Gran Premio de Mónaco de 2014
O Gran Premio de Mónaco de 2014 (formalmente o Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 25 de maio de 2014 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. É a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Nome oficial | Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556Coordenadas: 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 25 de maio de 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Kimi Räikkönen |
Resumo da carreira
editarPrevia
editarDo mesmo xeito que no Gran Premio de Mónaco de 2013, o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo o amarelo brando como o pneumático "prime" máis duro e o composto súper brando de cor vermella o pneumáticos "option", tal como fixeron nos dous anos anteriores. Foi a segunda vez na tempada na que o composto súper brando utilizouse nun fin de semana.[1]
Logo de concluída a sesión de cualificación, Nico Rosberg foi investigado polos comisarios despois de que se saíse e provocara unha bandeira amarela nos últimos instantes da sesión, que custoulle a Lewis Hamilton a oportunidade de lograr a pole position.[2] pero, non se aplicou ningunha penalización.[3] Daniil Kvyat recibiu unha reprimenda por obstaculizar a Pastor Maldonado durante a primeira parte da cualificación, mentres que Marcus Ericsson recibiu dous puntos de penalización, e comezou desde o pit lane por causar unha colisión con Felipe Massa.[4]
Carreira
editarPastor Maldonado quedou parado na grella antes da volta de quecemento de xeito non comezou a carreira. Nico Rosberg liderou por diante de Lewis Hamilton e Daniel Ricciardo desde a pole, pero Kimi Raikkonen pasou de sexto ao cuarto lugar por diante do seu compañeiro de equipo Fernando Alonso e o campión mundial Sebastian Vettel. Na 1ª volta Sergio Pérez saíuse en Mirebeau e foi alcanzado por Jenson Button cando daba marcha atrás para volver á carreira, foi necesario que saíra o coche de seguridade, Pérez retirouse da carreira e os coches de Adrian Sutil e Romain Grosjean resultaron danados. Vettel sufriu un problema co seu turbo e retirouse na 5ª volta.
Raikkonen superou a Ricciardo cando marchou o coche de seguridade a quedou na terceira posición por detrás dos dous coches de Mercedes que comezaron a afastarse. Sutil comezou a ascender desde o fondo do pelotón logo da súa parada en boxes adiantando a Grosjean e Marcus Ericsson na forquita, pero na volta 23 perdeu o control saíndo do túnel e estrelouse na Nouvelle Chicane obrigando a saír ó coche de seguridade por segunda vez.
Todo o mundo entrou en boxes co coche de seguridade, agás Felipe Massa. Raikkonen tivo que entrar en boxes dúas veces despois de que fora golpeado por Jules Bianchi e tivera unha picada, o que deu lugar a que caera ao fondo do pelotón. Jean-Eric Vergne recibiu un drive-through por unha saída perigosa de boxes no camiño de Kevin Magnussen.
Rosberg e Hamilton, unha vez máis se afastaban con Ricciardo terceiro e Alonso cuarto. Felipe Massa fixo a súa primeira parada en boxes logo de 40 voltas. Vergne sufriu un fallo de motor na volta 50 o que provocou a súa cuarta retirada en 6 carreiras, igualando a Sutil. Valtteri Bottas foi adiantado por Esteban Gutiérrez, Raikkonen e Massa, que estaba con pneumáticos novos, cando o motor de Bottas fallou na volta 55. Logo Gutiérrez estrelouse na Rascasse na volta 59 o que lle impediu lograr os seus primeiros puntos da tempada cando marchaba noveno. Isto levou ao Marussia de Jules Bianchi ata o 10º posto, sería a primeira vez que Marussia lograra puntos, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por unha sanción durante a saída do coche de seguridade que o deixaba no 11º posto.
Jenson Button pasou o seu compañeiro de equipo Magnussen na curva 1, subindo ata sexto posto, e logo Raikkonen tratou de facer o mesmo na forquita, pero foise contra a barreira encerrando a Magnussen. Tanto Raikkonen como Magnussen lograron saír da barreira, dando marcha atrás, pero perderon moito tempo, pasando Bianchi a oitavo e Grosjean a noveno. Raikkonen perdeu unha volta xa que tivo que entrar en boxes para a súa reparación.
Mentres tanto, na fronte, Hamilton rodaba ao redor dun segundo detrás de Rosberg como na maior parte da carreira con Ricciardo case 15 segundos por detrás dos dous, pero a Hamilton entroulle un lixo no seu ollo a 12 voltas para o final o que significou que desacelerou, permitindo a Ricciardo, na volta 73 a 5 voltas para o final situarse xusto detrás de el, con todo Hamilton logrou aguantar para lograr o segundo lugar na liña de meta, mentres que Ricciardo terminou terceiro.
Rosberg gañou o seu segundo Gran Premio de Mónaco consecutivo e retomou o liderado do campionato. Só Hamilton, Ricciardo, e Alonso, cuarto, terminaron sen ser dobrados polo líder. Nico Hülkenberg terminou quinto, mantendo baixo control a Button (6º). Massa terminou sétimo, Bianchi terminou oitavo, pero recibiu unha segunda penalización de 5 segundos de tempo, que o fixo caer ao noveno posto, detrás de Grosjean, aínda así anotou o seu primeiro punto e o de Marussia na súa andaina na Fórmula 1. Magnussen recuperouse para terminar 10º, co novato Marcus Ericsson 11º.
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1'17"678 | 1'16"465 | 1'15"989 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1'17"823 | 1'16"354 | 1'16"048 | 2 |
3 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1'17"900 | 1'17"233 | 1'16"384 | 3 |
4 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1'18"383 | 1'17"074 | 1'16"547 | 4 |
5 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1'17"853 | 1'17"200 | 1'16"686 | 5 |
6 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1'17"902 | 1'17"398 | 1'17"389 | 6 |
7 | 25 | Jean-Eric Vergne | STR-Renault | 1'17"557 | 1'17"657 | 1'17"540 | 7 |
8 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1'17"978 | 1'17"609 | 1'17"555 | 8 |
9 | 26 | Daniil Kvyat | STR-Renault | 1'18"616 | 1'17"594 | 1'18"090 | 9 |
10 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1'18"108 | 1'17"755 | 1'18"327 | 10 |
11 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1'18"432 | 1'17"846 | 11 | |
12 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1'17"890 | 1'17"988 | 12 | |
13 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1'18"407 | 1'18"082 | 13 | |
14 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1'18"335 | 1'18"196 | 14 | |
15 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1'18"585 | 1'18"356 | 15 | |
16 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1'18"209 | sen tempo | 16 | |
17 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1'18"741 | 17 | ||
18 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1'18"745 | 18 | ||
19 | 17 | Jules Bianchi | Marussia-Ferrari | 1'19"332 | 21[5] | ||
20 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1'19"928 | 19 | ||
21 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1'20"133 | 20 | ||
22 | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | 1'21"732 | PL[6] | ||
107% tempo: 1'22"985 | |||||||
Fonte:[7] |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Pirelli reveal tyre choices for Spain, Monaco and Canada". Formula1.com (Formula One Administration). 11 April 2014. Consultado o 13 April 2014.
- ↑ Noble, Jonathan; Beer, Matt (24 May 2014). "Nico Rosberg's Monaco pole is under investigation after his Q3 off". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 24 May 2014.
- ↑ Noble, Jonathan; Beer, Matt (24 May 2014). "Nico Rosberg keeps pole after stewards investigation". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 24 May 2014.
- ↑ "Ericsson penalised for Massa qualifying incident". Formula1.com (Formula One Administration). 24 May 2014. Consultado o 24 May 2014.
- ↑ Jules Bianchi foi penalizado con cinco posicións, por un cambio da caixa de cambios non programado
- ↑ Marcus Ericsson saíu desde o pit lane logo de provocar un choque con Felipe Massa na Q1, privando a Massa de participar na Q2.
- ↑ "2014 Grand Prix de Monaco 2014". formula1.com. Consultado o 10 May 2014.
- ↑ Jules Bianchi terminou oitavo, pero foi penalizado con 5 segundos por unha sanción cando saíu o coche de seguridade, e perdeu unha posición final.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 25 May 2014. Consultado o 25 May 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2013 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2015 |