Gran Premio de Suráfrica de 1982
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1982, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 23 de xaneiro de 1982. Foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un de 1982. Foi o 28º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo quinto que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 77 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 316 quilómetros.
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 |
Distancia do evento | 77 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 23 de xaneiro de 1982 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | René Arnoux |
Volta máis rápida | Alain Prost |
No preludio da carreira a Asociación de Pilotos de Grand Prix, dirixida por Niki Lauda e Didier Pironi, declarouse en folga en protesta polas condicións da nova "superlicenza" imposta pola FISA. A licenza ía ser concedida ao equipo, e non ao piloto. Ademais cada piloto debía permanecer por un tempo determinado co seu equipo e non se lle permitía ningunha outra actividade dentro do automobilismo que non fose a Fórmula 1, nin liberdade de movemento en canto aos seus contratos; pero o que exasperou os ánimos de todos, foi a cláusula de que non se podía opinar nos medios en contra da FISA baixo ningún concepto para non danar a imaxe da categoría. Finalmente chegouse a un acordo e a carreira seguiu adiante.
Coches turboalimentados lograron as primeiras seis posición da grella. Malia que Alain Prost sufriu unha picada nun pneumático mentres pilotaba, foi capaz de recuperarse para gañar a carreira.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 15 | Alain Prost | Renault | 77 | 1:32:08.401 | 5 | 9 |
2 | 5 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 77 | + 14.946 | 8 | 6 |
3 | 16 | René Arnoux | Renault | 77 | + 27.900 | 1 | 4 |
4 | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 77 | + 32.113 | 13 | 3 |
5 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 77 | + 43.139 | 7 | 2 |
6 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 77 | + 50.993 | 9 | 1 |
7 | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 76 | + 1 volta | 10 | |
8 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 76 | + 1 volta | 15 | |
9 | 10 | Eliseo Salazar | ATS-Ford | 75 | + 2 voltas | 12 | |
10 | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-Ford | 75 | + 2 voltas | 20 | |
11 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 74 | + 3 voltas | 19 | |
12 | 17 | Jochen Mass | March-Ford | 74 | + 3 voltas | 22 | |
13 | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 73 | + 4 voltas | 16 | |
14 | 33 | Derek Daly | Theodore-Ford | 73 | + 4 voltas | 24 | |
15 | 18 | Raul Boesel | March-Ford | 72 | + 5 voltas | 21 | |
16 | 4 | Slim Borgudd | Tyrrell-Ford | 72 | + 5 voltas | 23 | |
17 | 20 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 72 | + 5 voltas | 25 | |
18 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 71 | + 6 voltas | 6 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 54 | Sistema combustible | 11 | |
Ret | 35 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 43 | Accidente | 14 | |
Ret | 2 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 18 | Turbo | 4 | |
Ret | 25 | Eddie Cheever | Ligier-Matra | 11 | Sistema combustible | 17 | |
Ret | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 6 | Turbo | 3 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 3 | Trompo | 2 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 0 | Eléctrico | 18 | |
Ret | 31 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 0 | Colisión | 26 | |
NSC | 30 | Mauro Baldi | Arrows-Ford | ||||
NSC | 32 | Riccardo Paletti | Osella-Ford | ||||
NSC | 29 | Brian Henton | Arrows-Ford | ||||
NSC | 36 | Teo Fabi | Toleman-Hart | ||||
NSC | 14 | Roberto Guerrero | Ensign-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio Caesars Palace de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1982 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1981 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1983 |
Notas
editar- Esta foi a última vez que o Gran Premio celebrouse en xaneiro.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 16 June 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1982 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |