Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 foi a 36ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 28ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 7 de abril e finalizaron o 3 de novembro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 36 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 7 de abril de 1985 – 3 de novembro de 1985 |
Número de edición | 36 (1985) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Alain Prost |
Campionato do Mundo de Construtores | McLaren |
Datos estatísticos | |
Carreires | 16 |
Resumo do campionato
editarA tempada de Fórmula 1 de 1985 viu a continuación do éxito da escuadra McLaren-TAG. Logo de perder o campionato de pilotos por tan só medio punto o ano anterior, Alain Prost, asegurou o primeiro dos seus catro títulos por unha marxe de 23 puntos.
O defensor do título, Lauda, competiu na súa última tempada na Fórmula Un, pero non puido igualar os resultados de Prost, gañando só unha carreira en Zandvoort a pesar de estar preto do seu compañeiro de equipo en termos de ritmo. A maior parte tempada a táboa de puntos foi encabezada polo piloto de Ferrari, Michele Alboreto, que gozou da súa mellor tempada na F1. Gañou os Grandes Premios do Canadá e Alemaña, e estivo no podio en oito ocasións. Pero unha mala segunda metade da tempada levou a que destacaran outros pilotos emerxentes como Prost.
Entre estes pilotos atopábanse Ayrton Senna e Nigel Mansell, ambos os cales anotaron as súas primeiras vitorias en 1985. Peter Warr director do equipo Lotus substituíra a Mansell por Senna ao comezo da tempada, unha decisión que nun principio pareceu xustificarse cando Senna obtivo unha magnífica vitoria sobre mollado en Estoril. Con todo, Mansell defendeuse co seu Williams, e acadou dúas vitorias cerca do final da tempada. Talvez a combinación máis rápida do ano foi a de Keke Rosberg co outro Williams, que utilizaba o potente motor de Honda para establecer unha nova marca de volta rápida en Silverstone na clasificación para o Gran Premio do Reino Unido - converténdose no o primeiro home en acadar unha velocidade media de máis de 257 km/h. Terminou terceiro na clasificación logo de gañar nos circuítos urbanos de Detroit e Adelaida, pero carecían de fiabilidade para superar a Prost.
En 1985 os motores turbo de 1´5 litros convertéronse en universais, anunciando a extinción dos Ford Cosworth DFV de 3´0 litros de aspiración atmosférica. Entre 1985 e 1986 os motores da Fórmula Un acadarían os máis altos niveis de potencia nunca vistos antes neste deporte, antes das restricións e a súa "eliminación" que iniciouse en 1987. A potencia dos motores foi controlada en condicións de carreira por medio do estrito límite de consumo de combustible. Esta economía de combustible foi a clave para ter éxito na estratexia das carreiras de 1985; Mansell recorda o interese engadido da planificación do uso de combustible na súa autobiografía. Tamén resultou custoso para Ayrton Senna, quen perdeu a vitoria a só catro voltas en Imola, cando se lle acabou o combustible. Logo Prost foi descualificado por levar un McLaren con baixo peso, a vitoria caeu no Lotus de Elio de Angelis.
A tempada 1985 é amplamente lembrada pola comunidade da F1 por ser unha das mellores e máis emocionantes de todos os tempos. Unha tempada chea de emoción, foi a primeira e a última de moitas cousas. A tempada 1985 foi a afirmación de Senna como un dos mellores pilotos do mundo en apenas a súa segunda tempada na Fórmula Un, o primeiro campionato dos 4 de Prost, as dúas primeiras vitorias das 31 de Mansell, tamén as dúas primeiras vitorias das 41 de Senna. Esta tempada foi tamén a última para o Gran Premio dos Países Baixos, foi a última carreira de Fórmula Un en Zandvoort. Tamén se viu a última carreira no orixinal circuíto de Kyalami, a última carreira no circuíto Paul Ricard, o último Gran Premio de Europa que se celebrará en Brands Hatch, a última carreira en Mónaco coa infame curva Dog leg e o último Gran Premio de Inglaterra en Silverstone coa chicane Woodcote, a incorporación permanente de Spa-Francorchamps como sede para o Gran Premio de Bélxica, e a última vitoria das 25 de Niki Lauda na súa última tempada na Fórmula Un.
O Gran Premio dos Países Baixos foi o último Gran Premio de Stefan Bellof, quen morreu na carreira do Campionato do Mundo de Resistencia celebrada en Spa Francorchamps na curva Eau Rouge.
Pilotos e construtores
editarCalendario de Grandes Premios
editarClasificación do Mundial de Pilotos de 1985
editar
|
Negra – Pole |
Clasificación do Mundial de Construtores de 1985
editarPos | Construtor | Coche nº |
BRA |
POR |
SMR |
MON |
CAN |
DET |
FRA |
RU |
ALE |
AUT |
HOL |
ITA |
BEL |
EUR |
RSA |
AUS |
Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | McLaren-TAG | 1 | Ret | Ret | 4 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 1 | Ret | NTS | 7 | Ret | Ret | 90 |
2 | 1 | Ret | DSC | 1 | 3 | Ret | 3 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 3 | 4 | 3 | Ret | |||
2 | Ferrari | 27 | 2 | 2 | Ret | 2 | 1 | 3 | Ret | 2 | 1 | 3 | 4 | 13 | Ret | Ret | Ret | Ret | 82 |
28 | 4 | 8 | 6 | Ret | 2 | 2 | 4 | Ret | 9 | 4 | Ret | 5 | Ret | Ret | 4 | 5 | |||
3 | Williams-Honda | 5 | Ret | 5 | 5 | 7 | 6 | Ret | NTS | Ret | 6 | Ret | 6 | 11 | 2 | 1 | 1 | Ret | 71 |
6 | Ret | Ret | Ret | 8 | 4 | 1 | 2 | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | 4 | 3 | 2 | 1 | |||
4 | Lotus-Renault | 11 | 3 | 4 | 1 | 3 | 5 | 5 | 5 | NC | Ret | 5 | 5 | 6 | Ret | 5 | Ret | DSC | 71 |
12 | Ret | 1 | 7 | Ret | 16 | Ret | Ret | 10 | Ret | 2 | 3 | 3 | 1 | 2 | Ret | Ret | |||
5 | Brabham-BMW | 7 | Ret | Ret | 8 | Ret | Ret | 6 | 1 | 4 | Ret | Ret | 8 | 2 | 5 | Ret | Ret | Ret | 26 |
8 | Ret | Ret | Ret | NSC | 15 | 8 | 8 | 6 | Ret | 6 | 10 | 4 | 8 | 13 | Ret | Ret | |||
6 | Ligier-Renault | 25 | Ret | Ret | Ret | 4 | 14 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 10 | 9 | 8 | 3 | 23 | |
26 | 6 | Ret | Ret | 6 | 8 | 12 | Ret | 3 | 3 | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 2 | ||||
7 | Renault | 14 | Ret | 16 | |||||||||||||||
15 | 5 | 3 | 3 | Ret | 7 | Ret | 6 | Ret | Ret | 10 | Ret | 7 | Ret | 12 | Ret | ||||
16 | 10 | 7 | 10 | 5 | Ret | Ret | 7 | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | Ret | Ret | ||||
8 | Arrows-BMW | 17 | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | 11 | Ret | 8 | 7 | Ret | 9 | Ret | 7 | 10 | 5 | 6 | 14 |
18 | 11 | Ret | 2 | 9 | 9 | 7 | 9 | Ret | 4 | 8 | Ret | 9 | 10 | 6 | 6 | Ret | |||
9 | Tyrrell-Ford | 3 | 8 | Ret | 9 | 10 | 12 | Ret | 4 | ||||||||||
4 | 7 | 6 | Ret | NSC | 11 | 4 | 13 | 11 | 10 | NSC | |||||||||
10 | Tyrrell-Renault | 3 | Ret | 7 | 8 | 7 | 7 | 8 | 13 | Ret | 7 | Ret | 3 | ||||||
4 | Ret | Ret | Ret | 4 | |||||||||||||||
— | Osella-Alfa Romeo | 24 | 12 | 9 | NC | NSC | Ret | Ret | 15 | Ret | Ret | 9 | NC | Ret | NC | NSC | Ret | 7 | 0 |
— | Minardi-Motori Moderni | 29 | Ret | NSC | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | 8 | 0 | ||
— | Alfa Romeo | 22 | Ret | Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | 11 | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | 0 |
23 | Ret | Ret | Ret | Ret | 17 | 9 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | |||
— | RAM-Hart | 9 | 13 | NC | Ret | NSC | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 0 | ||
10 | 9 | Ret | Ret | NSC | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | NSC | Ret | WD | ||||||
— | Zakspeed | 30 | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 0 | ||||||
— | Toleman-Hart | 19 | Ret | Ret | Ret | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | 0 | |||
20 | NTS | Ret | NTS | Ret | Ret | Ret | Ret | ||||||||||||
— | Minardi-Ford | 29 | Ret | Ret | 0 | ||||||||||||||
— | Spirit-Hart | 21 | Ret | Ret | Ret | 0 | |||||||||||||
— | Lola-Hart | 33 | Ret | Ret | NTS | Ret | 0 | ||||||||||||
Pos | Construtor | Coche nº |
BRA |
POR |
SMR |
MON |
CAN |
DET |
FRA |
RU |
ALE |
AUT |
HOL |
ITA |
BEL |
EUR |
RSA |
AUS |
Pts |
Notas
editar- ↑ Só os 11 mellores resultados contan para o campionato de pilotos. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese corresponden ao total de puntos anotados.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |