Jody Scheckter
Jody David Scheckter, nado en East London o 29 de xaneiro de 1950, é un expiloto de carreiras surafricano, Campión do Mundo de Pilotos de Fórmula 1 de 1979.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1950 (74 anos) East London, Suráfrica |
Educación | Selborne College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Carro de Fórmula 1 (pt) |
Ocupación | piloto de automobilismo (–valor descoñecido), labrego (–sen valor), empresario, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Fillos | Tomas Scheckter |
Traxectoria
editarScheckter estudou no Selborne College. Ascendeu rapidamente na Fórmula 1 logo de mudarse a Gran Bretaña en 1970. Debutou no Circuíto de Watkins Glen en 1972 con McLaren e chegou a ir 3º antes de dar un trompo, acabou noveno. Inmediatamente converteuse nun home a seguir, continuou o seu desenvolvemento ao ano seguinte, gañando o campionato de Fórmula 5000 e disputando 5 carreiras de F1. En Francia, estivo a piques de gañar na súa terceira carreira na F1 antes de estrelarse con Emerson Fittipaldi, o campión do mundo nese intre, que logo do accidente con Scheckter dixo "Este tolo é unha ameaza para si mesmo e todos os demais e non pertence á Fórmula 1". Na súa seguinte carreira, o GP de Gran Bretaña en Silverstone, Scheckter estivo involucrado nun grande accidente que deixou case unha ducia de coches fóra da carreira. O Grand Prix Drivers' Association esixiu a súa expulsión inmediata, que quedou, logo dun acordo con McLaren, nunha suspensión durante catro carreiras. Scheckter co McLaren M23 levou o número cero nos Grandes premios do Canadá e os Estados Unidos de 1973. Scheckter é un dos dous pilotos da F1 que competiron con este número, o outro foi Damon Hill.
En 1974 Tyrrell deulle a súa primeira tempada completa na F1. Jody recompensounos cunha 3ª praza no campionato de pilotos e un par de vitorias en Suecia e Gran Bretaña. Durante a tempada, anotou puntos en 8 carreiras consecutivas. No ano seguinte non destacou, a pesar de que chegou a gañar o Gran Premio de Suráfrica, pero o seu terceiro ano co equipo, en 1976, deulle outra 3ª praza no campionato de pilotos. Nesa tempada, Tyrrell introduciu o coche máis radical na historia da F1, o de seis rodas, o Tyrrell P34. Scheckter deu ás seis rodas a súa única vitoria, en Suecia, no circuíto de Anderstorp e nas súas 12 carreiras co coche, anotou puntos en 10 ocasións, incluíndo o Gran Premio dos Estados Unidos, unha carreira cunha longa e emocionante loita polo liderado entre el e o seu grande amigo James Hunt.
Scheckter marchou a Walter Wolf o seu novo equipo en 1977 e deulle ao equipo unha vitoria na súa primeira carreira. Gañou dúas veces máis e era común que rematara no podio, pero terminou segundo na tempada detrás de Niki Lauda. En 1978 acabou no 7º lugar, deixou o equipo logo do fin da tempada para unirse a Ferrari xunto con Gilles Villeneuve no equipo do coche do efecto terra, o 312T4.
Os críticos sentían que non se levaba ben coa dirección de Ferrari, pero superou con fartura as expectativas e axudou a dar o equipo o campionato de construtores de F1, en consonancia, Scheckter, con tres vitorias, acadou o campionato de pilotos en 1979. Con todo, defendeu moi mal o seu título en 1980, nin sequera foi capaz de clasificarse para unha das carreiras. Logo de conseguir só dous puntos, Scheckter retirouse do equipo e o deporte. Scheckter foi o último piloto en gañar un campionato pilotando para Ferrari ata que Michael Schumacher fíxoo 21 anos despois.
Logo da Fórmula 1
editarEn 1981, Scheckter gañou o Mundial Superstars a competición en Key Biscayne, Florida. Derrotou aos atletas, como Russ Francis, Renaldo Nehemiah, Peter Mueller, Rick Barry, Cayetano Boucher e Andy Ripley.
Despois da retirada, Scheckter, fundou FATS Inc, unha compañía que construía simuladores de armas de fogo para a capacitación dás forzas militares, policiais e organismos de seguridade. A venda da empresa proporcionoulle os fondos para permitir que Scheckter axudara ás carreiras dos seus fillos, Tomás e Toby. Tomás Participou na Indy Racing League, onde gañou dúas carreiras. O irmán de Scheckter, Ian, tamén competiu na Fórmula 1 durante uns poucos anos.
Scheckter foi comentarista da ITV durante o Gran prmio de San Mariño de 1999, en substitución de Martin Brundle.
Presente
editarScheckter agora pasa o seu tempo como agricultor orgánico, logo da compra da Laverstoke Park Farm, preto de Overton, Hampshire, 64 km ao oeste de Londres. Como experto en agricultura orgánica, presentou varios documentais para a televisión. Está casado e ten seis fillos. Dous da súa esposa anterior Pamela: Toby e Tomás, e catro do seu actual matrimonio con Clara: Hugo, Freddie, Ila e Poppy.
Resultados completos na Fórmula 1
editarCarreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida.
Notas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Jody Scheckter |
Predecesor: Mario Andretti |
Campión da Fórmula 1 1979 |
Sucesor: Alan Jones |