Gran Premio de Italia de 1978
O Gran Premio de Italia de 1978 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 10 de setembro de 1978. Foi a décimo cuarta proba da tempada de 1978, o 47º Gran Premio de Italia e o 44º que se celebrou en Monza. Viuse empanado pola morte de Ronnie Peterson logo dun accidente no inicio da carreira.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 14 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978. | ||
![]() Trazado do circuíto de Monza. | ||
Data | 10 de setembro 1978 | |
Nome oficial | XLVIII Gran Premio d'Italia | |
Localización | Circuíto de Monza, Monza,Italia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´793 km | |
Distancia | 40 voltas, 231´720 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Lotus-Ford |
Tempo | 1:37.520 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Lotus-Ford |
Tempo | 1:38.23 na volta 33 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Brabham-Alfa Romeo |
Segundo | ![]() |
Brabham-Alfa Romeo |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
Previa Editar
A falta de tres carreiras, Mario Andretti (Lotus-Ford) lideraba o Campionato do Mundo de Pilotos con 12 puntos sobre o seu compañeiro de equipo Ronnie Peterson. Niki Lauda (Brabham- Alfa Romeo), en terceiro lugar, estaba 28 puntos por detrás de Andretti, e, con só 9 puntos por vitoria, non podería adiantarlle.
Andretti logrou a pole position xunto a Gilles Villeneuve ( Ferrari), con Jean-Pierre Jabouille ( Renault) no terceiro lugar, Lauda no cuarto e Peterson quinto.
Resumo da carreira e morte de Ronnie Peterson Editar
O comisario de saída de carreira foi demasiado rápido, e acendeu as luces vermellas antes de que pararan todos os coches que facían cola na grella, polo que os coches desde o centro da grella cara atrás practicamente fixeron unha saída lanzada. O resultado foi un efecto de embude dos coches cando se achegaron á chicane, primeiro foi Gilles Villeneuve, seguido de Niki Lauda, Mario Andretti, Jean-Pierre Jabouille, John Watson, Alan Jones, Jacques Laffite, Jody Scheckter e Riccardo Patrese, que superara a James Hunt polo lado dereito, Hunt instintivamente virou á esquerda e golpeou a roda traseira dereita do Lotus 78 de Peterson, ocasionando un accidente no que se viron envoltos outros oito pilotos Vittorio Brambilla, Hans-Joachim Stuck, Patrick Depailler, Didier Pironi, Derek Daly, Clay Regazzoni, Brett Lunger e Carlos Reutemann. O Lotus de Peterson foise contra as proteccións do lado dereito e incendiouse. Estaba atrapado, pero Hunt, Regazzoni e Depailler lograron liberalo dos restos só con queimaduras menores. Foi liberado e colocado no medio da pista completamente consciente, pero con graves lesións nas pernas. Pasaron 20 minutos antes de que chegara a asistencia médica. Brambilla, que quedara inconsciente ao ser golpeado na cabeza por unha roda voadora, e Peterson foron levados ao hospital Niguarda próximo a Milán.
A carreira reiniciouse case tres horas máis tarde, durante a volta de formación para a segunda carreira, o Wolf de Jody Scheckter perdeu unha roda e estrelouse na segunda curva de Lesmo, dobrando o gardarail que estaba situado xusto á beira da pista. Andretti, Hunt, Lauda, Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi foron ao lugar onde se estrelou Scheckter e logo dunha inspección do estado da barreira, se negaron a comezar ata que fora reparada, polo que causaron máis demoras. Debido á cantidade de tempo entre a primeira e segunda carreira, a distancia acurtouse a 40 voltas. A segunda saída produciuse case as 18:00 horas, Villeneuve superou a Andretti no reinicio, pero os dous pilotos foron penalizados cun minuto por adiantarse na saída. Andretti retomou a dianteira a só cinco voltas para o final. Con Jabouille retirado, Lauda foi terceiro por diante de John Watson (Brabham), Carlos Reutemann (Ferrari), Jacques Laffite ( Ligier-Matra) e Patrick Tambay (McLaren- Ford). Dado que todos os que terminaron a menos dun minuto atrás, Andretti e Villeneuve caeron ao sexto e sétimo lugar. Andretti gañara o campionato, pero con Peterson no hospital, as celebracións foron silenciadas.
Logo da cirurxía, Peterson desenvolveu complicacións e morreu ao día seguinte dunha embolia.
Clasificación Editar
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1978 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1977 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1979 |
Notas Editar
- Líderes por volta: Jean-Pierre Jabouille 5 voltas (1-5); Niki Lauda 35 voltas (6-40).
- Debido á longa demora para limpar os restos do accidente da primeira volta, a carreira acurtouse a 40 voltas das 52 iniciais, para evitar a escuridade.
- Harald Ertl non puido pre-cualificar o seu Ensign pero tivo outra oportunidade cando o piloto alemán Jochen Mass resultou ferido.
- Última carreira: McLaren M23 (pilotado por Nelson Piquet)
- O accidente de Peterson garantiu a Andretti o Campionato de Pilotos a falta de dúas carreiras.
- Última carreira gañada por Alfa Romeo na Fórmula 1, xa sexa como construtor ou como fornecedor de motores.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1978 |