sufrido era unha lesión axonal difusa e que Bianchi atopábase nun estado crítico, pero estable.[30][31][32]

A poucos días do accidente, informes de prensa non confirmados suxiren que o accidente se produciu a unha velocidade superior a 200 km/h[33] e que o impacto xerado foi sobre 50 g0 (490 m/s2)[34] Na seguinte quincena, os medios publicaron que informes baseados na información obtida dos documentos da FIA din que a velocidade de impacto foi de 212 km/h[35] e que o impacto xerado foi de 92 g0 (900 m/s2).[36]

Faleceu o 17 de xullo de 2015, como consecuencia das feridas provocadas polo accidente sen espertar do coma.[1]

Carreiras editar

Resumo da súa carreira editar

Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2007 French Formula Renault 2.0 SG Formula 13 5 5 10 11 172
Eurocup Formula Renault 2.0 8 0 1 1 0 4 22º
2008 Formula 3 Euro Series ART Grand Prix 20 2 2 2 7 47
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A
Masters of Formula 3 1 1 0 0 1 N/A
2009 Formula 3 Euro Series ART Grand Prix 20 9 6 7 12 114
British Formula Three Championship 4 0 2 2 3 0 NC†
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 10º
Formula Renault 3.5 Series SG Formula 1 0 0 0 0 0 NC
2009–10 GP2 Asia Series ART Grand Prix 6 0 1 2 1 8 12º
2010 GP2 Series ART Grand Prix 20 0 3 1 4 52
2011 GP2 Series Lotus ART 18 1 1 0 6 53
GP2 Asia Series 4 1 0 1 2 18
2011 Scuderia Ferrari Piloto de probas
2012 Formula Renault 3.5 Series Tech 1 Racing 17 3 5 7 8 185
Fórmula 1 2012 Sahara Force India F1 Team Piloto de probas
2013 Fórmula 1 Marussia F1 Team 19 0 0 0 0 0 19º
2014 Fórmula 1 Marussia F1 Team 15 0 0 0 0 2 17º

† – Como Bianchi era un piloto invitado, non podía puntuar.

* Tempada en curso.

Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series results editar

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos
2008 ART Grand Prix Dallara F308/049 Mercedes HOC1
1

Ret
HOC1
2

13
MUG
1

3
MUG
2

4
PAU
1

Ret
PAU
2

26
NOR
1

Ret
NOR
2

9
ZAN
1

3
ZAN
2

9
NÜR
1

2
NÜR
2

3
BRH
1

22
BRH
2

18
CAT
1

Ret
CAT
2

3
BUG
1

1
BUG
2

17
HOC2
1

7
HOC2
2

1
47
2009 ART Grand Prix Dallara F308 Mercedes HOC1
1

5
HOC1
2

3
MUG
1

1
MUG
2

14
PAU
1

1
PAU
2

3
NOR
1

1
NOR
2

1
ZAN
1

1
ZAN
2

6
NÜR
1

1
NÜR
2

5
BRH
1

Ret
BRH
2

Ret
CAT
1

1
CAT
2

5
BUG
1

2
BUG
2

1
HOC2
1

1
HOC2
2

7
114

Resultados completos na Fórmula Renault 3.5 Series editar

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos
2009 KMP Group/SG Formula CAT
1
CAT
2
SPA
1
SPA
2
MON
1

Ret
HUN
1
HUN
2
SIL
1
SIL
2
BUG
1
BUG
2
ALG
1
ALG
2
NÜR
1
NÜR
2
ALC
1
ALC
2
NC 0
2012 Tech 1 Racing ALC
1

DSC
ALC
2

13
MON
1

2
SPA
1

2
SPA
2

17
NÜR
1

1
NÜR
2

12
MOS
1

2
MOS
2

7
SIL
1

1
SIL
2

3
HUN
1

3
HUN
2

9
LEC
1

4
LEC
2

1
CAT
1

7
CAT
2

Ret
185

Resultados completos nas GP2 Series editar

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos
2010 ART Grand Prix ESP
FEA

Ret
ESP
SPR

12
MON
FEA

4
MON
SPR

3
TUR
FEA

Ret
TUR
SPR

13
VAL
FEA

2
VAL
SPR

Ret
RU
FEA

2
RU
SPR

5
GER
FEA

5
GER
SPR

4
HUN
FEA

Ret
HUN
SPR

NTS
BEL
FEA

14
BEL
SPR

Ret
ITA
FEA

2
ITA
SPR

4
ABU
FEA

18
ABU
SPR

7
52
2011 Lotus ART TUR
FEA

3
TUR
SPR

7
ESP
FEA

7
ESP
SPR

Ret
MON
FEA

Ret
MON
SPR

19
VAL
FEA

Ret
VAL
SPR

7
RU
FEA

1
RU
SPR

5
GER
FEA

4
GER
SPR

2
HUN
FEA

7
HUN
SPR

6
BEL
FEA

2
BEL
SPR

2
ITA
FEA

8
ITA
SPR

3
53

Complete GP2 Asia Series results editar

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 DC Puntos
2009–10 ART Grand Prix ABU1
FEA
ABU1
SPR
ABU2
FEA

3
ABU2
SPR

7
BHR1
FEA

10
BHR1
SPR

NC
BHR2
FEA

10
BHR2
SPR

Ret
12º 8
2011 Lotus ART ABU
FEA

1
ABU
SPR

8
ITA
FEA

3
ITA
SPR

Ret
18

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos Puntos
2014 Marussia F1 Team Marussia MR03 Ferrari 059/3 1.6 V6 t AUS
NC
MAL
Ret
BAH
16
CHN
17
ESP
18
MON
9
CAN
Ret
AUT
15
RU
14
ALE
15
HUN
15
BEL
18†
ITA
18
SIN
16
XPN
20†
RUS
USA
BRA
ABU
16º 2
2013 Marussia Marussia MR02 Cosworth CA2013 V8 AUS
15
MAL
13
CHN
15
BAH
19
ESP
18
MON
Ret
CAN
17
RU
16
ALE
Ret
HUN
16
BEL
18
ITA
19
SIN
18
COR
16
XPN
Ret
IND
18
ABU
20
USA
18
BRA
17
19º 0
2012 Sahara Force India F1 Team Force India VJM05 Mercedes FO 108Z 2.4 V8 AUS MAL CHN
TD
BHR ESP
TD
MON CAN EUR
TD
RU
TD
ALE
TD
HUN
TD
BEL ITA
TD
SIN XPN COR
TD
IND ABU
TD
USA BRA NC 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Motor Sports Talk (17 de xullo de 2015). "Jules Bianchi dies at age 25, his family confirms" (en inglês). Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  2. "Rookie Jules Bianchi wins Masters of Formula 3". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. "ART complete Euro Series line-up". autosport.com. 2009-01-06. Consultado o 2009-01-06. 
  4. English, Steven (2009-10-12). "Bianchi to step up to GP2 with ART". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-10-12. 
  5. Freeman, Glenn (ed.) (2009-10-15). "Pit & Paddock: Macau then GP2 for Bianchi". Autosport 198 (3): 26. 
  6. English, Steven (2010-08-26). "Bianchi cleared to race at Spa". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-08-30. 
  7. Elizalde, Pablo (2012-02-09). "Jules Bianchi joins Tech 1 for FR3.5 season". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2012-07-31. 
  8. Cheese, Caroline (2009-08-28). "Belgian GP practice as it happened". BBC Sport (BBC). Consultado o 2009-09-05. Entertaining kerfuffle in the Ferrari garage as Jules Bianchi, who is the latest driver to be linked with Luca Badoer's seat, stands behind Badoer's car like some kind of Grim Reaper. 
  9. "Montezemolo gives Badoer one more chance, Bianchi waits for call up". jamesallenonf1.com (James Allen). 2009-08-25. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 2009-09-05. 
  10. Noble, Jonathan (2009-11-20). "Ferrari to test Bianchi at Jerez". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-11-20. 
  11. "The Ferrari Driver Academy according to Perez and Bianchi". Scuderia Ferrari (Ferrari). 15 September 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. Consultado o 4 October 2011. 
  12. Noble, Jonathan (2012-01-27). "Jules Bianchi joins Force India F1 team as reserve driver". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2012-07-31. 
  13. Biggs, XiBit. "Jules Bianchi to race". Marussia F1 Team. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  14. Smith, Luke (15 September 2013). "Jules Bianchi relishing first night race". Motorsportstalk. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 9 October 2013. 
  15. "Korean Grand Prix: Bianchi inks new Marussia deal". Crash.net. 3 October 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 9 October 2013. 
  16. "F1:How have the rookies done this season?". Sportskeeda. 4 October 2013. Consultado o 9 October 2013. 
  17. Noble, Jonathan (11 October 2013). "Bianchi in Japanese GP". Autosport. Consultado o 7 March 2014. 
  18. Noble, Jonathan (3 October 2013). "Jules Bianchi will remain with the Marussia Formula 1 team for 2014". Autosport. Consultado o 9 October 2013. 
  19. Anderson, Ben (25 May 2014). "Nico Rosberg beats Lewis Hamilton and gets points lead". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 26 May 2014. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  21. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  22. "F1 to make key changes after Bianchi smash". AFP.com. 10 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  23. "AUTOSPORT Live: Sunday - Japanese Grand Prix - F1 2014 Japanese Grand Prix". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 5 October 2014. 
  24. "Formula 1 - Bianchi 'undergoing surgery' after Suzuka crash". Yahoo Eurosport UK. 5 October 2014. Consultado o 5 October 2014. 
  25. Jules Bianchi taken to hospital unconscious following crash Arquivado 05 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Smith, Luke. NBC Sports Network, 5 October 2014
  26. "Bianchi operato per grave ematoma (update)". Autosprint. 5 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014.  (en italiano)
  27. Japanese Grand Prix Live from Suzuka, Sky Sports, 5 October 2014
  28. "Bianchi undergoes surgery after Suzuka crash". Formula 1. 5 October 2014. Consultado o 5 October 2014. 
  29. "F1 driver Jules Bianchi injured after crash in Japan – latest updates", The Guardian, 5 October 2014
  30. "Bianchi suffered brain injury in crash". F1 Fanatic. 7 October 2014. 
  31. "F1 driver Jules Bianchi's diffuse axonal injury explained". Express. 7 October 2014. 
  32. "Bianch family statement". Marussia F1 Team. 7 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o Oct 9, 2014. 
  33. "Family gives name of Bianchi head injury". Grandprix.com. 7 October 2014. 
  34. "Noch nie so ein schlimmes Auto gesehen". Auto Motor und Sport. 6 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  35. "FIA asks teams for Bianchi crash information". Grandprix.com. 16 October 2014. 
  36. "Bianchi's condition remains desperate". Grandprix.com. 15 October 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar