Gran Premio de Suráfrica de 1977
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1977, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 5 de marzo de 1977. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1977. Foi o 23º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Nome oficial | XXIII South African Grand Prix |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) XXIIIrd South African Grand Prix |
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 5 de marzo de 1977 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | James Hunt |
Volta máis rápida | John Watson |
A carreira é lembrada principalmente polo accidente mortal que cobrou a vida do comisario de pista Frederick Jansen Van Vuuren e do piloto Tom Pryce. Tamén foi a derradeira carreira de Carlos Pace, que morreu nun accidente de aeronave menos de dúas semanas despois.
Resumo da carreira
editarJames Hunt continuou a súa racha de poles, con Carlos Pace á beira e Niki Lauda terceiro. Hunt liderou na saída, con Lauda e Jody Scheckter detrás logo de que Pace tivera problemas. Esta orde mantívose ata a sétima volta cando Lauda tomou o liderado ata o final da carreira, Scheckter tomou a segunda posición logo de pasar a Hunt 11 voltas máis tarde.
Durante a volta 21, dous comisarios entraron na pista logo de que o Shadow de Renzo Zorzi sufrira un fallo no motor. O segundo comisario, Fredrik Jansen Van Vuuren, foi golpeado polo coche de Tom Pryce e morreu no acto. O extintor de incendios que sostiña voou das súas mans e golpeou a Pryce na cara, causándolle a morte e estando a piques de decapitalo.
A pesar do accidente a carreira continuou. Lauda logrou a súa primeira vitoria desde o seu terrible accidente do ano anterior. O surafricano Scheckter foi segundo, e o seis rodas de Patrick Depailler foi terceiro logo de pasar a Hunt nas últimas voltas.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Niki Lauda | Ferrari | 78 | 1:42:21.6 | 3 | 9 |
2 | 20 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 78 | +5.2 | 5 | 6 |
3 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 78 | +5.7 | 4 | 4 |
4 | 1 | James Hunt | McLaren-Ford | 78 | +9.5 | 1 | 3 |
5 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 78 | +19.9 | 12 | 2 |
6 | 7 | John Watson | Brabham-Alfa Romeo | 78 | +20.2 | 11 | 1 |
7 | 19 | Vittorio Brambilla | Surtees-Ford | 78 | +23.6 | 14 | |
8 | 12 | Carlos Reutemann | Ferrari | 78 | +26.7 | 8 | |
9 | 22 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 78 | +46.2 | 16 | |
10 | 28 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 78 | +1:11.7 | 9 | |
11 | 18 | Hans Binder | Surtees-Ford | 77 | +1 volta | 19 | |
12 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 77 | +1 voltas | 10 | |
13 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 76 | +2 voltas | 2 | |
14 | 30 | Brett Lunger | March-Ford | 76 | +2 voltas | 23 | |
15 | 14 | Larry Perkins | BRM | 73 | +5 voltas | 22 | |
Ret | 9 | Alex Ribeiro | March-Ford | 66 | Motor | 17 | |
Ret | 10 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 55 | Motor | 18 | |
Ret | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 43 | Accidente | 6 | |
Ret | 33 | Boy Hayje | March-Ford | 33 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 22 | Accidente | 12 | |
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 22 | Accidente mortal | 15 | |
Ret | 17 | Renzo Zorzi | Shadow-Ford | 21 | Fuga combustible | 20 | |
Ret | 3 | Ronnie Peterson | Tyrrell-Ford | 5 | Sistema combustible | 7 |
Accidente
editarNa volta 22, o Shadow do piloto italiano Renzo Zorzi retirouse da carreira cun fallo no motor e saíu fóra da pista polo lado esquerdo. Momentos despois de que o coche detívose nunha cima cega, o motor incendiouse. Dous comisarios correron pola pista con extintores para apagar o lume xa que a carreira continuaba. Nese mesmo momento, Pryce, no outro Shadow, e Hans-Joachim Stuck, que pilotaba un March-Ford, coroaron a subida. Stuck esquivounos dando un volantazo, pasando moi preto do primeiro comisario, pero Pryce, que marchaba detrás do alemán non os veu, non tivo tempo de reaccionar antes de golpear o segundo comisario, Frederick Jansen Van Vuuren, quen morreu no acto.
No momento do impacto do coche co comisario, o extintor de incendios que levaba Jansen van Vuuren saíu voando e estrelouse contra a cabeza de Pryce, rompendo o ríxido casco do piloto. O impacto arrincou os restos do casco de protección de Pryce e fixo que a correa do queixo case decapitara ao piloto. O Shadow continuou correndo pola recta principal a toda velocidade con Pryce aínda sentado detrás do volante. O coche finalmente saíu da pista na primeira curva deixando ao Ligier de Jacques Laffite fóra da carreira no proceso. Todo o incidente foi filmado por un equipo de televisión que cubría a carreira.[1]
As lesións de Jansen Van Vuuren foron tan graves que, o seu corpo non foi identificado ata que o director da carreira convocou a todos os comisarios de carreira e viu que Van Vuuren non estaba entre eles.
O feito incluíuse na película de carreiras de motor Rápido e mortal.
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1977 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1977 |
Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1976 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1978 |
Notas
editar- ↑ Formula 1: List of Deaths Arquivado 12 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.11 May 2009. Accessed 2009-05-11. 2009-05-13.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1977 |