Gran Premio de Alemaña de 1977

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1977 (formalmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 31 de xullo de 1977. Logo do accidente case mortal de Niki Lauda no perigoso Nürburgring no Gran Premio de Alemaña de 1976, a carreira trasladouse para celebrarse en Hockenheim ata 2007, agás en 1985, este foi o segundo ano no que a carreira disputouse alí (o primeiro foi en 1970).

Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1977
Detalles da carreira
Carreira 11 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Data 31 de xullo de 1977
Nome oficial Grosser Preis von Deutschland
Localización Hockenheimring, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´789 km
Distancia 47 voltas, 319´083 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Tempo 1:53.07
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:55.99 na volta 28
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Terceiro Alemaña Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo

Resumo da carreira editar

Na cualificación, Jody Scheckter logrou a súa primeira pole da tempada , por diante de John Watson e Niki Lauda quen encabezou a segunda fila. Scheckter mantivo o liderado na primeira curva en tanto Watson e Lauda mantiñan as súas posicións. Watson meteu presión a Scheckter ata que o seu motor fallou na oitava volta, quedando Lauda segundo, que pasou a Scheckter pouco despois e comezou a afastarse. Scheckter loitou polo segundo posto con James Hunt ata que o defensor do campionato retirouse cun fallo no motor, deixando terceiro ao compañeiro de equipo de Watson o piloto local Hans-Joachim Stuck. Mantívose así ata o final; Lauda gañador seguido de Scheckter e Stuck.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11   Niki Lauda Ferrari 47 1:31:49.3 3 9
2 20   Jody Scheckter Wolf-Ford 47 +14.33 segs 1 6
3 8   Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 47 +20.9 segs 5 4
4 12   Carlos Reutemann Ferrari 47 +60.27 segs 8 3
5 19   Vittorio Brambilla Surtees-Ford 47 +87.37 segs 10 2
6 23   Patrick Tambay Ensign-Ford 47 +89.81 segs 11 1
7 18   Vern Schuppan Surtees-Ford 46 +1 volta 19
8 9   Alex Ribeiro March-Ford 46 +1 volta 20
9 3   Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 42 Motor 14
10 16   Riccardo Patrese Shadow-Ford 42 Roda 16
Ret 24   Rupert Keegan Hesketh-Ford 40 Accidente 23
Ret 5   Mario Andretti Lotus-Ford 34 Motor 7
Ret 1   James Hunt McLaren-Ford 32 Bomba combustible 4
Ret 6   Gunnar Nilsson Lotus-Ford 31 Motor 9
Ret 2   Jochen Mass McLaren-Ford 26 Caixa de cambios 13
Ret 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 22 Motor 15
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 21 Motor 6
Ret 25   Héctor Rebaque Hesketh-Ford 20 Motor 24
Ret 30   Brett Lunger McLaren-Ford 14 Accidente 21
Ret 10   Ian Scheckter March-Ford 9 Embrague 19
Ret 7   John Watson Brabham-Alfa Romeo 8 Motor 2
Ret 34   Jean-Pierre Jarier Penske-Ford 5 Transmisión 12
Ret 17   Alan Jones Shadow-Ford 0 Accidente 17
Ret 6   Clay Regazzoni Ensign-Ford 0 Accidente 22
DSC 35   Hans Heyer Penske-Ford 9 Transmisión,
participou ilegalmente
25
NSC 27   Patrick Nève March-Ford
NSC 36   Emilio de Villota McLaren-Ford
NSC 28   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford
NSC 37   Arturo Merzario March-Ford
NSC 40   Teddy Pilette BRM

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1976
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1978

Notas editar

  • O alemán Hans Heyer non cualificou, pero comezou desde o pit lane, para retirarse cunha falla mecánica. Máis tarde foi descualificado.

Ligazóns externas editar