Gran Premio do Canadá de 2014

(Redirección desde «Gran Premio de Canadá de 2014»)

O Gran Premio do Canadá de 2014 (oficialmente 2014 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 8 de xuño de 2014 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. Foi gañada por Daniel Ricciardo, a carreira foi a sétima rolda da tempada 2014, e o 51º Gran Premio do Canadá. Foi a sexta carreira na historia dos Grandes Premios en terminar detrás do coche de seguridade, logo do choque na última volta entre Felipe Massa e Sergio Pérez.

Gran Premio de Canadá de 2014
Detalles da carreira
Carreira 7 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 8 de xuño de 2014
Nome oficial Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 de 2013
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´361 km
Distancia 70 voltas, 305´27 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:14.874
Volta rápida
Piloto Felipe Massa Williams
Tempo 1:18.504 na volta 58
Podio
Primeiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Alemaña Sebastian Vettel Red Bull

Ricciardo converteuse no cuarto australiano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un logo de Jack Brabham, Alan Jones e o home que substituíu en Red Bull Racing para a tempada 2014, Mark Webber.[1]

Resumo da carreira editar

Antecedentes editar

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os seus pneumáticos de composto brando e super brando.[2]

Práctica e cualificación editar

Celebráronse tres sesións de prácticas antes da carreira; a primeira na mañá do venres e a segunda o venres pola tarde. Ambas sesións duraron unha hora e media. A terceira sesión celebrouse o sábado pola mañá e durou unha hora.[3]

Fernando Alonso estableceu o tempo máis rápido na primeira sesión de adestramentos libres, por diante de Lewis Hamilton. Na segunda sesión de adestramentos libres, Hamilton foi o máis rápido por diante de Nico Rosberg. Hamilton foi o máis rápido de novo na terceira sesión de adestramentos libres, por diante de Felipe Massa.[4]

A sesión de cualificación celebrada o sábado pola tarde dividiuse en tres quendas. A primeira quenda durou 18 minutos e elimináronse os seis últimos coches da cualificación. A segunda quenda da cualificación durou 15 minutos e foron eliminados os coches que terminaron nas posicións 11 a 16. A parte final da cualificación determinou as posicións do primeiro a décimo, e decidiu a pole position. Os coches que completaron a sesión final de cualificación non se lles permitiu cambiar os pneumáticos antes da carreira, e comezaron a carreira cos pneumáticos cos que fixeron a súa volta rápida.

As eliminatorias disputáronse baixo condicións secas. Na Q1, Lewis Hamilton marcou o mellor tempo. Hamilton marcou de novo o mellor tempo na Q2 e na Q3 Nico Rosberg marcou o mellor tempo, conseguindo a súa terceira pole da tempada cun tempo de 1:14.874. Hamilton uniuse a el na primeira fila da grella, perdendo por 0,079 segundos. Foi seguido na grella por Sebastian Vettel que venceu ao seu compañeiro de equipo ao clasificarse terceiro. Valtteri Bottas clasificou cuarto, 0´7 segundos por detrás de Rosberg e o seu compañeiro no equipo Williams Massa clasificouse quinto. Ricciardo, Alonso, Jean-Eric Vergne, Jenson Button e Kimi Räikkönen na súa 200º participación nun Gran Premio[5] completaron os dez primeiros. Nico Hülkenberg foi 11º, non clasificándose por só 0´045 segundos.[6] Kevin Magnussen colocou o seu McLaren no 12º, por diante de Pérez, Romain Grosjean, Daniil Kvyat, con Adrian Sutil 16º e Pastor Maldonado foi 17º, o resto dos coches foron os Marussia e Caterham. O piloto de Sauber Esteban Gutiérrez non participou na sesión de cualificación, debido a un accidente durante a anterior sesión de adestramentos libres, o seu equipo non puido reparar o seu coche a tempo..[7]

Post-cualificación editar

Aínda que Gutiérrez non tomou parte na cualificación, permitíuselle comezar a carreira, os comisarios xulgaron que era capaz de competir nun ritmo suficiente en base aos seus tempos de adestramentos libres.[8] Máis tarde foi penalizado por ter que empezar desde o pit lane porque o seu equipo tivo que cambiar a caixa de cambios e a célula de supervivencia do seu auto como resultado do seu accidente nos adestramentos libres.[9] Kamui Kobayashi recibiu unha penalización de cinco postos por un cambio da caixa de cambios non programado.[10]

Carreira editar

Ao comezo da carreira, Lewis Hamilton intentou ir polo exterior de Nico Rosberg na primeira curva, pero Rosberg bloqueou freos e impediuno, obrigando a Hamilton a retirarse da xogada e perder o segundo posto con Vettel.

A raíz dunha colisión entre os dous Marussia de Max Chilton e Jules Bianchi na primeira volta, saíu o coche de seguridade. O coche de seguridade volveu a entrar en boxes na volta 8 e a carreira reiniciouse.

Hamilton superou a Vettel para retomar o segundo lugar na volta 10, e logo pechou a menos dun segundo a distancia con Rosberg nas seguintes voltas. Na volta 26, Rosberg foi investigado polos comisarios para obter unha vantaxe inxusta despois de bloquear e cortar a chicana. Non foi penalizado polos comisarios, pero tivo unha "advertencia final".

Logo de construír unha vantaxe de máis de 20 segundos sobre os seus competidores máis próximos na volta 37, os Mercedes de Hamilton e Rosberg sufriron fallos MGU-K case simultáneos, na volta 37 e 38 respectivamente. A perda dos sistemas MGU-K fixo que os coches Mercedes perderan eficacia ao redor de 160 cabalos de forza e tiveran unha presión adicional sobre os seus freos traseiros. Esta perda de enerxía traduciuse nunhas voltas considerablemente máis lentas que os coches de detrás deles. Na volta 46, Hamilton pasou a Rosberg ao saír do pit lane trala súa segunda parada en boxes. Na curva 10, Hamilton saíuse da trazada logo de queixarse de problemas de freos. Isto permitiu a Rosberg colocarse de novo segundo, detrás do líder da carreira nese momento, Massa. Na recta do casino, logo de intentar pasar a Rosberg, unha vez máis, Hamilton perdeu completamente os freos e cortou a chicana, cedendo de novo o lugar a Rosberg na seguinte recta. Hamilton retirouse da carreira debido á falta de freos na volta 48. Mercedes confirmou máis tarde que a causa do problema era o sobre quecemento dos freos traseiros.

Cando Massa entrou a boxes para montar pneumáticos brandos, Sergio Pérez Mendoza e os Red Bulls alcanzaron a Rosberg e formaron un tren de coches detrás do piloto de Mercedes, con Rosberg, Pérez, Ricciardo e Vettel en rápida sucesión. Pérez no Force India era máis rápido que o Mercedes de Rosberg en liña recta tralo seu fallo MGU-K, pero Rosberg foi capaz de abrir unha brecha suficiente nas seccións con máis carga aerodinámica da pista para manterse fora do alcance do DRS na recta de boxes e defender a súa vantaxe. Mentres tanto, Massa quinto foi pechando rapidamente a brecha cos coches de diante trala súa parada en boxes, marcando a volta rápida e achegándose a Vettel ata un segundo por volta. Pérez comezou a desenvolver un problema cos freos, e na volta 66, Ricciardo pasoulle na primeira curva, subindo ao segundo lugar. Na seguinte volta, Ricciardo rebaixou a 0´7 segundos a vantaxe de Rosberg, e na penúltima volta pasou a Rosberg na recta de boxes para tomar a dianteira da carreira. Logo Vettel pasou a Pérez na chicana final para ascender a terceira posición.

Na última volta, Massa, que estivera moi preto detrás dos coches de diante, intentou superar a Pérez ao entrar na primeira curva. O pneumático dianteiro dereito de Massa tocou coa parte traseira do auto de Pérez, o que causou que chocaran contra as barreiras a alta velocidade, como resultado saíu o coche de seguridade nos momentos finais da carreira. Daniel Ricciardo gañou a primeira carreira da súa andaina na Fórmula Un, logrando a primeira vitoria de Red Bull da tempada 2014. Rosberg terminou segundo, e agrandou a súa vantaxe no campionato a 22 puntos. Logo de coidar o seu coche para chegar a meta logo dos problemas que tivo coa súa unidade de potencia (MGU-K).[11]

Post-carreira editar

Logo da carreira Jules Bianchi e Max Chilton foron investigados polos comisarios pola súa colisión durante a primeira volta.[12] Sergio Pérez e Felipe Massa foron investigados polos comisarios, pola súa colisión durante a última volta.[13][14] Os comisarios consideraron a Chilton e Pérez responsable dos accidentes e foron sancionados cunha penalización de tres e cinco posicións, respectivamente, para a seguinte carreira.[15][16]

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:16.471 1:15.289 1:14.678 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:15.750 1.15.054 1:14.953 2
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:17.470 1:16.109 1:15.548 3
4 77   Valtteri Bottas Williams F1-Mercedes 1:16.772 1:15.806 1:15.550 4
5 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:16.666 1:15.773 1:15.578 5
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:17.113 1:15.897 1:15.589 6
7 14   Fernando Alonso Ferrari 1:17.010 1:16.131 1:15.814 7
8 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:17.178 1:16.255 1:16.162 8
9 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:16.631 1:16.214 1:16.182 9
10 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:17.013 1:16.245 1:16.214 10
11 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:16.897 1:16.300 11
12 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:16.446 1:16.310 12
13 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:18.235 1:16.472 13
14 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:17.732 1:16.687 14
15 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:16.938 1:16.713 15
16 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:17.519 1:17.314 16
17 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:18.328 17
18 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 1:18.348 18
19 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:18.359 19
20 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:19.278 21[17]
21 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:19.820 20
107% tempo: 1:21.052
NC1 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari Sen tempo[18] PL[19]
Fonte:[20]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 70 1:39:12.830 6 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 70 +4.236 1 18
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 70 +5.247 3 15
4 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 70 +11.755 9 12
5 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 70 +12.843 11 10
6 14   Fernando Alonso Ferrari 70 +14.869 7 8
7 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 70 +23.578 4 6
8 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 70 +28.026 8 4
9 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 70 +29.254 12 2
10 7   Kimi Räikkönen Ferrari 70 +53.678 10 1
11[21] 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 69 Colisión 13
12[21] 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 69 Colisión 5
13 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 69 +1 volta 16
14[21] 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 64 ERS PL
Ret 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 59 alerón traseiro 14
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 47 Transmisión 15
Ret 44   Lewis Hamilton Mercedes 46 Freos 2
Ret 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 23 Suspensión 21
Ret 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 21 Unidade de potencia 17
Ret 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 7 Turbo 20
Ret 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 0 Colisión 18
Ret 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 0 Colisión 19
Fonte:[22][23]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Daniel Ricciardo wins Canadian Grand Prix after Mercedes suffer power problems and Lewis Hamilton retires due to brake failure". Daily Mail. 8 June 2014. Consultado o 9 June 2014. 
  2. "Pirelli reveal tyre choices for Spain, Monaco and Canada". Formula1.com (Formula One Administration). 11 April 2014. Consultado o 13 April 2014. 
  3. "2014 Formula One Sporting Regulations" (PDF). FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 28 February 2014. Consultado o 20 April 2014. 
  4. "2014 Canadian Grand Prix Results". BBC Sport. BBC. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2016. Consultado o 30 May 2015. 
  5. ""Time flies" as Raikkonen prepares for 200th GP". Crash.net (Crash Media Group). 5 June 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 8 December 2014. 
  6. "Qualifying — Rosberg beats Hamilton to pole in Canada". Formula1.com. Formula One Administration. 7 June 2014. Consultado o 7 June 2014. 
  7. Straw, Edd (7 June 2014). "Sauber's Esteban Gutierrez to miss qualifying". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 7 June 2014. 
  8. FIA Stewards Decision — Document No. 24 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 7 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2014. Consultado o 7 June 2014. 
  9. FIA Stewards Decision — Document No. 26 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 7 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 7 June 2014. 
  10. FIA Stewards Decision — Document No. 27 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 7 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 7 June 2014. 
  11. "Canadian GP as it happened". BBC. 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2014. Consultado o 20 February 2015. 
  12. FIA Stewards Decision — Document No. 38 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 June 2014. 
  13. FIA Stewards Decision — Document No. 39 (PDF) (Informe). Federation Internationale de l'Automobile. 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 June 2014. 
  14. FIA Stewards Decision — Document No. 40 (PDF) (Informe). Federation Internationale de l'Automobile. 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 8 June 2014. 
  15. FIA Stewards Decision — Document No. 42 (PDF) (Informe). Federation Internationale de l'Automobile. 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 June 2014. 
  16. FIA Stewards Decision — Document No. 44 (PDF) (Informe). Federation Internationale de l'Automobile. 8 June 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2014. Consultado o 8 June 2014. 
  17. Kamui Kobayashi foi sancionado con cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
  18. Esteban Gutiérrez non puido participar na cualificación porque o seu equipo non puido reparar os danos no seu coche, que sufriu como consecuencia dun accidente durante os 3º adestramentos libres.
  19. Gutiérrez foi penalizado a comezar desde o pit lane porque o seu coche necesitou cambiar a caixa de cambios e a célula de supervivencia como consecuencia do seu accidente durante os adestramentos libres.
  20. "Formula One Grand Prix de Canada 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 07 June 2014. Consultado o 07 June 2014. 
  21. 21,0 21,1 21,2 Sergio Pérez, Esteban Gutiérrez e Felipe Massa non terminaron a carreira, pero clasificáronse ao percorrer mais do 90% da distancia da carreira
  22. "Formula 1 Grand Prix du Canada 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 8 June 2014. Consultado o 9 June 2014. 
  23. "Canadian Grand Prix Live". Yahoo. 8 June 2014. Consultado o 8 June 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2013
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2015