Gran Premio de España de 1976
O Gran Premio de España de 1976 (oficialmente o XXII Gran Premio de España) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 2 de maio de 1976. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 1976 de Fórmula Un. A carreira foi o 22º Gran Premio de España e o sexto, que se celebrou no Jarama. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de 3´404 quilómetros nunha distancia total de carreira de 255 quilómetros.
Tipo | Gran Premio de España |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto do Jarama (San Sebastián de los Reyes) 40°37′02″N 3°35′08″O / 40.617111111111, -3.5855833333333 |
País | España |
Data | 2 de maio de 1976 |
Competición | |
Primeiro posto | James Hunt |
Pole position | James Hunt |
Volta máis rápida | Jochen Mass |
Inicialmente, foi declarado gañador o piloto austríaco de Ferrari Niki Lauda pilotando o Ferrari 312T2 agrandando a súa vantaxe no Campionato de Pilotos a 23 puntos, despois de que o primeiro en cruzar a liña de meta James Hunt no seu McLaren M23 fora descualificado nun exame posterior á carreira. O piloto sueco Gunnar Nilsson logrou co seu Lotus 77 o segundo lugar e Carlos Reutemann rematou terceiro no seu Brabham BT44B.
McLaren apelou a descualificación e en xullo estimouse o recurso e Hunt foi recoñecido como o lexítimo gañador do Gran Premio de España.[1]
Informe
editarAo comezar a tempada europea, presentaronse os novos vehículos coa aplicación das novas normas para 1976 logo da permisividade durante as tres primeiras carreiras. Había un gran tema de conversación, o equipo Tyrrell presentou o novo P34 de seis rodas para Patrick Depailler. Depailler estaba en ritmo e clasificou terceiro, detrás de Hunt e Lauda. Lauda, pilotou coas costelas rotas logo dun accidente conducindo un tractor, unha vez máis derrotou á Hunt na liña de saída e liderou o primeiro terzo da carreira. Depailler, logo dun comezo lento, estaba correndo cuarto detrás de Mass, cando fixo un trompo e chocou a causa de problemas cos freos. Xusto antes de metade de carreira, os McLaren de Hunt e Mass atoparon outra marcha e pasaron a Lauda, pero cara ao final da carreira, Mass tivo que retirarse por un fallo no motor. Hunt logrou a súa primeira vitoria da tempada, con Lauda segundo e de Gunnar Nilsson co Lotus terceiro.
Logo da carreira, os comisarios técnicos examinaron a maior parte dos coches e Hunt foi descualificado porque consideraron que o seu McLaren era demasiado largo e Lauda foi declarado gañador. Unha das novas regras para 1976 dicía que o largo dun coche de Fórmula Un podería ser máis largo que o da tempada 1975, debido aos novos tamaños dos pneumáticos máis pequenos. McLaren apelou sobre a base de que a medición do coche fíxose cando os pneumáticos estaban aínda quentes logo da carreira e a medición valida debía ser cos pneumáticos fríos.
Dous meses logo da carreira, a apelación de McLaren foi un éxito e Hunt foi recoñecido como o gañador do Gran Premio español.
Clasificación
editarPosicións logo da carreira
editarOs puntos mostrados representan a táboa de posicións logo da carreira, cando Hunt foi descualificado. Os seus nove puntos por gañar a carreira non foron reintegrados ata moito máis tarde na tempada.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
- Nota 2: Os resultados mostran os cambios debido á decisión dos comisarios.
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1975 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1977 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1976 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados proceden de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-16.