Hockenheim
Coordenadas: 49°19′05″N 8°32′50″L / 49.318055555556, 8.5472222222222
Hockenheim | |
---|---|
Escudo | Mapa |
![]() |
![]() |
Situación | |
Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
País | ![]() |
Estado federal | Baden-Württemberg |
Rexión administrativa | Karlsruhe |
Comarca (Landkreis) | Rhein-Neckar-Kreis |
Xeografía | |
Altitude | 102 m |
Área | 34,84 km² |
Poboación (2015) | 21.130 hab. |
Densidade | 606 hab./km² |
Política | |
Alcalde (Bürgermeister) | Dieter Gummer |
Partido gobernante | SPD |
Páxina web | www.hockenheim.de |
Hockenheim é unha cidade de Alemaña de 21.130 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis. En 1999, o número de habitantes superou os 20.000, polo que o goberno da vila acordou a organización dunha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.
Política Editar
A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanente é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).
Escudo Editar
Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os ganchos probabelmente derivan do nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces, mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.
Deporte Editar
O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.