O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 foi a 29ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 21ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 15 de xaneiro e finalizaron o 8 de outubro.
Mario Andretti foi o campión da tempada e o último estadounidense ata a data en gañar unha carreira de Fórmula Un. A tempada tamén será recordada pola morte de Ronnie Peterson, que acabaría segundo na clasificación do Campionato a pesar do accidente mortal na primeira volta en Monza durante o Gran Premio de Italia.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Os puntos adxudicados aos pilotos do campionato foron 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros lugares en cada carreira. Os mellores 7 resultados das primeiras 8 carreiras e os 7 mellores resultados das restantes 8 contan para o campionato.
Os puntos adxudicados aos construtores foron 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros lugares en cada carreira, con todo, só o mellor coche de cada construtor era elixible para gañar puntos. Só os mellores resultados 7 das primeiras 8 carreiras e os 7 mellores resultados das restantes 8 contan para o campionato. Os números sen paréntese amosan os puntos validos; os números entre paréntese representan o total puntos.