Gran Premio de Malaisia de 2014

O Gran Premio de Malaisia 2014 (formalmente chamado 2014 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 30 de marzo de 2014 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia.

Malaisia Gran Premio de Malaisia de 2014
Detalles da carreira
Carreira 2 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Sepang.
Trazado do circuíto de Sepang.
Data 30 de marzo de 2014
Localización Circuíto Internacional de Sepang
Sepang, Selangor, Malaisia
Percorrido Circuíto permanente
5´543 km
Distancia 56 voltas, 310´408 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:59.431
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:43.066 na volta 53
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault

Resumo editar

Datos editar

Do mesmo xeito que no Gran Premio de Malaisia de 2013, o fornecedor de pneumáticos Pirelli levou o seu pneumático de composto duro de cor laranxa con bandas como pneumático "prime" máis duro e o pneumático de composto medio con bandas brancas como os pneumáticos máis brandos "option".[1]

Antes da carreira, houbo un minuto de silencio en sinal de respecto aos pasaxeiros do Voo 370 de Malaysia Airlines, que desapareceu no océano Índico tres semanas antes. Os pilotos tamén levaron mensaxes nos seus coches e cascos.[2]

Eliminatorias editar

Lewis Hamilton puxo o seu Mercedes na pole position, a 33ª da súa carreira. Detrás del estaba o Red Bull Racing de Sebastian Vettel e compañeiro de equipo de Hamilton Nico Rosberg.

Carreira editar

Lewis Hamilton dominou a carreira, voando na saída. Nico Hülkenberg tamén tivo unha boa saída desde a sétima posición, loitando brevemente con Kimi Räikkönen antes de quedar atrapado detrás de Fernando Alonso. Sergio Pérez non iniciou a carreira debido a un problema na caixa de cambios.

Houbo un incidente na primeira volta cando Pastor Maldonado e Jules Bianchi chocaron, poñendo fin á carreira dos dous pilotos. Bianchi recibiu unha penalización pola súa acción malia as reclamacións do equipo Marussia de que o incidente debeuse a unha colisión co Toro Rosso de Jean-Eric Vergne que golpeou a parte traseira do Marussia. Ao final da primeira volta, os catro primeiros, Hamilton, Nico Rosberg, Sebastian Vettel e Daniel Ricciardo, escaparan do resto do grupo e a grella mantívose sen cambios ata as últimas dez voltas da carreira.[3]

Hülkenberg librou unha prolongada batalla con Alonso para o cuarto lugar, en última instancia, perdeuno debido aos novos pneumáticos de Alonso, Force India foi o único equipo entre os cinco primeiros en desenvolver con éxito unha estratexia de dúas paradas, mentres que os outros foron a tres paradas. Felipe Massa, Valtteri Bottas e Jenson Button loitaron pola sexta posición, Massa recibiu a mensaxe de radio, "Felipe, Valtteri é máis rápido que ti", recordáballe os seus anos como número dous de piloto de Ferrari.[4]

Os Sauber de Adrian Sutil como o de Esteban Gutiérrez retiráronse logo de que Sutil experimentara unha falla eléctrica e Gutiérrez sufrira un fallo no cambio, que lle impedía saír de punto morto. Ricciardo fixo unha boa carreira ata a súa terceira parada en boxes, cando permitíuselle saír antes de que o seu pneumático dianteiro esquerdo fora aparafusado correctamente. A continuación, tivo que ser empuxado de novo nos boxes. Logo experimentou a rotura do seu alerón dianteiro, que o levou a tomar a decisión de retirarse.[5]

Räikkönen tivo unha pésima carreira desde o principio logo de que o McLaren de Kevin Magnussen cortara o seu pneumático traseiro dereito na entrada da primeira curva na volta 2, provocándolle unha picada. Finalmente terminou duodécimo, 0´1 segundos por detrás do Lotus de Romain Grosjean. Hamilton liderou todas as voltas da carreira e marcou a volta rápida e polo tanto logrou o primeiro Grand Chelem da súa carreira, dando a Mercedes os eu primeiro dobrete desde o Gran Premio de Italia de 1955, Rosberg terminou segundo e Vettel terceiro. Alonso chegou en cuarto lugar logo dunha batalla na última volta con Hülkenberg quen terminou quinto, case corenta segundos por diante do McLaren de Jenson Button, que foi capaz de manter baixo control aos dous pilotos de Williams, Massa e Bottas, que terminaron sétimo e oitavo respectivamente dando a Williams unha vantaxe dun punto sobre Force India. Magnussen finalizou noveno co McLaren e os dez primeiros completáronse con Daniil Kvyat de Toro Rosso. Kamui Kobayashi e Marcus Ericsson terminaron décimo terceiro e décimo cuarto co Caterham, poñéndose por diante de Marussia na clasificación do Campionato de Construtores.[6]

Poscarreira editar

Daniel Ricciardo recibiu unha penalización de 10 postos para o Gran premio de Bahrein logo de que o equipo Red Bull deixara saír o seu coche dun xeito inseguro do seu pit box.[7] Tanto Kevin Magnussen como Jules Bianchi recibiron dous puntos de penalización cada un, xunto con Valtteri Bottas logo de que Bottas fora acusado de obstaculizar a Ricciardo durante a cualificación.[8][9]

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:57.202 1:59.041 1:59.431 1
2 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:57.654 1:59.399 1:59.486 2
3 6   Nico Rosberg Mercedes 1:57.183 1:59.445 2:00.050 3
4 14   Fernando Alonso Ferrari 1:58.889 2:01.356 2:00.175 4
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:58.913 2:00.147 2:00.541 5
6 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:59.257 2:01.532 2:01.218 6
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:58.883 2:00.839 2:01.712 7
8 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 2:00.356 2:02.094 2:02.213 8
9 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 2:01.689 2:02.096 2:03.078 9
10 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 2:00.889 2:01.810 2:04.053 10
11 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 2:01.175 2:02.351 11
12 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 2:01.134 2:02.369 12
13 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 2:00.047 2:02.460 13
14 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 2:00.076 2:02.511 14
15 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:59.709 2:02.756 18[10]
16 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 2:00.202 2:02.885 15
17 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 2:02.074 16
18 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 2:02.131 17
19 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 2:02.702 19
20 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 2:03.595 20
21 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 2:04.388 21
22 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 2:04.407 22
107% tempo: 2:05.385
Fonte:

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 56 1:40:25.974 1 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 56 +17.3 3 18
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 56 +24.5 2 15
4 14   Fernando Alonso Ferrari 56 +35.9 4 12
5 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 56 +47.1 7 10
6 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 56 +83.6 10 8
7 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 56 +85.0 13 6
8 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 56 +85.5 18 4
9 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 55 +1 volta 8 2
10 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 55 +1 volta 11 1
11 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 55 +1 volta 15
12 7   Kimi Räikkönen Ferrari 55 +1 volta 6
13 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 55 +1 volta 20
14 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 54 +2 voltas 22
15 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 54 +2 voltas 21
Ret 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 49 +7 voltas 5
Ret 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 35 +21 voltas 12
Ret 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 32 +24 voltas 17
Ret 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 18 +38 voltas 9
Ret 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 8 +48 voltas 19
Ret 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 7 +49 voltas 16
Ret 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 0 +56 voltas 14
Fonte:[11]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Pirelli reveal tyre choices for first four races". Formula1.com (Formula One Administration). 3 March 2014. Consultado o 29 March 2014. 
  2. "Formula 1 to honour MH370 passengers". BBC Sport (BBC). 27 March 2014. Consultado o 27 March 2014. 
  3. "Lewis Hamilton wins Malaysian GP". ESPN.com (ESPN, Inc.). Associated Press. 30 March 2014. Consultado o 1 April 2014. 
  4. Barretto, Lawrence (30 March 2014). "Malaysian Grand Prix 2014: as it happened". BBC Sport. BBC. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 1 April 2014. 
  5. Clancy, Rebecca (30 March 2014). "Malaysian Grand Prix 2014: as it happened". The Daily Telegraph. Telegraph Media Group. Consultado o 1 April 2014. 
  6. Weaver, Paul (30 March 2014). "Lewis Hamilton leads from the front to win his first Malaysian Grand Prix". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 1 April 2014. 
  7. "Daniel Ricciardo gets Bahrain grid penalty". Autosport (Haymarket Publications). 30 March 2014. Consultado o 30 March 2014. 
  8. Gill, Pete (29 March 2014). "Malaysia GP grid demotion for Williams' Valtteri Bottas after Daniel Ricciardo clash". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 29 March 2014. 
  9. "Magnussen and Bianchi get penalty points". ESPN F1 (ESPN Sports Media Ltd.). 30 March 2014. Consultado o 1 April 2014. 
  10. Valtteri Bottas foi sancionado coa perdida de tres sitúes por por obstaculizar a Daniel Ricciardo durante a cualificación
  11. "2014 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix — Results". Formula1.com (Formula One Administration). 30 March 2014. Consultado o 30 March 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2013
Gran Premio de Malaisia Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2015