Circuíto do Jarama

Circuíto do Jarama
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización España Madrid, España
Lonxitude 3,404 km.
Curvas 11
Volta rápida (1979) 1:16.44
Piloto récord Gilles Villeneuve
Escudería récord Ferrari
Coordenadas
Vista do Circuíto

O Circuíto do Jarama é un autódromo de 3.404 km de lonxitude situado en San Sebastián de los Reyes, nos arredores de Madrid, España.

Historia

editar

Deseñado por John Hugenholtz (que tamén deseñou os circuítos de Zandvoort e Suzuka), o circuíto foi construído por Alessandro Rocci en 1967 ao norte de Madrid nunha zona árida de matogueiras.

En 1967 empeza a albergar o Gran Premio de España de Fórmula 1, aínda que nesta ocasión o GP non foi puntuable para o Campionato do Mundo, se o foi o GP de España do ano seguinte (1968). Esta sede alternouse co Circuíto de Montjuïc ata que logo dunha accidentadísima carreira en Montjuïc, o Jarama quedou como sede única do GP de España de Fórmula 1.

Jarama acolleu a súa última carreira de fórmula 1 en 1981, dirixida por Alessandro Rocci cando se considerou demasiado limitada para as carreiras modernas.

Aínda se celebran algunhas carreiras de automóbiles e motocicletas neste circuíto. Dispón dalgunhas pistas auxiliares que o RACE utiliza para realizar cursos de condución.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do Jarama

editar
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1968   Graham Hill Lotus-Ford 2:15:02.1 3´404 km 90 135´823 km/h 12. Maio   España
1970   Jackie Stewart March-Ford 2:10:58.2 3´404 km 90 140´350 km/h 19. Abril
1972   Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 2:03:41.2 3´404 km 90 148´614 km/h 1. Maio
1974   Niki Lauda Ferrari 2:00:29.56 3´404 km 84 142´383 km/h 28. Abril
1976   James Hunt McLaren-Ford 1:42:20.43 3´404 km 75 149´677 km/h 2. Maio
1977   Mario Andretti Lotus-Ford 1:42:.52.22 3´404 km 75 148´906 km/h 8. Maio
1978   Mario Andretti Lotus-Ford 1:41:47.0 3´404 km 75 150´495 km/h 4. Xuño
1979   Patrick Depailler Ligier-Ford 1:39:12.1 3´404 km 75 154´419 km/h 29. Abril
1981   Gilles Villeneuve Ferrari 1:46:35.0 3´312 km 80 149´156 km/h 21. Xuño

Ligazóns externas

editar