Gran Premio do Reino Unido de 2013
O Gran Premio de Inglaterra de 2013 foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 30 de xuño de 2013, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido.
Nome oficial | 2013 Formula 1 Santander British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 52 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 |
Lonxitude | 5,891 km |
País | Reino Unido |
Data | 30 de xuño de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Mark Webber |
Outro | |
Páxina web oficial | web.archive.org… |
Lewis Hamilton logrou a pole position por diante do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, co líder do campionato, Sebastian Vettel terceiro. Rosberg gañou a carreira por diante de Mark Webber e Fernando Alonso. Hamilton, xunto con Felipe Massa, Jean-Éric Vergne e Sergio Pérez sufriron rebentóns do pneumático traseiro esquerdo, mentres que Esteban Gutiérrez foi vítima dun rebentón do pneumático dianteiro esquerdo. Vettel sufriu unha avaría no cambio cando lideraba a carreira.
Antecedentes
editarO piloto australiano Mark Webber anunciou a súa retirada cando remate a tempada 2013, antes de que dese comezo o Gran Premio, así mesmo únese ao novo programa deportivo da empresa Porsche, que inclúe o asalto ás 24 Horas de Le Mans, Mark Webber describiu como unha "honra" irse a Porsche. Kimi Räikkönen é o favorito para substituílo en Red Bull.
Clasificación
editarAs tres fases de clasificación tiveron lugar o 30 de xuño.
Q1
editarO Williams de Valtteri Bottas, o Sauber de Esteban Gutiérrez, o Caterham de Charles Pic, o Marussia de Jules Bianchi , o Caterham de Giedo van der Garde e o Marussia de Max Chilton foron todos eliminado na Q1.
Q2
editarO McLaren de Jenson Button, o Ferrari de Felipe Massa, o Toro Rosso de Jean-Eric Vergne, o McLaren de Sergio Pérez Mendoza, o Sauber de Nico Hülkenberg e o William de Pastor Maldonado foron eliminados na Q2.
Q3
editarLewis Hamilton logrou a pole cun tempo de 1:29.607 seguido do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg e o Red Bull de Sebastian Vettel seguido de Webber, Di Resta, Ricciardo, Sutil, Grosjean, Raikkonen e Alonso completando os dez primeiros. Máis tarde Di Resta foi sancionado porque o seu coche tiña 1´5 kg. menos que o peso mínimo legal, foi sancionado a saír no último posto da grella.
Carreira
editarO Mercedes de Lewis Hamilton liderou desde o principio con Vettel detrás del, despois de que Rosberg saíra lento da liña de saída. Webber de Red Bull tivo unha mala saída e danou o seu alerón dianteiro despois de contactar co Lotus de Romain Grosjean na curva 1. Na volta 8, Hamilton sufriu un rebentón do pneumático traseiro esquerdo na recta Wellington. Massa tivo unha falla similar ao igual que posteriormente o coche de Vergne que sacou o coche de seguridade na volta 16. Vergne, finalmente retirouse da carreira con danos no piso.
Vettel liderou a carreira ata a volta 42, cando sufriu un fallo no cambio e detívose preto da liña de meta. Isto sacou un segundo coche de seguridade. Rosberg, Webber e Alonso fixeron paradas nos boxes para poñer pneumáticos novos, o Lotus de Kimi Raikkonen non parou.
A carreira reiniciouse na volta 46 con Rosberg diante. Webber e Alonso foron capaces de adiantar a Raikkonen na loita polo podio. Hamilton logrou terminar cuarto logo de recuperarse da rotura do pneumático. Massa fixo loitou para terminar sexto. Pérez de McLaren sufriu un rebentón no reinicio e viuse obrigado a retirarse con danos do coche. Grosjean tamén se retirou antes do final da carreira.
Cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:30.995 | 1:31.224 | 1:29.607 | 1 |
2 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:31.355 | 1:31.028 | 1:30.059 | 2 |
3 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:31.559 | 1:30.990 | 1:30.211 | 3 |
4 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:31.605 | 1:31.002 | 1:30.220 | 4 |
EX | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:32.062 | 1:31.291 | 1:30.736 | 22[1] |
5 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:32.097 | 1:31.182 | 1:30.757 | 5 |
6 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:32.002 | 1:31.097 | 1:30.908 | 6 |
7 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:31.466 | 1:31.530 | 1:30.955 | 7 |
8 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:31.400 | 1:31.592 | 1:30.962 | 8 |
9 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:32.266 | 1:31.387 | 1:30.979 | 9 |
10 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:31.979 | 1:31.649 | 10 | |
11 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:32.241 | 1:31.779 | 11 | |
12 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:32.105 | 1:31.785 | 12 | |
13 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:31.953 | 1:32.082 | 13 | |
14 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:32.168 | 1:32.211 | 14 | |
15 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:32.512 | 1:32.359 | 15 | |
16 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:32.664 | 16 | ||
17 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:32.666 | 17 | ||
18 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:33.866 | 18 | ||
19 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:34.108 | 19 | ||
20 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:35.481 | 21[2] | ||
21 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:35.858 | 20 | ||
107% tempo: 1:37.364 | |||||||
Fonte:[3] |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 2013 |
Notas
editar- ↑ Paul di Resta foi excluído porque o seu coche non chegaba ao peso mínimo.Posteriormente foi trasladado á ultimo lugar da grella. "British GP: Paul Di Resta disqualified from qualifying". BBC Sport (Andrew Benson). Consultado o 29 June 2013.
- ↑ Giedo van der Garde foi sancionado con 5 posicións por provocar o incidente con Nico Hülkenberg na carreira anterior
- ↑ "Formula 1 Santander British Grand Prix 2013 - Provisional Results". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 29 June 2013.
- ↑ "2013 FORMULA 1 Santander British Gran Prix Provisional Results". Formula 1. Consultado o 30 June 2013.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2012 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2014 |