Circuíto de Dijon-Prenois

O Circuíto de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.

Circuíto de Dijon-Prenois



Nome curtoDijon-Prenois Editar o valor en Wikidata
Tipocircuíto automobilístico e instalación deportiva Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsQ121071355 Traducir e Q121071372 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 47°21′43″N 4°53′59″L / 47.36199, 4.89962
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado
DepartamentoCôte-d’Or
Comuna francesaPrenois Editar o valor en Wikidata
EnderezoD104N Prenois 21370 Prenois Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1974 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Gran Premio de Suíza
Gran Premio de Francia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.

A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.

Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois

editar
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1974   Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:21:55,020 h 3´289 km 80 192´722 km/h 7 de xullo   Francia
1977   Mario Andretti Lotus-Ford 1:39:40,130 h 3´800 km 80 183´006 km/h 3 de xullo
1979   Jean-Pierre Jabouille Renault 1:35:20,420 h 3´800 km 80 191´315 km/h 1 de xullo
1981   Alain Prost Renault 1:35:48,130 h 3´800 km 80 190´392 km/h 5 de xullo
1982   Keke Rosberg Williams-Ford 1:32:41,087 h 3´800 km 80 196´796 km/h 29 de agosto   Suíza
1984   Niki Lauda McLaren-TAG-Porsche 1:31:11,951 h 3´887 km 79 202´024 km/h 20 de maio   Francia

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar