Oxfordshire
Oxfordshire é un condado non metropolitano ao sueste de Inglaterra (Reino Unido) cuxa capital é Oxford.[1][2] Limita con Northamptonshire, Buckinghamshire, Berkshire, Wiltshire, Gloucestershire e Warwickshire.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | ||||
Capital | Oxford | ||||
Contén a división administrativa | Cherwell (distrito) (pt) Oxford (en) South Oxfordshire Vale of White Horse (en) West Oxfordshire (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 687.524 (2018) (263,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.604,9318 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | council of Oxfordshire County Council (en) , | ||||
ISO 3166-2 | GB-OXF | ||||
Código NUTS | UKJ14 | ||||
Páxina web | oxfordshire.gov.uk |
Está dividido en cinco distritos gobernamentais: Oxford, Cherwell, Vale of the White Horse (despois de Uffington White Horse), West Oxfordshire e South Oxfordshire.
O principal recurso do condado é o turismo, a zona salienta pola concentración de compañías e instalacións relacionadas co automobilismo; a Oxford University Press liderou a converxencia de compañías de impresión e publicación e a universidade tamén está vinculada á concentración de compañías de biotecnoloxía.
O principal núcleo de poboación é a cidade de Oxford, xunto con outras poboacións como Bicester, Banbury e Chipping Norton ao norte de Oxford; Witney ao oeste; Thame e Chinnor ao leste; e Abingdon, Wantage, Wallingford, Didcot e Henley-on-Thames ao sur.
O futuro crecemento de poboación do condado espérase que se concentre a redor de Banbury, Bicester, Didcot e Witney preto da zona de crecemento das South Midlands.
O bico máis alto do condado é Whitehorse Hill, no Val do White horse, cunha altura de 261 metros sobre o nivel o mar. O condado ocupa unha área de 2.605 Km² e a súa poboación é de 615.204 habitantes.
Historia
editarHistoricamente, a área tivo sempre importancia. Trátase dunha zona de gran valor agrícola situada entre as cidades do sur e na que se atopa a cidade de Oxford (nome derivado da denominación en inglés antigo Oxenaforda, o vao do boi).
Ignorado polos romanos, non foi até a creación da localidade de Oxford cando a área empezou a gañar importancia. Alfredo o Grande naceu en Wantage. A Universidade de Oxford foi fundada no ano 1096. A área foi parte do mercado de la dos Cotswold durante o século XVIII.
Cidades destacadas
editar- Oxford
- Woodstock, lugar de nacemento de Winston Churchill.
- Faringdon.
Lugares de interese
editar- O Palacio de Blenheim, declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
- A cidade de Oxford
- O pazo de Kelmscott Manor, fogar de William Morris.
- O río Támesis.
Notas
editar- ↑ Office for National Statistics (2013). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de febreiro.
- ↑ Office for National Statistics (2013). "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro.