Circuíto de Brands Hatch

autódromo en Kent (Inglaterra)
Circuíto de Brands Hatch
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras British F3
A1GP
British Superbike
WSBK
BTCC
Pickup Truck Racing
DTM
WTCC
Fórmula 1
Superleague Formula
Localización Kent, Inglaterra
Lonxitude 3,703 km
Curvas 9
Volta rápida (1986) 1:09.593
Piloto récord Nigel Mansell
Escudería récord Williams-Honda
Coordenadas
Vista do Circuíto
Vista da recta Brabham

Brands Hatch é un autódromo situado en Kent, Inglaterra. Albergou ao Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nos anos pares entre as tempadas 1964 e 1986, e tamén ao Gran Premio de Europa en 1983 e 1985. O nome do circuíto provén da palabra gaélica Brondehach, que se compón de bron ("pendente forestada") e hach ("entrada ao bosque"). Brands Hatch tamén albergou outras categorías do deporte motor, como o A1 Grand Prix, o Campionato Mundial de Turismos, o Deutsche Tourenwagen Masters, o Campionato de Gran Bretaña de Fórmula 3, o Fórmula 3 Euroseries, os campionatos europeos e británicos de Superbikes, e o Campionato Británico de GT.

Paddock Hill Bend, Brands Hatch

O circuíto

editar

Brands Hatch ofrece dúas configuracións de trazado: o trazado máis curto do "Circuíto Indy" (1´928 km.) atópase totalmente dentro dun anfiteatro natural, ofrecendo aos espectadores vistas de case todo o trazado máis curto desde dondequiera que miren. A distribución máis longa de "Grand Prix" (3´915 km.) foi a sede da Fórmula Un, incluíndo eventos como o duelo de Jo Siffert con Chris Amon en 1969 e a primeira vitoria do futuro Campión do mundo Nigel Mansell en 1985. As restricciones de ruído e a proximidade dos residentes locais ao trazado de Gran Premio significan que o número de carreiras celebradas no circuíto estendido limítanse a só unhas poucas por ano (normalmente para series de alto perfil como o BTCC e o BSB).

O circuíto británico de Rallycross en Brands Hatch foi deseñado e construído polo catro veces campión británico de Rallycross Trevor Hopkins. Ten aprox. 1´448 km.s de longo, rematouse ao redor de 1981.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Brands Hatch

editar
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1964   Jim Clark Lotus-Climax 2:15:07,000 h 4´265 km 80 151´514 km/h 11. Xullo   Reino Unido
1966   Jack Brabham Brabham-Repco 2:13:13,400 h 4´265 km 80 153´667 km/h 16. Xullo
1968   Jo Siffert Lotus-Ford 2:01:20,300 h 4´265 km 80 168´718 km/h 20. Xullo
1970   Jochen Rindt Lotus-Ford 1:57:02,000 h 4´265 km 80 174´925 km/h 18. Xullo
1972   Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 1:47:50,200 h 4´265 km 76 180´351 km/h 15. Xullo
1974   Jody Scheckter Tyrrell-Ford 1:43:02,200 h 4´265 km 75 186´269 km/h 20. Xullo
1975   Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 1:22:05,000 h 4´719 km 56 193´168 km/h 19. Xullo
1976   Niki Lauda Ferrari 1:44:19,660 h 4´207 km 76 183´881 km/h 18. Xullo
1978   Carlos Reutemann Ferrari 1:42:12,390 h 4´207 km 76 187´698 km/h 16. Xullo
1980   Alan Jones Williams-Ford 1:34:49,228 h 4´207 km 76 202´318 km/h 13. Xullo
1982   Niki Lauda McLaren-Ford 1:35:33,812 h 4´207 km 76 200´745 km/h 18. Xullo
1983   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:36:45,865 h 4´207 km 76 198´254 km/h 25. Setembro   Europa
1984   Niki Lauda McLaren-TAG-Porsche 1:29:28,532 h 4´207 km 71 200´299 km/h 22. Xullo   Reino Unido
1985   Nigel Mansell Williams-Honda 1:32:58,109 h 4´207 km 75 203´634 km/h 6. Setembro   Europa
1986   Nigel Mansell Williams-Honda 1:30:38,471 h 4´207 km 75 208´862 km/h 13. Xullo   Reino Unido

Record: N.Lauda (3 Veces)

Histroia dos trazados

editar


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar