Autódromo Internacional Nelson Piquet
O Autódromo Internacional Nelson Piquet foi un autódromo localizado no barrio Jacarepaguá do Río de Xaneiro, Brasil, que albergou o Gran Premio do Brasil de Fórmula 1 en dez ocasións.
Autódromo Internacional Nelson Piquet | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | circuíto automobilístico ![]() | |||
Epónimo | Nelson Piquet ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Usado por | Fórmula 1 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1971 ![]() | |||
Inauguración | 1978 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Número de acontecementos xogados | 10 ![]() | |||
Gran Premio do Brasil ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Brasil | |||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | |||
Concello | Río de Xaneiro | |||
Subprefeitura (pt) ![]() | Barra e Jacarepaguá (pt) ![]() | |||
Região administrativa (pt) ![]() | Jacarepaguá ![]() | |||
Localización | Jacarepaguá (pt) ![]() ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO circuíto construído en 1978 en terreos pantanosos que foran acondicionados, o cal explica o feito de que non teña elevacións importantes. O trazado presenta varias características que o distinguen, como as súas dúas rectas principais e as súas numerosas curvas lentas. A paisaxe que brindan os morros de Río proporciona a todos os que visitan o lugar un espectáculo único.
Desde 1996, a serie CART levou a cabo algunhas competicións en Jacarepaguá, nun trazado auxiliar oval do autódromo.
A principios de 2005, transcendeu que había un proxecto para demoler parcialmente o circuíto, para aproveitar o lugar liberado cun complexo deportivo que sería usado nos Xogos Panamericanos de 2007. A extensión da nova pista sería duns 2,7 km, facéndoa desa forma demasiado curta para a maioría das competicións internacionais. No entanto, as normativas da FIA con respecto á extensión mínima dos trazados é ambigua. De todos os xeitos, o futuro do circuíto aínda non foi definido.
Gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Jacarepaguá
editarAno | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1978 | Carlos Reutemann | Ferrari | 1:49:59,860 h | 5´031 km | 63 | 172´887 km/h | 29. Xaneiro | Brasil |
1981 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 2:00:23,660 h | 5´031 km | 62 | 155´450 km/h | 29. Marzo | |
1982 | Alain Prost | Renault | 1:44:33,134 h | 5´031 km | 63 | 181´892 km/h | 21. Marzo | |
1983 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:48:27,731 h | 5´031 km | 63 | 175´335 km/h | 13. Marzo | |
1984 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:42:34,492 h | 5´031 km | 61 | 179´512 km/h | 25. Marzo | |
1985 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:41:26,115 h | 5´031 km | 61 | 181´529 km/h | 7. Abril | |
1986 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 1:39:32,583 h | 5´031 km | 61 | 184´980 km/h | 23. Marzo | |
1987 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:39:45,141 h | 5´031 km | 61 | 184´592 km/h | 12. Abril | |
1988 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:36:06,857 h | 5´031 km | 60 | 188´438 km/h | 3. Abril | |
1989 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:38:58,744 h | 5´031 km | 61 | 186´034 km/h | 26. Marzo |
Record: A.Prost (5 Veces)