Abrir o menú principal

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1979 celebrouse no Circuíto de Dijon-Prenois en Francia o 1 de xullo de 1979. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de 1979, o 57º Gran Premio de Francia.

Francia Gran Premio de Francia de 1979
Detalles da carreira
Carreira 8 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1979.
Trazado do Circuíto de Dijon-Prenois.
Trazado do Circuíto de Dijon-Prenois.
Data 1 de xullo de 1979
Nome oficial Grand Prix de l'A.C.F.
Localización Dijon-Prenois, Francia
Percorrido Circuíto permanente
3´801 km. km
Distancia 80 voltas, 304´08 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Francia Jean-Pierre Jabouille Renault
Tempo 1:07.19
Volta rápida
Piloto Francia René Arnoux Renault
Tempo 1:09.16 na volta 71
Podio
Primeiro Francia Jean-Pierre Jabouille Renault
Segundo Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari
Terceiro Francia René Arnoux Renault
O Renault RS10 primeiro coche turbo que gañou unha carreira de Gran Premio

Índice

Resumo da carreiraEditar

Foi a primeira vitoria dun coche con turbo na Fórmula Un, Renault superou os problemas de fiabilidade que afectaran inicialmente a seu coche. Para Jean-Pierre Jabouille foi unha vitoria na súa terra natal, pilotando un coche francés (Renault), con pneumáticos franceses (Michelin), cun motor francés (Renault), e combustible francés (Elf). Jabouille foi o primeiro francés en gañar o Gran Premio de Francia desde Jean-Pierre Wimille en 1948.

A carreira é recordada por presentar unha das batallas máis feroces para acadar o segundo lugar, entre o piloto de Ferrari Gilles Villeneuve e o piloto de Renault René Arnoux, en varias ocasións durante as últimas voltas tocábanse cas rodas e intercambiaban as posicións. Esta loita é citada a miúdo como unha das máis memorables das carreiras de Fórmula Un.[1] Villeneuve, que pasou a liña de meta a menos dun cuarto de segundo por diante de Arnoux, máis tarde describiu a loita como "o meu mellor recordo dunha carreira de Gran Premio".[2]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 15   Jean-Pierre Jabouille Renault 80 1:35:20.42 1 9
2 12   Gilles Villeneuve Ferrari 80 + 14.59 3 6
3 16   René Arnoux Renault 80 + 14.83 2 4
4 27   Alan Jones Williams-Ford 80 + 36.61 7 3
5 4   Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 80 + 1:04.51 10 2
6 28   Clay Regazzoni Williams-Ford 80 + 1:05.51 9 1
7 11   Jody Scheckter Ferrari 79 + 1 volta 5
8 26   Jacques Laffite Ligier-Ford 79 + 1 volta 8
9 20   Keke Rosberg Wolf-Ford 79 + 1 volta 16
10 8   Patrick Tambay McLaren-Ford 78 + 2 voltas 20
11 7   John Watson McLaren-Ford 78 + 2 voltas 15
12 31   Héctor Rebaque Lotus-Ford 78 + 2 voltas 23
13 2   Carlos Reutemann Lotus-Ford 77 + 3 voltas 13
14 29   Riccardo Patrese Arrows-Ford 77 + 3 voltas 19
15 30   Jochen Mass Arrows-Ford 75 + 5 voltas 22
16 18   Elio de Angelis Shadow-Ford 75 + 5 voltas 24
17 35   Bruno Giacomelli Alfa Romeo 75 + 5 voltas 17
18 17   Jan Lammers Shadow-Ford 73 + 7 voltas 21
Ret 3   Didier Pironi Tyrrell-Ford 71 Suspensión 11
Ret 14   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 53 Motor 18
Ret 6   Nelson Piquet Brabham-Alfa Romeo 52 Accidente 4
Ret 1   Mario Andretti Lotus-Ford 51 Freos 12
Ret 25   Jacky Ickx Ligier-Ford 45 Motor 14
Ret 5   Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 23 Trompo 6
NTS 9   Hans Joachim Stuck ATS-Ford Problemas cas rodas
NSC 22   Patrick Gaillard Ensign-Ford
NSC 24   Arturo Merzario Merzario-Ford

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 4 resultados das primeiras 7 carreiras e os 4 mellores resultados das últimas 8 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1979
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1979
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1979
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1978
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1980

NotasEditar

  1. "Autosport.com on the 1979 French Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2015. Consultado o 2009-04-18. 
  2. "Formula1.com on the 1979 French Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2014. Consultado o 2009-04-18. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar