Gran Premio do Canadá de 1981
O Gran Premio do Canadá de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 27 de setembro de 1981. A carreira, foi a 14ª e penúltima carreira da tempada de 1981, o 20º Gran Premio do Canadá e o cuarto, que se celebrou en Montreal. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de 4´41 quilómetros de lonxitude para unha distancia total de carreira de 278 quilómetros.
Nome oficial | Canadian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Canadá |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Data | 27 de setembro de 1981 |
Competición | |
Primeiro posto | Jacques Laffite |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | John Watson |
Resumo da carreira
editarSería a última vitoria de Ligier durante quince anos, ata o Gran Premio de Mónaco de 1996. Williams asegurou o campionato de construtores de 1981 a falta dunha carreira, xa que os dous puntos anotados polo equipo Brabham non eran suficientes para permitirlles coller aos Williams na última carreira. Esta tamén foi a última vez que o Gran Premio do Canadá celebrouse no final da tempada.
Antes da carreira
editarAntes da carreira, Alan Jones anunciou que se retiraba do deporte logo de alzarse co título o ano anterior. Os rumores tamén no paddock tamén dicían que Niki Lauda probara para McLaren no Circuíto de Donington Park e que estaba planeando o regreso.
Cualificación
editarNelson Piquet asegurou a pole cun tempo de 1: 29.221, co seu rival Carlos Reutemann xunto a el na primeira fila. O top ten foi completado por: Jones, Prost, Mansell, Rebaque, de Angelis, Arnoux, Watson e Laffite respectivamente.
Carreira
editarA saída da carreira viuse empanada polo mal tempo. Inmediatamente logo da saída, Jones tomou a dianteira logo dunha colisión menor con Reutemann que deixou a Reutemann atrás. Na metade da grella, Arnoux e Pironi chocaron co resultado de que Arnoux quedou fóra da carreira. Na volta 7, Jones trompeou e Piquet tivo que facer unha acción evasiva, ambos perderon posición. Prost tomou a dianteira con Laffite, que subira desde a décima posición, segundo. O liderado de Prost non durou moito, xa que Laffite pasouno na volta 13, e mantivo o liderado ata o final da carreira. Villeneuve tivo un pequeno accidente que danou o seu alerón dianteiro que voou do coche, aínda que amañouse para manter o control ata o final da carreira, sen o alerón dianteiro e baixo a choiva. Prost foi finalmente superado por Villeneuve e Watson, antes de retirarse logo dun accidente na volta 48. Watson foi capaz de atrapar e pasar Villeneuve unhas voltas despois e os dous terminaron segundo e terceiro respectivamente, Villeneuve alzouse co seu terceiro e último podio do ano na súa terra natal. Bruno Giacomelli de Alfa Romeo, que comezara 15º, terminou cuarto, co pole Piquet detrás del.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Distacia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:29.211 | - |
2 | 2 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 1:29.359 | +0.148 |
3 | 1 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:29.728 | +0.517 |
4 | 15 | Alain Prost | Renault | 1:29.908 | +0.697 |
5 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 1:29.997 | +0.786 |
6 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 1:30.182 | +0.971 |
7 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 1:30.231 | +1.020 |
8 | 16 | René Arnoux | Renault | 1:30.232 | +1.021 |
9 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 1:30.566 | +1.355 |
10 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 1:30.705 | +1.494 |
11 | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 1:31.115 | +1.904 |
12 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 1:31.350 | +2.139 |
13 | 8 | Andrea de Cesaris | McLaren-Ford | 1:31.507 | +2.296 |
14 | 3 | Eddie Cheever | Tyrrell-Ford | 1:31.547 | +2.336 |
15 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 1:31.600 | +2.389 |
16 | 22 | Mario Andretti | Alfa Romeo | 1:31.740 | +2.529 |
17 | 25 | Patrick Tambay | Ligier-Matra | 1:31.747 | +2.536 |
18 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 1:31.969 | +2.758 |
19 | 33 | Marc Surer | Theodore-Ford | 1:32.253 | +3.042 |
20 | 17 | Derek Daly | March-Ford | 1:32.305 | +3.094 |
21 | 9 | Slim Borgudd | ATS-Ford | 1:32.652 | +3.441 |
22 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:32.709 | +3.498 |
23 | 32 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 1:33.432 | +4.221 |
24 | 14 | Eliseo Salazar | Ensign-Ford | 1:33.848 | +4.637 |
NSC | 20 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 1:34.310 | +5.099 |
NSC | 21 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 1:36.546 | +7.335 |
NSC | 35 | Brian Henton | Toleman-Hart | 1:36.648 | +7.437 |
NSC | 30 | Jacques Villeneuve | Arrows-Ford | 1:36.729 | +7.518 |
NSC | 36 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 1:36.999 | +7.788 |
NSC | 31 | Beppe Gabbiani | Osella-Ford | 1:37.493 | +8.282 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio Caesars Palace de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1980 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1982 |
Notas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1981 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |