Gran Premio Caesars Palace de 1981
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Gran Premio Caesars Palace de 1981 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 17 de outubro de 1981 na franxa de Las Vegas. Foi a última carreira da tempada de Fórmula Un de 1981, e viu a Nelson Piquet gañar o primeiro dos seus tres Campionatos Mundiais.
Nome oficial | 1st Caesars Palace Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio Caesars Palace |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Caesars Palace (condado de Clark (pt) ) 36°07′20″N 115°10′32″O / 36.12236, -115.17553 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 17 de outubro de 1981 |
Competición | |
Primeiro posto | Alan Jones |
Pole position | Carlos Reutemann |
Volta máis rápida | Didier Pironi |
Resumo
editarPosibilidades no Campionato
editarAntes do inicio da carreira, tres pilotos pelexaban polo Campionato do Mundo. Carlos Reutemann, co Williams, tiña 49 puntos logo de gañar dúas carreiras, mentres que Piquet, co Brabham, tiña 48 puntos logo de gañar tres. Jacques Laffite, co Ligier, tiña unha remota posibilidade con 43 puntos, logo de gañar dúas carreiras incluíndo a carreira anterior en Canadá.
Laffite necesitaba gañar a carreira e que Reutemann non superara o cuarto posto e Piquet non superara o terceiro, ou terminar segundo e que nin Reutemann nin Piquet terminaran entre os seis primeiros. Se Laffite gañaba con Piquet terceiro e Reutemann cuarto, os tres pilotos terminarían con 52 puntos, e o piloto francés gañaría o campionato nun tie-break, co mesmo número de vitorias que Piquet pero máis segundos lugares que o brasileiro (dous a un). Tamén gañaría o campionato se terminaba segundo e non puntuaban nin Reutemann nin Piquet, el e Reutemann empatarían a 49 puntos, tiñan o mesmo número de vitorias e segundos lugares, pero tiña máis terceiros lugares que o arxentino (tres a un).
Se Laffite non puidera terminar primeiro ou segundo, entón a Reutemann bastáballe acabar por diante de Piquet, mentres que Piquet tiña que terminar entre os seis primeiros e por diante de Reutemann.
A contorna
editarEste foi o terceiro ano consecutivo no que os Estados Unidos era anfitrión da rolda final do Campionato do Mundo. Pero esta vez, tivo lugar en Las Vegas, en lugar de Watkins Glen no estado de Nova York. Logo de vinte anos no calendario do campionato, os organizadores en Watkins Glen non foron capaces de cumprir coas obrigacións financeiras para 1981.
A pista, montouse no aparcadoiro do hotel Caesars Palace, tiña unha superficie lisa e proporciona velocidades medias de máis de 167 km/h, así como unha chea de oportunidades de adiantamento. Pero inusualmente, a súa dirección era cara á esquerda, o que tensa o pescozo dos pilotos. Isto, xunto coa calor do deserto, significaba que a resistencia dos pilotos poñeríase a proba todo o fin de semana. Ata na práctica, Piquet sufriu notablemente e lesionouse, posteriormente o masaxista de Sugar Ray Leonard deulle unha masaxe de 90 minutos para axudar a resolver as súas molestia nas costas e o "pescozo das Vegas."
Cualificación
editarOs pilotos de Williams, Alan Jones e Reutemann, foron máis rápidos desde o inicio da primeira práctica sendo o líder de puntos Reutemann o máis rápido dos dous. Máis tarde, Jones converteuse no outro piloto en baixar dun dezaoito na clasificación, e a primeira fila da grella foi para Williams. Reutemann non esperaba ningunha axuda para gañar o Campionato do seu compañeiro Jones, quen explicou, "Eu non vexo como o podo axudar, non penso bloquear ao resto da xente, xa que son membro da Commonwealth británica (Australia, especificamente) e eu consideraríao antideportivo ".
Carreira
editarNa carreira do sábado, a saída de Carlos Reutemann foi desastrosa Jones tomou a dianteira, e foi adiantado rapidamente por Gilles Villeneuve, Alain Prost e Bruno Giacomelli, e terminou a primeira volta no quinto lugar. Ao final da segunda volta, Jones tiña unha vantaxe de cinco segundos. Prost pasou Villeneuve na terceira volta e colocouse na segunda posición, mentres que Reutemann perdeu outra praza. Laffite era o único dos tres pretendentes ao título.
A recuperación do piloto de Ligier foi na volta seguinte, cando Watson situouse en quinto lugar. Detrás de Jones e Prost formáronse dous trens, o primeiro formado por Villeneuve, Giacomelli, Laffite e Watson, e o segundo liderado por Reutemann, seguido de Piquet e Andretti. Na volta 18, logo de varios intentos errados, Nelson Piquet adiantou a Carlos Reutemann, pero seguía fóra da zona dos puntos e non era suficiente para darlle o título. Unha volta máis tarde Mario Andretti tamén adiantou a Reutemann. Na vixésima segunda volta a clasificación do mundial cambiou, Piquet pasou a Watson e, ao entrar nos puntos, era virtualmente campión do mundo. Unha volta máis tarde Laffite gañou dúas posicións ao pasar a Bruno Giacomelli, que entón era terceiro grazas á retirada de Gilles Villeneuve.
O equipo Ferrari trataba de decidir se chamar a Villeneuve na volta 23 logo de ser descualificado por aliñarse na grella de forma inadecuada, cando se retirou da pista cun lume no motor. Na mesma volta Andretti pasou a Pique. Agora a clasificación era Jones en primeiro lugar, seguido de Prost, Laffite, Giacomelli, Andretti, Piquet, Watson e Reutemann. A clasificación do mundial viu a Piquet e Reutemann igualados a 49 puntos, con Laffite a só dous puntos. Piquet lograría o título polo maior número de vitorias. Na volta 27 Bruno Giacomelli fixo un trompo. O bresciano de Alfa Romeo volveu á pista décimo.
Dúas voltas máis tarde Watson detívose en boxes para cambiar os pneumáticos; volveu entrar na pista décimo, polo que Reutemann volveu á zona dos puntos, pero Piquet continuaba liderando a clasificación temporal para o campionato do mundo. Unha volta máis tarde na volta 30, Mario Andretti retirouse do cuarto lugar coa suspensión rota e Piquet foi cuarto. Na volta 35 Nigel Mansell era 5º logo de superar a Reutemann. O arxentino recuperou unha posición na volta seguinte, cando Prost fixo o seu cambio de pneumáticos, quedando sexto, xusto detrás de Reutemann, Laffite era segundo agora. Prost, con pneumáticos novos, pronto recuperou a competitividade pasando, nun par de voltas, a Reutemann e Mansell, poñéndose no cuarto lugar.
Na volta 46 Prost tamén pasou a Piquet, mentres Giacomelli, recuperábase, pasando a Reutemann. Dúas voltas máis e Alain Prost logrou de novo a segunda posición, superando incluso a Laffite. Nese intre Piquet, tería 51 puntos, contra 49 e 47 de Reutemann e Laffite. A clasificación da carreira era Jones primeiro (que xa dobrara ao seu compañeiro de equipo Reutemann), e a continuación, Prost, Piquet, Laffite, Mansell, Giacomelli e Reutemann. Laffite, tamén adiantado por Mansell e Giacomelli, na volta 52 entrou a cambiar pneumáticos. Saíu dos boxes oitavo, dicindo adeus ás súas aspiracións ao título. Reutemann volveu de novo aos puntos, sexto.
Con 15 voltas aínda por percorrer, pero con 40 segundos de vantaxe sobre Prost, Jones comezou a pasearse ata o final. Giacomelli era terceiro e Nigel Mansell que pasara a Piquet era cuarto.
Piquet, de feito, estaba ao bordo do esgotamento físico coa cabeza oscilando visiblemente na cabina do piloto, pero aínda aguantaba o quinto lugar e os dous puntos que necesitaba para gañar o Campionato. o estado de Piquet era a única dúbida que quedaba sobre como quedaría o Campionato, Reutemann que pilotaba sen a cuarta marcha, fora pasado por Watson e Laffite, caendo á oitava posición na volta 69.
Laffite logrou o sexto lugar e o punto final ao pasar a Watson na última curva da última volta, mentres Giacomelli non lograra alcanzar a Prost, ao quedarse sen pneumáticos. Como Jones cruzou a meta en primeiro lugar, o equipo Williams celebrouno con gran ledicia, aparentemente non afectados polo feito de que o seu outro piloto acabara de perder o campionato. Piquet tardou quince minutos en recuperarse dun golpe de calor logo de chegar á meta, pero lograra os dous puntos do quinto lugar, e era o novo campión do mundo.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 1:17.821 | - |
2 | 1 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:17.995 | +0.174 |
3 | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 1:18.060 | +0.239 |
4 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:18.161 | +0.340 |
5 | 15 | Alain Prost | Renault | 1:18.433 | +0.612 |
6 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 1:18.617 | +0.796 |
7 | 25 | Patrick Tambay | Ligier-Matra | 1:18.681 | +0.860 |
8 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 1:18.792 | +0.971 |
9 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 1:19.044 | +1.223 |
10 | 22 | Mario Andretti | Alfa Romeo | 1:19.068 | +1.247 |
11 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 1:19.152 | +1.331 |
12 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 1:19.167 | +1.346 |
13 | 16 | René Arnoux | Renault | 1:19.197 | +1.376 |
14 | 8 | Andrea de Cesaris | McLaren-Ford | 1:19.217 | +1.396 |
15 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 1:19.562 | +1.741 |
16 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 1:19.571 | +1.750 |
17 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:19.774 | +1.953 |
18 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 1:19.899 | +2.078 |
19 | 3 | Eddie Cheever | Tyrrell-Ford | 1:20.475 | +2.654 |
20 | 20 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 1:20.729 | +2.908 |
21 | 32 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 1:20.781 | +2.960 |
22 | 36 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 1:21.294 | +3.473 |
23 | 33 | Marc Surer | Theodore-Ford | 1:21.430 | +3.609 |
24 | 14 | Eliseo Salazar | Ensign-Ford | 1:21.629 | +3.808 |
NSC | 9 | Slim Borgudd | ATS-Ford | 1:21.665 | +3.844 |
NSC | 21 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 1:21.672 | +3.851 |
NSC | 17 | Derek Daly | March-Ford | 1:21.824 | +4.003 |
NSC | 30 | Jacques Villeneuve | Arrows-Ford | 1:22.822 | +5.001 |
NSC | 35 | Brian Henton | Toleman-Hart | 1:22.960 | +5.139 |
NSC | 31 | Beppe Gabbiani | Osella-Ford | 1:26.634 | +8.813 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Alan Jones | Williams-Ford | 75 | 1:44:09.077 | 2 | 9 |
2 | 15 | Alain Prost | Renault | 75 | + 20.048 | 5 | 6 |
3 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 75 | + 20.428 | 8 | 4 |
4 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 75 | + 47.473 | 9 | 3 |
5 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 75 | + 1:16.438 | 4 | 2 |
6 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 75 | + 1:18.175 | 12 | 1 |
7 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 75 | + 1:18.497 | 6 | |
8 | 2 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 74 | + 1 volta | 1 | |
9 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 73 | + 2 voltas | 18 | |
10 | 20 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 73 | + 2 voltas | 20 | |
11 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 71 | + 4 voltas | 11 | |
12 | 8 | Andrea de Cesaris | McLaren-Ford | 69 | + 6 voltas | 14 | |
13 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 67 | Motor | 17 | |
NC | 14 | Eliseo Salazar | Ensign-Ford | 61 | Non clasificado | 24 | |
Ret | 36 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 43 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 22 | Mario Andretti | Alfa Romeo | 29 | Suspensión | 10 | |
DSC | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 22 | Descalificado | 3 | |
Ret | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 20 | Acelerador | 16 | |
Ret | 33 | Marc Surer | Theodore-Ford | 19 | Suspensión | 23 | |
Ret | 3 | Eddie Cheever | Tyrrell-Ford | 10 | Motor | 19 | |
Ret | 16 | René Arnoux | Renault | 10 | Eléctrico | 13 | |
Ret | 25 | Patrick Tambay | Ligier-Matra | 2 | Accidente | 7 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 2 | Fuaga auga | 15 | |
Ret | 32 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 0 | Transmisión | 21 | |
NSC | 9 | Slim Borgudd | ATS-Ford | ||||
NSC | 21 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | ||||
NSC | 17 | Derek Daly | March-Ford | ||||
NSC | 30 | Jacques Villeneuve | Arrows-Ford | ||||
NSC | 35 | Brian Henton | Toleman-Hart | ||||
NSC | 31 | Beppe Gabbiani | Osella-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1982 |
Carreira anterior: Non houbo |
Gran Premio Caesars Palace | Carreira seguinte: Gran Premio Caesars Palace de 1982 |
Notas
editar- Paul Newman foi o director de carreira.
- Última vitoria de Alan Jones na súa última carreira para Williams. Sería a última vez que un australiano ía gañar un Gran Premio de Fórmula ata que Mark Webber gañou o Gran Premio de Alemaña de 2009.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio Caesars Palace de 1981 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Bibliografía
editar- Rob Walker (febreiro de 1982). "1st Las Vegas Grand Prix: The Chips Are Down". Road & Track, 136-140.
- Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2