Gunnar Nilsson
Gunnar Nilsson | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1976–1977 |
Escudería(s) | Lotus |
Grandes Premios disputados | 32 (31 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 4 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 1 |
Primeiro GP | Gran Premio de Suráfrica de 1976 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Bélxica de 1977 |
Derradeira vitoria | Gran Premio de Bélxica de 1977 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Xapón de 1977 |
Gunnar Nilsson, nado en Helsingborg o 20 de novembro de 1948 e finado en Londres o 20 de outubro de 1978, foi un piloto Sueco.
TraxectoriaEditar
Antes de entrar na Fórmula 1, gañou o Campionato Británico de Fórmula Tres de 1975. Nilsson participou en 32 carreiras de Fórmula Un, clasificándose para todos eles. Gañou unha carreira, o Gran Premio de Bélxica de 1977, batendo a Niki Lauda e a Peterson, pero, a partir de entón, a súa condución perdeu garra a enfermidade comezara a atenazarlle. Ao detectar as súas cefaleas, o seu compañeiro de equipo en Lotus Mario Andretti aconselloulle unha urxente revisión médica, aínda que xa era tarde. Sen resignarse a un final sen esperanza, Nilsson fichou en 1978, por Arrows, pero nunca estivo o suficientemente ben como para pilotar o coche. Competiu en tres carreiras International Race of Champions (IROC) en 1978. Acadou dous sextos lugares e un quinto posto.[1]
Caeu en coma en outubro e morreu un mes antes de cumprir os 30 anos. Ronnie Peterson avantaxoulle en 39 días en cruzar a meta final. Nilsson quixo contribuír a portar o ataúde do seu antigo heroe, pero o seu estado xa non llo permitía e, cariñosamente, James Hunt e Emerson Fittipaldi tiveron que disuadilo.
Nos últimos meses, Nilsson perdera 30 kg de peso e todo o pelo, a causa do tratamento de quimioterapia, pero conservou o ánimo, traballou persoalmente nunha fundación contra o cancro (para a que recadou preto dun millón de dólares) e anunciou que se reintegraría ao Gran Circo da fórmula 1 en 1979. Nos seus últimos días negouse a ser drogado e afrontou o final con completa lucidez.
Morreu de cancro testicular en Londres en 1978. Logo da súa morte, a súa nai, Elisabeth Nilsson, creou o Fundación Gunnar Nilsson contra o cancro.
Gunnar Nilsson está enterrado no cemiterio Pålsjö en Helsingborg, Suecia, preto dos seus pais Arvid e Elisabeth Nilsson.
Resultados Completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | John Player Team Lotus | Lotus 77 | Cosworth V8 | BRA |
RSA Ret |
USW Ret |
ESP 3 |
BEL Ret |
MON Ret |
SWE Ret |
FRA Ret |
RU Ret |
ALE 5 |
AUT 3 |
NED Ret |
ITA 13 |
CAN 12 |
USA Ret |
XPN 6 |
10º | 11 | |
1977 | John Player Team Lotus | Lotus 78 | Cosworth V8 | ARX NTS |
BRA 5 |
RSA 12 |
USW 8 |
ESP 5 |
MON Ret |
BEL 1 |
SWE 19 |
FRA 4 |
RU 3 |
ALE Ret |
AUT Ret |
NED Ret |
ITA Ret |
USA Ret |
CAN Ret |
XPN Ret |
8º | 20 |
NotasEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gunnar Nilsson |