Gran Premio do Reino Unido de 1980
O Gran Premio do Reino Unido de 1980 (oficialmente o XXXIII Marlboro British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de xullo de 1980 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1980, disputada sobre 76 voltas, cunha distancia total de 319´73 km.
Nome oficial | XXXIII Marlboro British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 76 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Brands Hatch (Kent) 51°21′24″N 0°15′45″L / 51.356666666667, 0.2625 |
Lonxitude | 3,703 km |
País | Reino Unido |
Data | 13 de xullo de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Alan Jones |
Pole position | Didier Pironi |
Volta máis rápida | Didier Pironi |
A carreira foi gañada polo piloto australiano, Alan Jones pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a oitava vitoria de Jones nun Gran Premio de Fórmula Un e a súa cuarta do ano. Jones gañou por once segundos sobre o piloto brasileiro Nelson Piquet que pilotaba un Brabham BT49. En terceiro lugar, e o único outro coche en terminar na volta do líder, foi o compañeiro de equipo de Jones en Williams Grand Prix Engineering, o piloto arxentino Carlos Reutemann.
Resumo da carreira
editarAntecedentes
editarNas dúas semanas entre o Gran Premio Francés e British Grand Prix, Brabham decidiu substituír a Ricardo Zunino polo piloto mexicano Héctor Rebaque, mentres que o equipo Shadow pechaba. Aínda había 27 coches na lista de inscritos, como RAM Racing cun vello Williams FW07 para Rupert Keegan e a muller piloto de Suráfrica Desiré Wilson.[1]
Cualificación
editarPor terceira carreira consecutiva, un piloto de Ligier logrou a pole position, Didier Pironi estableceu un tempo duns 5´8 segundos máis rápido que o tempo da pole establecido por Ronnie Peterson no Gran Premio anterior en Brands Hatch dous anos antes. O compañeiro de equipo de Pironi Jacques Laffite estaba á súa beira na primeira fila, mentres que os Williams oficiais encheron a segunda fila co líder do campionato Alan Jones por diante de Carlos Reutemann. Na terceira fila estaban Nelson Piquet no Brabham e Bruno Giacomelli no Alfa Romeo, e na cuarta estaban Alain Prost no McLaren e Patrick Depailler no segundo Alfa Romeo. Mario Andretti no Lotus e Derek Daly no Tyrrell completaban os dez primeiros.
Os Renaults e Ferraris tiñan problemas cos seus pneumáticos Michelin,[2] e Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux só puideron ser 13º e 16º, respectivamente, para o equipo francés, mentres que Gilles Villeneuve e o actual campión Jody Scheckter foron 19º e 23º, respectivamente, para o equipo italiano, e foron superados polo Williams privado de Keegan. Wilson non puido clasificarse no outro Williams privado.
Carreira
editarAo comezo, Pironi liderou con Laffite mantendo baixo control Jones e Piquet pasando Reutemann ó cuarto posto. Pironi desfrutou dunha cómoda vantaxe ata a volta 19, cando picou un pneumático dianteiro e fixo unha longa parada en boxes para substituílo. Laffite liderou ata que el tamén sufriu unha picada nun pneumático, o que lle fixo trompear na curva Hawthorn na volta 31. A partir de entón, Jones mantivo unha cómoda vantaxe sobre Piquet e Reutemann, mentres que Pironi quedou na parte posterior da pista, chegando a ser quinto antes de sufrir outro problema cos pneumáticos na volta 64. Máis tarde comprobouse que os problemas dos Ligiers foron causados polo agretamento das súas lamias.
Jones finalmente pasou a bandeira a cadros 11 segundos por diante de Piquet, logrando a súa cuarta vitoria da tempada e a súa terceira consecutiva (incluíndo o Gran Premio español, que posteriormente foi desposuído da súa condición de campionato do mundo). Reutemann, o último home na volta do líder, terminou 2´2 segundos detrás de Piquet, seguido por Daly, o seu compañeiro de equipo en Tyrrell Jean-Pierre Jarier, e Prost.
No campionato de pilotos, Jones aumentou a súa vantaxe sobre Piquet a seis puntos, mentres que no Campionato de Construtores Williams tomou 18 puntos de vantaxe sobre Ligier.
Esta carreira resultou ser a última para Depailler, que perdeu a vida tres semanas máis tarde, durante as probas en Hockenheim antes do Gran Premio de Alemaña.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 76 | 1:34:49.228 | 3 | 9 |
2 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 76 | + 11.007 | 5 | 6 |
3 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 76 | + 13.285 | 4 | 4 |
4 | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 75 | + 1 volta | 10 | 3 |
5 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 75 | + 1 volta | 11 | 2 |
6 | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | 75 | + 1 volta | 7 | 1 |
7 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 74 | + 2 voltas | 17 | |
8 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 74 | Motor | 12 | |
9 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 73 | + 3 voltas | 21 | |
10 | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 73 | + 3 voltas | 23 | |
11 | 50 | Rupert Keegan | Williams-Ford | 73 | + 3 voltas | 18 | |
12 | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 72 | + 4 voltas | 22 | |
13 | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 69 | + 7 voltas | 24 | |
NC | 16 | René Arnoux | Renault | 67 | Non Clasificado | 16 | |
Ret | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 63 | Pneumatico | 1 | |
Ret | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 59 | Motor | 15 | |
Ret | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 57 | Caixa de cambios | 9 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 42 | Trompo | 6 | |
Ret | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 35 | Motor | 19 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 30 | Pneumático | 2 | |
Ret | 22 | Patrick Depailler | Alfa Romeo | 27 | Motor | 8 | |
Ret | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 17 | Suspensión | 20 | |
Ret | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 16 | Suspensión | 14 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 4 | Motor | 13 | |
NSC | 14 | Jan Lammers | Ensign-Ford | ||||
NSC | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | ||||
NSC | 43 | Desiré Wilson | Williams-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1979 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1981 |
Notas
editar- ↑ "Desiré Wilson – Biography". Formula One Rejects. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2007. Consultado o 17 January 2011.
- ↑ "Grand Prix Results: British GP, 1980". Grandprix.com. Consultado o 30 October 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1980 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |