Gilles Villeneuve
Joseph Gilles Henri Villeneuve, coñecido como Gilles Villeneuve, nado en Richelieu (Quebec) o 18 de xaneiro de 1950 e finado en Zolder (Bélxica) o 8 de maio de 1982, foi un piloto canadense. Un entusiasta dos coches e a condución rápida desde moi nova idade, comezou a súa carreira profesional correndo en motos de neve na súa provincia natal do Quebec. Mudouse aos monoprazas, gañando os campionatos dos Estados Unidos e o Canadá da Formula Atlantic en 1976, antes de que lle ofreceran unha unidade na Fórmula 1 co equipo McLaren no Gran Premio do Reino Unido de 1977. Foi contratado por Ferrari ó final da tempada, e desde 1978 ata a súa morte en 1982 pilotou para o equipo italiano. Gañou seis Grandes Premios nunha curta carreira ao máis alto nivel. En 1979, terminou segundo a catro puntos do campión, o seu compañeiro de equipo Jody Scheckter.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1950 Saint-Jean-sur-Richelieu, Canadá (pt) | ||||||||||||||||
Morte | 8 de maio de 1982 (32 anos) Lovaina, Bélxica | ||||||||||||||||
Causa da morte | accidente de tráfico | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Berthierville Catholic Cemetery (en) | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Canadá | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Fillos | Jacques Villeneuve | ||||||||||||||||
Irmáns | Jacques Villeneuve | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Villeneuve morreu nun accidente a 225 km/h causado por unha colisión co March de Jochen Mass durante a cualificación para o Gran Premio de Bélxica de 1982 en Zolder. O accidente produciuse pouco menos de dúas semanas despois dunha gran discusión co seu compañeiro de equipo, Didier Pironi, sobre o adiantamento de Pironi a Villeneuve no anterior Gran Premio de San Marino. No momento da súa morte, Villeneuve era moi popular entre os afeccionados e converteuse nunha figura icónica na historia deste deporte. O seu fillo, Jacques Villeneuve, converteuse en campión do mundo de Fórmula Un en 1997 e, ata a data, o único canadense en gañar o Campionato do Mundo de Fórmula Un. E tamén era irmán máis vello de Jacques Villeneuve, que é pai do anterior Jacques.
Vida Persoal e principios
editarVilleneuve naceu en Richelieu, un pequeno pobo na gran provincia francófona do Quebec no Canadá e creceu en Berthierville,[1] casou con Joann Barthe en 1970, con quen tivo dous fillos, Jacques e Mélanie.[2] durante os seus inicios Villeneuve levou á súa familia de viaxe con el nunha casa rodante durante a tempada de carreiras, un hábito que continuou ata certo punto durante a súa carreira na Fórmula Un.[3] A miúdo dicía nacer en 1952. No momento en que obtivo a súa oportunidade na Fórmula Un, xa tiña 27 anos e quitouse dous anos da súa idade para evitar ser considerado demasiado vello para facelo ao nivel máis alto do automobilismo.[4]
Niki Lauda dixo del: "Era o diaño máis tolo que xamais atopei na Fórmula 1 ... O feito era que, malia isto, era un personaxe sensible e amable un consumado esmorgueiro que o fíxo un ser humano tan especial".[5]
O seu irmán máis novo Jacques tamén tivo unha exitosa carreira como piloto na Fórmula Atlántica, Can Am e CART.[6] O fillo de Gilles, tamén chamado Jacques, gañou o Indianapolis 500, o campionato da CART en 1995 e converteuse en campión do mundo de Fórmula Un en 1997.[7]
Inicios
editarVilleneuve comezou a conducir en competicións de carreiras locais, conducindo coches de estrada, unha versión modificada do Ford Mustang modelo 1967. Pronto aburriuse destas carreiras, e entrou na Escola de Carreiras Jim Russell no Circuíto Mont-Tremblant para obter unha licenza de competición. Logo tivo unha tempada moi exitosa no campionato rexional da Fórmula Ford no Quebec, pilotando dous vellos coches de anos anteriores e gañando sete das dez carreiras nas que participou. Ao ano seguinte, o seu progreso permitiulle ir á Fórmula Atlantic, competindo alí durante catro anos, levando ao seu propio coche de novo ao primeiro lugar nas súas catro tempadas. Gañou a súa primeira carreira da Atlantic en 1975 no circuíto de Gimli Motosport Park baixo unha constante condición de forte choiva. En 1976, asociouse con Ecurie Chris Harrison Canadá e co enxeñeiro de carreiras de March Engineering Ray Wardell, dominando a tempada ao gañar todas menos unha das carreiras e levándose os títulos dos Estados Unidos e o Canadá. Gañou o campionato canadense de novo en 1977.
O diñeiro era moi escaso nos principios da súa carreira. Era piloto de carreiras profesional desde a súa adolescencia, sen outros ingresos. Nos primeiros anos a maior parte dos seus ingresos en realidade procedían de competicións en motos de neve, onde tivo un grande éxito, especialmente logo de gañar o Derby do Campionato do Mundo de motos de neve de 1974. Na súa segunda tempada na Fórmula Atlántic o seu patrocinador era o fabricante de motos de neve, Skiroule. Atribúese parte do seu éxito nas carreiras aos seus días como piloto de motos de neve: "Cada inverno, debías contar con tres ou catro grandes envorcamentos, e eu estou falando de ser lanzado no xeo a máis de 100 quilómetros por hora. As motos que se usan escorregan moito, e iso foi o que me ensinou moito sobre o control. E a visibilidade era terrible! A menos que foras de primeiro, non se podía ver nada, con toda a neve voando a teu redor. Isto foi bo para as reaccións, nunca me detivo calquera preocupación nas carreiras baixo a choiva."[8]
Fórmula Un
editarDurante finais dos anos 70 e principios dos 80, Villeneuve era un piloto valente, que pilotaba ao límite e que non temía á morte. Debido a esta pilotaxe foi testemuña de moitos trompos e accidentes. A maior parte da súa carreira realizouna no equipo de Maranello, Ferrari, sendo considerado como un heroe polos tiffosi. Home de equipo, aceptou sen problemas ser o "escudeiro" de Jody Scheckter para que este puidese acadar o título en 1979.
Morte
editarO 8 de maio de 1982, Villeneuve morreu logo dun accidente durante a sesión final de clasificación para o Gran Premio de Bélxica en Zolder. Houbo varias circunstancias que propiciaron ese accidente. Na anterior carreira sentiuse traizoado polo seu compañeiro de equipo (Pironi) que lle adiantou nos últimos compases da carreira, arrebatándolle a vitoria e o ambiente era tenso, os pneumáticos de clasificación só duraban unha volta e quería bater a seu compañeiro. No momento do accidente, Pironi fixara un tempo de 0´1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Villeneuve usaba a súa última serie de pneumáticos de cualificación, e algúns din que estaba tratando de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que apuntaba especificamente a bater a Pironi.[9] Con todo, o biógrafo Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Villeneuve en Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que premendo ao seu xeito habitual, volvía a boxes cando ocorreu o accidente.[10] Si é así, non se estableceu un tempo nesa volta.
A falta de oito minutos, Villeneuve achegouse, logo da primeira chicane, e atrapou Jochen Mass que viaxa máis lentamente. Mass viu Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle pasar. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar ó coche máis lento. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass "e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada en 200 a 225 km/h. Foi polo aire máis de 100 m antes de tocar co morro no chan e se desintegrou dando un salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, foi lanzado outros 50 metros contra a s barreiras de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht esquina.[10][11]
Varios pilotos detivéronse e apresuráronse á escena. John Watson e Derek Warwick retiraron a Villeneuve, da barreira. O primeiro médico chegou en 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que o seu pulso continuaba, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael, onde lle foi diagnosticada unha fatal fractura do pescozo.[12] Villeneuve mantívose vivo artificialmente, mentres que a súa esposa viaxou ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.
Non chegou a coroarse nunca como campión do mundo, pero a súa espectacular forma de pilotaxe convertérono nunha lenda da Fórmula 1. A incrible loita que mantivo co francés René Arnoux no circuíto de Dijon-Prenois no Gran Premio de Francia de 1979 (rodando emparellados e sacando o seu monopraza fóra da pista si era necesario), é parte xa da historia da Fórmula 1.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1977 | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SUE | FRA | RU 11 |
ALE | AUT | HOL | ITA | USA | 37º | 0 | |||
CAN 12 |
XAP Ret | |||||||||||||||||||
1978 | ARX 8 |
BRA Ret |
RSA Ret |
USW Ret |
MON Ret |
BEL 4 |
ESP 10 |
SUE 9 |
FRA 12 |
GBR Ret |
ALE 8 |
AUT 3 |
HOL 6 |
ITA 7 |
USA Ret |
CAN 1 |
9º | 17 | ||
1979 | ARX Ret |
BRA 5 |
RSA 1 |
USW 1 |
ESP 7 |
BEL 7 |
MON Ret |
FRA 2 |
RU 14 |
ALE 8 |
AUT 2 |
HOL Ret |
ITA 2 |
CAN 2 |
USA 1 |
2º | 47 | |||
1980 | ARX Ret |
BRA 16 |
RSA Ret |
USW Ret |
BEL 6 |
MON 5 |
FRA 8 |
RU Ret |
ALE 6 |
AUT 8 |
HOL 7 |
ITA Ret |
CAN 5 |
USA Ret |
14º | 6 | ||||
1981 | USW Ret |
BRA Ret |
ARX Ret |
SMR 7 |
BEL 4 |
MON 1 |
ESP 1 |
FRA Ret |
RU Ret |
ALE 10 |
AUT Ret |
HOL Ret |
ITA Ret |
CAN 3 |
LVG DSC |
7º | 25 | |||
1982 | RSA Ret |
BRA Ret |
USW DSC |
SMR 2 |
BEL NTS |
MON | USA | CAN | HOL | RU | FRA | ALE | AUT | SUI | ITA | LVG | 15º | 6 |
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ Donaldson (2003) pp.11–13
- ↑ Donaldson (2003) p.27–29
- ↑ Donaldson (2003) pp.50–51, 114
- ↑ Donaldson (2003) p.11
- ↑ "Legends claimed by the track". BBC. 2001-02-19.
- ↑ "Jacques Villeneuve (Senior) injured". Inside F1, Inc. Consultado o 2009-02-20.
- ↑ Donaldson, Gerald. "Hall of Fame: Jacques Villeneuve". Formula One Administration Ltd. Consultado o 2009-02-20.
- ↑ Roebuck (1986) p.211
- ↑ Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96–97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position."
- ↑ 10,0 10,1 Donaldson (2003) pp.296–298
- ↑ Lang (1992) p.97
- ↑ Watkins (1997) pp.96–98
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gilles Villeneuve |