Nelson Piquet
Nelson Piquet | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1978 - 1991 |
Escudería(s) | Ensign, non-works McLaren, Brabham, Williams, Lotus, Benetton |
Grandes Premios disputados | 207 (204 saídas) |
Campionatos | 3 (1981, 1983 e 1987) |
Vitorias | 23 |
Podios | 60 |
Pole positions | 24 |
Voltas rápidas | 23 |
Primeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 1978 |
Primeira vitoria | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 |
Derradeira vitoria | Gran Premio do Canadá de 1991 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Australia de 1991 |
Nelson Piquet Souto Maior, nado en Río de Xaneiro o 17 de agosto de 1952, máis coñecido coma Nelson Piquet, é un ex-piloto de carreiras brasileiro, campión de Fórmula 1 de 1981, 1983 e 1987.
TraxectoriaEditar
Era fillo dun ministro do goberno brasileiro. Para ocultar a súa identidade, xa nos inicios da súa carreira empezou a utilizar o apelido de solteira da nai, Piquet.
Piquet foi un xove prodixio na Fórmula 3 Británica durante os 70, e a súa promoción á Fórmula 1 marcou o inicio na categoría da que sería unha das súas máis grandes figuras. Xunto ao equipo Brabham, incluíndo o xefe de equipo Bernie Ecclestone e o deseñador Gordon Murray, foi sempre un contendente ao título, a pesar da transición de motores Ford V8 a BMW turbo. Foi nesta escudería na que obtivo os seus dous primeiros campionatos.
O seu pase en 1986 ao equipo Williams marcou o inicio do que sería un dos máis grandes duelos da categoría, fronte a Nigel Mansell. O feito de ter dous pilotos talentosos con semellantes egos no mesmo equipo era un presaxio de futuros conflitos, e así foi. Ese ano Piquet e Mansell chegaron con posibilidades de título á última carreira do ano, pero a súa rivalidade fixo que se quitaran entre si a posibilidade de gañar puntos, o cal permitiu que Alain Prost se alzara co título.
Piquet purgou as súas culpas ao ano seguinte, cando as súas notables condicións técnicas lle permitiron consagrarse campión, a pesar de ter gañado menos carreiras que Mansell.
O cambio do piloto e dos motores Honda ao equipo Lotus en 1988 marcaron unha volta na carreira de Piquet, quen comezou a perder a súa reputación ao non obter vitorias en 1988 e incluso non clasificar nunha carreira en 1989.
A súa utilización da prensa para atacar aos seus rivais valeulle a fama de bocón. Non obstante, un acordo co equipo Benetton baseado en pago por resultados permitiulle volver ás primeiras planas, con dúas vitorias. O seu último triunfo data de 1991 en Montreal, onde superou a Nigel Mansell, o seu rival de sempre.
Resultados completos na Fórmula 1Editar
As carreiras en letra grosa indican que conseguiu a pole position, as carreiras en itálica indican volta rápida
Predecesor: Alan Jones |
Campión da Fórmula 1 1981 |
Sucesor: Keke Rosberg |
Predecesor: Keke Rosberg |
Campión da Fórmula 1 1983 |
Sucesor: Niki Lauda |
Predecesor: Alain Prost |
Campión da Fórmula 1 1987 |
Sucesor: Ayrton Senna |
NotasEditar
- ↑ Up until 1990, not all points scored by a driver contributed to their final World Championship tally (see list of points scoring systems for more information). Numbers without parentheses are Championship points; numbers in parentheses are total points scored.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nelson Piquet |