Gran Premio de Suíza

O Gran Premio de Suíza (en francés: Grand Prix de la Suisse, Alemán: Grosser Preis von der Schweiz) foi a primeira carreira de automóbil de Suíza. Nos seus últimos anos foi unha carreira de Fórmula Un.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Suíza
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Dijon-Prenois (Prenois) (1975–1982)
Circuíto Bremgarten (Berna) (1934–1954) Editar o valor en Wikidata
PaísSuíza Editar o valor en Wikidata
Vixencia1934 – Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1934 – 1982 Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de automobilismo comezou en Suíza en 1934, no Circuíto Bremgarten, situado nos arredores da cidade de Bremgarten, preto de Berna. O Gran Premio de Suíza contou para o Campionato de Europa de 1935 a 1939.

A pista de Bremgarten mantivose como sede do Gran Premio de Suíza ata 1954, en 1948 designouse como o Gran Premio de Europa, nun momento en que este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A posibilidade de volver como proba do campionato do mundo foi eliminada en 1958, cando o automobilismo foi prohibido polo Goberno suízo, por consideralo un deporte inseguro para os espectadores tras a morte de 80 persoas na carreira de Le Mans de 1955. O Gran Premio de Suíza regresou en 1975 como Gran Premio non de Campionato ao outro lado da fronteira, no Circuíto de Dijon-Prenois, en Francia. O último Gran Premio de Suíza foi unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1982, tamén se celebrou en Dijon.

O 6 de xuño de 2007 o Parlamento suízo votou a favor de levantar a prohibición das carreiras de circuíto en Suíza, votaron 97 a favor e 77 en contra. Con todo, a lexislación non foi ratificada posteriormente polo Consello suízo dos Estados (Sénat) e a prohibición en realidade é moi pouco probable que se levante.

Os gañadores do Gran Premio de Suíza

editar
  • As carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa.
  • Un fondo crema indica que a carreira foi parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1982   Keke Rosberg Williams-Ford Dijon (Francia) Resultados
1981
-
1976
Non celebrado
1975   Clay Regazzoni Ferrari Dijon (Francia) Resultados
1974
-
1955
Non celebrado
1954   Juan Manuel Fangio Mercedes Bremgarten Resultados
1953   Alberto Ascari Ferrari Bremgarten Resultados
1952   Piero Taruffi Ferrari Bremgarten Resultados
1951   Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Bremgarten Resultados
1950   Nino Farina Alfa Romeo Bremgarten Resultados
1949   Alberto Ascari Ferrari Bremgarten Resultados
1948   Carlo Felice Trossi Alfa Romeo Bremgarten Resultados
1947   Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Bremgarten Resultados
1946
-
1940
Non celebrado
1939   Hermann Lang Mercedes-Benz Bremgarten Resultados
1938   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados
1937   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados
1936   Bernd Rosemeyer Auto Union Bremgarten Resultados
1935   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados
1934   Hans Stuck Auto Union Bremgarten Resultados