Gran Premio do Canadá de 1974
O Gran Premio do Canadá de 1974 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto de Mosport Park, Bowmanville, Ontario, Canadá o 22 de setembro de 1974. A carreira, foi a 14ª carreira da tempada de 1974.
Tipo | Gran Premio do Canadá |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mosport Park (Bowmanville (en) ) 44°03′00″N 78°40′40″O / 44.05, -78.677777777778 |
País | Canadá |
Data | 22 de setembro de 1974 |
Competición | |
Primeiro posto | Emerson Fittipaldi |
Pole position | Emerson Fittipaldi |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
Informe
editarNiki Lauda estaba en camiño da vitoria, ata que derrapou sobre uns restos na volta 67, facendo que o seu Ferrari estrelarase contra as barreiras, logo de liderar toda a carreira ata ese momento. Tamén marcou a volta rápida da carreira. Jacques Laffite tamén foi forzado a abandonar debido a unha picada, posiblemente causado polos mesmos restos no circuíto. Emerson Fittipaldi colleu vantaxe, e liderou o resto da carreira. Foi a 12ª vitoria da súa carreira, e a última da tempada para o piloto de McLaren. Esta foi a primeira carreira de Gran Premio para o austríaco Helmut Koinigg, que perdeu a vida durante a seguinte carreira en Watkins Glen.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 80 | 1:40:26.136 | 1 | 9 |
2 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 80 | + 13.034 | 6 | 6 |
3 | 1 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 80 | + 14.494 | 10 | 4 |
4 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 80 | + 15.669 | 8 | 3 |
5 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 80 | + 55.322 | 7 | 2 |
6 | 6 | Denny Hulme | McLaren-Ford | 79 | + 1 volta | 14 | 1 |
7 | 55 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 79 | + 1 volta | 16 | |
8 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 79 | + 1 volta | 9 | |
9 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 79 | + 1 volta | 4 | |
10 | 19 | Helmuth Koinigg | Surtees-Ford | 78 | + 2 voltas | 22 | |
11 | 27 | Rolf Stommelen | Lola-Ford | 78 | + 2 voltas | 11 | |
12 | 66 | Mark Donohue | Penske-Ford | 78 | + 2 voltas | 24 | |
13 | 2 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 78 | + 2 voltas | 21 | |
14 | 26 | Graham Hill | Lola-Ford | 77 | + 3 voltas | 20 | |
15 | 21 | Jacques Laffite | Iso Marlboro-Ford | 74 | Picada | 18 | |
16 | 33 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 72 | + 8 voltas | 12 | |
NC | 15 | Chris Amon | BRM | 70 | Non clasificado | 25 | |
Ret | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 67 | Accidente | 2 | |
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 65 | Motor | 13 | |
Ret | 28 | John Watson | Brabham-Ford | 61 | Suspensión | 15 | |
NC | 14 | Jean-Pierre Beltoise | BRM | 60 | Non clasificado | 17 | |
Ret | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 48 | Freos | 3 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 46 | Palier | 5 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Iso Marlboro-Ford | 40 | Dirección | 19 | |
Ret | 50 | Eppie Wietzes | Brabham-Ford | 33 | Motor | 26 | |
Ret | 9 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 12 | Sistema combustible | 23 | |
NSC | 18 | Derek Bell | Surtees-Ford | ||||
NSC | 22 | Mike Wilds | Ensign-Ford | ||||
Nsc | 10 | Vittorio Brambilla | March-Ford | ||||
NSC | 42 | Ian Ashley | Brabham-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1973 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1976 |
Notas
editar- Primeira carreira: Penske.
- Derradeiros puntos de: Denny Hulme.
- Derradeira carreira de: Derek Bell, Eppie Wietzes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1974 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-15.