Hesketh
Nome completo Hesketh Racing
Bandeira
Baseada en Reino Unido
Tempadas en activo 5 (1974-1978)
Número de pilotos James Hunt
Australia Alan Jones
Debut Gran Premio de Suráfrica de 1974
Carreiras 52
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 1
Pole positions 0
Voltas Rápidas 1
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Suráfrica de 1978

Hesketh Racing foi un construtor de Fórmula 1 do Reino Unido, que competiu desde 1973 ata 1978.

Formación do equipo

editar

O excéntrico inglés Lord Hesketh asociouse con 'Bubbles' Anthony Horsley, e a parella participou en varias carreiras de Fórmula 3 en toda Europa en 1972, co simple obxectivo de divertirse tanto como fora posible. Como era de esperar, dada a falta de experiencia de Horsley, os resultados foron moi escasos.

Logo Hesketh fichou a James Hunt, que tiña fama de ser moi rápido, pero tamén de esnaquizar moitos coches, nese momento estaba sen equipo. Hesketh fichou a Hunt como un dos seus pilotos para a F3.

O equipo Hesketh logrou unha crecente reputación polo seu estilo playboy, chegaban ás carreiras en coches Rolls-Royce, bebendo champaña independentemente dos seus resultados, e hospedaban a todo o equipo en hoteis de cinco estrelas. O equipo ata tiña un adhesivo feito especialmente para a funda de pilotaxe de Hunt que dicía: "Sexo - O almorzo dos campións".

A mediados da tempada Hunt e "Bubbles" esnaquizaran dous coches de Fórmula 3. Horsley decidiu abandonar a pilotaxe, para dedicarse á xestión do equipo. Hesketh alugou un March de Fórmula 2 para o resto de 1972, e comprou a Hunt un Surtees de Fórmula 2 para 1973. Hunt esnaquizou rapidamente o coche no Gran Premio de Pau, e co seu típico estilo, Hesketh decidiu que o custo de competir na máxima categoría só era pouco máis caro que a F2, polo que decidiu montar un equipo de Fórmula Un.

O éxito con James Hunt na Fórmula Un

editar
 
O Hesketh 308 de James Hunt pilotado polo seu fillo, Freddie, en 2007

Hesketh alugou un Surtees TS9 para a carreira Race of Champions en Brands Hatch, unha carreira fora do campionato Hunt rematou terceiro. Este éxito levou á compra dun March 731, Hesketh tamén fichou ao novo deseñador de March Harvey Postlethwaite para modificar o chasis. O coche fixo a súa primeira aparición no Gran Premio de Mónaco de 1973, onde Hunt marchaba sexto antes de que fallara o motor. Logrou un punto para o seu equipo na seguinte carreira, no Gran Premio de Francia, foi cuarto no GP de Gran Bretaña, terceiro no Gran Premio de Holanda. Para finalizar un magnífico segundo lugar na derradeira carreira da tempada, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1973.

En 1974 Postlethwaite deseñou un coche completamente novo para o equipo, o Hesketh 308, que estaba listo para o Silverstone International Trophy, que gañou Hunt, facendo a súa debut no Campionato no Gran Premio de España. O coche era bo, logrando tres terceiros postos no Gran Premio de Suecia, o Gran Premio de Austria e no Gran Premio dos Estados Unidos. Para 1975, vendéronse modelos 308 a Harry Stiller Racing, que permitiron a Alan Jones debutar nun Gran Premio. Polar Caravans, tamén comprou un chasis Hesketh, mentres que o equipo oficial modificou o 308 para Hunt. Ao mesmo tempo, Horsley converteuse nun director de equipo extremadamente eficiente e competente e baixo a súa dirección, o equipo progresou rapidamente.

Hunt logrou unha vitoria moi comentada no Gran Premio de Holanda, mantendo baixo control ao potente Ferrari de Niki Lauda, e tamén liderou no GP de Gran Bretaña e no Gran Premio de Austria, logrando puntuar en varias carreiras.

A era post-Hunt

editar
 
Un Hesketh 308E de 1977 cas cores de Penthouse Rizla Racing
 
Un Hesketh 308D nunha demostración na Donington Grand Prix Exhibition

Con todo, a finais de 1975 Lord Hesketh anunciou que xa non podía permitirse o luxo de tratar de producir o próximo campión do mundo británico, logo de correr sen patrocinio, e pechou o equipo. A Hunt ofrecéuselle un asento en McLaren, en substitución de Emerson Fittipaldi.[1]

O nome Hesketh continuaría na Fórmula 1, certamente en circunstancias menos glamorosas. En primeiro lugar, Postlethwaite levou o seu deseño actualizado do 308C a Wolf. En segundo lugar, Horsley melloraría o 308 no 308D e continuou como Hesketh Racing. Ficharon a Harald Ertl para pilotar o coche, e lograron o patrocinio da revista Penthouse e Rizla, Guy Edwards pilotou un segundo coche a partir do Gran Premio belga, e con Alex Ribeiro nalgunha carreira. O sétimo lugar de Ertl no GP de Gran Bretaña foi o mellor resultado do equipo ese ano.

Frank Dernie deseñou o novo chasis do 308E para a tempada 1977, con Rupert Keegan pilotando á beira de Ertl. Máis tarde nesa tempada foi presentado un terceiro coche para Héctor Rebaque, Horsley simplemente trataba de traer diñeiro para o equipo. Ertl abandonaría, sendo substituído por Ian Ashley, pero Keegan era o único piloto que adoitaba clasificarse na grella de saída, e o seu sétimo lugar no Gran Premio de Austria sería o mellor resultado do equipo do ano.

1978 viu o equipo participando cun só coche, co apoio de Cámaras Olympus. O coche en si apenas se actualizara, e Divina Galica como era de esperar non se clasificou para as dúas primeiras carreiras. Eddie Cheever amañouse para clasificarse no Gran Premio de Suráfrica, pero retirouse cun tubo de aceite roto. Derek Daly foi o seguinte en pilotar o coche, no chuvioso International Trophy en Silverstone no seu debut loitou polo liderado co McLaren de James Hunt antes de que unha pedra romperalle o visor e terminou a súa carreira. Con todo, nas probas do Campionato do Mundo non puido clasificarse para as tres carreiras seguintes, logo do cal o equipo retirouse.

Ibec - Hesketh 308LM

editar

O Ibec-Hesketh 308LM, tamén chamado máis adiante Ibec P6 ou Ibec 308LM Cobra, foi un prototipo de coche de carreiras construído en 1978, deseñado por Harvey Postlethwaite coa base de moitos compoñentes do Hesketh 308 de Fórmula Un. O coche foi financiado pola aseguradora Lloyd's of London e o broker Ian Bracey, que formou a Ian Bracey Engineering Company (Ibec) para supervisar o proxecto.

A diferenza de moitos competidores privados de automóbiles deportivos na década de 1970, Ian Bracey albergaba serias esperanzas de gañar a carreira de resistencia das 24 Horas de Le Mans. En lugar de comprar un chasis sobre o que construír o coche, Bracey encargou o ex xefe de deseño de Hesketh, Postlethwaite, o deseño dun novo chasis en torno a un motor Cosworth DFV de 3´0 litros. Postlethwaite utilizou as súas conexións con Hesketh para comprar os compoñentes da suspensión dianteira e traseira do equipo de F1, e a construción do coche iniciouse nos talleres Hesketh. Con todo, o chasis Ibec non era unha prioridade e, finalmente, Bracey trasladou a produción a Lyncar en Slough. Aquí, o equipo Lyncar logrou completar o coche en pouco máis de cinco semanas.[2]

A primeira saída competitiva do coche foi, como estaba previsto, a carreira das 24 Horas de Le Mans de 1978, pilotado por Ian Grob e Guy Edwards, con Bracey en calidade de piloto de reserva. A presenza de Edwards no equipo tivo un beneficio adicional xa que conseguiu o patrocinio do xigante Chrysler corporation, a pesar de que o 308LM montaba un motor Ford. Edwards clasificou o IBEC en 13ª posición, a unha velocidade media de 214 km/h. Pero, na carreira o coche sufriu problemas mecánicos que o fixeron caer ao posto 42 logo dunhas poucas horas. A pesar de recuperarse ben deste revés, na 19º hora o motor DFV rompeu e a carreira do IBEC terminou.

IBEC 308LM tampouco acabou na súa outra participación en Le Mans, na carreira de 1981, pilotado por Tiff Needell e Tony Trimmer, antes de que o coche reciclárase para o seu uso no campionato Thundersports do Reino Unido a mediados da década de 1980.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1973 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA 14 N/A
(Non participou
como construtor)
  James Hunt 9 6 4 3 Ret 7 2
1974 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 15 6
  James Hunt Ret 9 Ret 10 Ret Ret 3 Ret Ret Ret Ret 3 Ret 4 3
  Ian Scheckter NSC
1975 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 33 4
  James Hunt 2 6 Ret Ret Ret Ret Ret 1 2 4 Ret 2 5 4
  Alan Jones Ret Ret Ret 11
  Torsten Palm NSC 10
  Harald Ertl 8 Ret 9
  Brett Lunger 13 10 Ret
1976 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 0 NC
  Harald Ertl 15 NSC NSC Ret NSC Ret Ret 7 Ret 8 Ret 16 13 8
  Guy Edwards NSC 17 Ret 15 NTS 20
  Rolf Stommelen 12
  Alex Ribeiro 12
1977 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN 0 NC
  Rupert Keegan Ret 12 Ret 13 10 Ret Ret 7 Ret 9 8 Ret
  Harald Ertl Ret NSC 9 16 NSC
  Héctor Rebaque NSC NSC Ret NSC NSC
  Ian Ashley NSC NSC NSC 17 NTS
1978 ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN 0 NC
  Divina Galica NSC NSC
  Eddie Cheever Ret
  Derek Daly NSCP NSCP NSC
  1. "F1 Hall of Fame: James Hunt". F1 website. Consultado o 2013-09-14. 
  2. Meredith, L. 1996. Special Brew. Motor Sport. LXXII/10 (October 1996), 1088-1090

Véxase tamén

editar