Gran Premio de Austria de 1978

O Gran Premio de Austria de 1978 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 13 de agosto de 1978. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1978. Levouse a cabo sobre 54 voltas para cubrir unha distancia de carreira de 320 quilómetros.

Austria Gran Premio de Austria de 1978
Detalles da carreira
Carreira 12 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data 13 de agosto de 1978
Nome oficial X Großer Preis von Österreich
Localización Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´941 km
Distancia 54 voltas, 320´814 km
ClimaMollado
Pole position
Piloto Ronnie Peterson Lotus-Ford
Tempo 1:37.71
Volta rápida
Piloto Ronnie Peterson Lotus-Ford
Tempo 1:43.12
Podio
Primeiro Ronnie Peterson Lotus-Ford
Segundo Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford
Terceiro Gilles Villeneuve Ferrari

Resumo da carreira editar

O circuíto do GP de Austria estaba cheo de seareiros de Niki Lauda; pero desgraciadamente para eles Lauda clasificou só 12º, e os coches de Lotus volveron tomar a primeira fila, con Ronnie Peterson na pole. A sorpresa na cualificación foi Jean-Pierre Jabouille, quen cualificou o seu Renault turbo terceiro. O comezo viu a Peterson liderando na primeira curva, con Carlos Reutemann arrebatando o segundo posto a Mario Andretti. Andretti intentou conseguir o lugar máis tarde durante a volta, pero os dous chocaron e Andretti retirouse despois de que o seu coche batera contra as barreiras, mentres que Reutemann perdeu un par de lugares que foron para Patrick Depailler e Jody Scheckter. Na cuarta volta, caeu unha forte chuvieira sobre á pista, Reutemann trompeou e quedou varado pero os comisarios empuxaron o seu coche, xa que estaba nun lugar perigoso, mentres Scheckter estrelouse, e a carreira detívose.

A carreira reiniciouse cando parou a choiva, e unha vez máis Peterson liderou seguido de Depailler e Lauda. A medida que a pista comezou a secarse, Peterson comezou a afastarse, a Reutemann sacáronlle bandeira negra por recibir axuda externa, Lauda estrelouse pouco despois, deixando a Gilles Villeneuve terceiro. Os pilotos cambiaron a pneumáticos lisos, pero o top 3 mantivéronse así ata o final, Peterson gañou por diante de Depailler, con Villeneuve logrando o seu primeiro podio.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Ronnie Peterson Lotus-Ford 54 1:41:21.57 1 9
2 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 54 +47.44 segs 14 6
3 12   Gilles Villeneuve Ferrari 54 +1:39.76 11 4
4 14   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 53 +1 volta 6 3
5 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 53 +1 volta 5 2
6 19   Vittorio Brambilla Surtees-Ford 53 +1 volta 21 1
7 2   John Watson Brabham-Alfa Romeo 53 +1 volta 10
8 30   Brett Lunger McLaren-Ford 52 +2 voltas 17
9 31   René Arnoux Martini-Ford 52 +2 voltas 26
NC 17   Clay Regazzoni Shadow-Ford 50 +7 voltas 22
NC 32   Keke Rosberg Wolf-Ford 49 +7 voltas 25
DSC 22   Derek Daly Ensign-Ford 41 Empuxado na saída 19
Ret 8   Patrick Tambay McLaren-Ford 40 Accidente 14
Ret 16   Hans Joachim Stuck Shadow-Ford 33 Accidente 23
Ret 15   Jean-Pierre Jabouille Renault 31 Caixa cambios 3
DSC 11   Carlos Reutemann Ferrari 28 Empuxado na saída 4
Ret 1   Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 27 Accidente 12
Ret 3   Didier Pironi Tyrrell-Ford 20 Accidente 9
Ret 7   James Hunt McLaren-Ford 7 Accidente 8
Ret 27   Alan Jones Williams-Ford 7 Accidente 15
Ret 35   Riccardo Patrese Arrows-Ford 7 Accidente 16
Ret 23   Harald Ertl Ensign-Ford 7 Accidente 24
Ret 25   Héctor Rebaque Lotus-Ford 4 Accidente 18
Ret 29   Nelson Piquet McLaren-Ford 4 Accidente 20
Ret 20   Jody Scheckter Wolf-Ford 3 Accidente 7
Ret 5   Mario Andretti Lotus-Ford 0 Accidente 2
NSC 37   Arturo Merzario Merzario-Ford
NSC 9   Jochen Mass ATS-Ford
NSC 18   Rupert Keegan Surtees-Ford
NSC 10   Hans Binder ATS-Ford
NSCP 36   Rolf Stommelen Arrows-Ford

Posicións logo da carreira editar

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1978
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1978
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1978
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1977
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1979

Notas editar

  • Líderes por volta: Ronnie Peterson 44 voltas (1-18, 29-54); Carlos Reutemann 4 voltas (19-22); Gilles Villeneuve 6 voltas (23-28).
  • Esta carreira foi a décima e última vitoria na F1 de Ronnie Peterson
  • Gilles Villeneuve rematou no podio por primeira vez na F1
  • Lotus gañou o campionato de construtores a falta de catro carreiras para o final.
  • Dos 26 participantes, 8 pilotos foran, ou serían campións do mundo. Tamén, dos 26 participantes, 21 pilotos gañaran, ou gañarían un Grand Prix.

Ligazóns externas editar