Gran Premio de Italia de 1976
O Gran Premio de Italia de 1976 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 12 de setembro de 1976. Foi a décimo terceira proba da tempada de 1976, o 45º Gran Premio de Italia e o 42º que se celebrou en Monza. A carreira celebrouse sobre 52 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia total de carreira de 301 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976. | ||
![]() Trazado do circuíto de Monza. | ||
Data | 12 de setembro 1976 | |
Nome oficial | XLVII Gran Premio d'Italia | |
Localización | Circuíto de Monza, Monza,Italia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´793 km | |
Distancia | 52 voltas, 301´24 km | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ligier-Matra |
Tempo | 1:41.35[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
March-Ford |
Tempo | 1:41.3 na volta 50[2] | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
March-Ford |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Ligier-Matra |
Ronnie Peterson gañou cun March. Foi a última vitoria do equipo na Fórmula Un, e a súa única vitoria co equipo. O piloto de Ferrari Clay Regazzoni terminou a carreira en segunda posición e o gañador da pole Jacques Laffite completou o podio para Ligier.
A carreira viu o regreso do líder do Campionato do Mundo Niki Lauda á competición logo do seu grave accidente no Gran Premio de Alemaña de 1976, terminou esta carreira en cuarta posición.
Informe da carreiraEditar
AntecedentesEditar
Monza modificárase desde o ano anterior, e o circuíto presentaba 2 chicanes consecutivas de esquerda a dereita, creando a Variante Retefilo engadida antes da Curva Grande, e unha chicane de esquerda-dereita engadida antes da primeira curva Lesmo.
EliminatoriasEditar
A sesión de clasificación do venres foi en mollado, así que a sesión en seco do sábado proporcionou unha pista cos seus mellores momentos. Logo desta sesión, Brett Lunger, Arturo Merzario e o moi lento Otto Stuppacher lograron clasificarse. John Watson clasificouse en oitava posición, con James Hunt décimo noveno e Jochen Mass, pero os seus tempos foron anulados máis tarde debido ás irregularidades dos combustibles. Isto significou que os seus tempos do venres foron os válidos para a súas posicións na grella. Como resultado, estes tres pilotos foron os tres máis lentos e considerarase que non se clasificaron, o que permitiu a Lunger, Merzario e Stuppacher estar na grella.
Stuppacher xa abandonara o circuíto e voado de volta a súa casa en Austria, polo que non podía ocupar o seu lugar na grella. Polo que Hunt entrou de novo nos 26 cualificados. Merzario retirouse e entrou Mass, e máis tarde Guy Edwards tamén decidiu retirarse co fin de permitir correr a Watson.
ClasificaciónEditar
CualificaciónEditar
CarreiraEditar
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 52 | 1:30:35.6 | 8 | 9 |
2 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 52 | + 2.3 | 9 | 6 |
3 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 52 | + 3.0 | 1 | 4 |
4 | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 52 | + 19.4 | 5 | 3 |
5 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 52 | + 19.5 | 2 | 2 |
6 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 52 | + 35.7 | 4 | 1 |
7 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 52 | + 43.9 | 16 | |
8 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 52 | + 52.9 | 15 | |
9 | 35 | Carlos Reutemann | Ferrari | 52 | + 57.5 | 7 | |
10 | 22 | Jacky Ickx | Ensign-Ford | 52 | + 1:12.4 | 10 | |
11 | 28 | John Watson | Penske-Ford | 52 | + 1:42.2 | 26 | |
12 | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 51 | + 1 volta | 18 | |
13 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 51 | + 1 volta | 12 | |
14 | 18 | Brett Lunger | Surtees-Ford | 50 | + 2 voltas | 24 | |
15 | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 50 | + 2 voltas | 20 | |
16 | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 49 | Palier | 19 | |
17 | 38 | Henri Pescarolo | Surtees-Ford | 49 | + 3 voltas | 22 | |
18 | 37 | Alessandro Pesenti-Rossi | Tyrrell-Ford | 49 | + 3 voltas | 21 | |
19 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 47 | + 5 voltas | 17 | |
Ret | 7 | Rolf Stommelen | Brabham-Alfa Romeo | 41 | Sistema combustible | 11 | |
Ret | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 23 | Accidente | 6 | |
Ret | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 23 | Accidente | 14 | |
Ret | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 11 | Trompo | 24 | |
Ret | 40 | Larry Perkins | Boro-Ford | 8 | Motor | 13 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 4 | Motor | 3 | |
Ret | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 2 | Encendido | 25 | |
NTS | 25 | Guy Edwards | Hesketh-Ford | Retirado | |||
NTS | 20 | Arturo Merzario | Wolf-Williams-Ford | Retirado | |||
NTS | 39 | Otto Stuppacher | Tyrrell-Ford | Non presentado |
Posicións logo da carreiraEditar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados. Os puntos non reflicten os resultados finais do Gran Premio do Reino Unido de 1976 porque foi recorrido.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1975 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1977 |
NotasEditar
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 145. ISBN 0-85429-380-9.
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 147. ISBN 0-85429-380-9.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1976 |
Ligazóns externasEditar
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.