Gran Premio de Mónaco de 1980
O Gran Premio de Mónaco de 1980 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 18 de maio de 1980 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1980.
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 76 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 18 de maio de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Carlos Reutemann |
Pole position | Didier Pironi |
Volta máis rápida | Carlos Reutemann |
Informe
editarA carreira foi o 38ª Gran Premio de Mónaco. A carreira levouse a cabo durante 76 voltas ao circuíto de 3´34 quilómetros de lonxitude cunha distancia total de carreira de 254 quilómetros.
O Gran Premio foi gañado por Carlos Reutemann pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a décima de Reutermann na Fórmula Un e a primeira desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1978. Tamén se converteu no quinto gañador nas seis carreiras da tempada 1980. Reutemann gañou por 1 minuto e 13 segundos ao piloto francés Jacques Laffite que pilotaba un Ligier JS11/15. Terceiro foi o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. O terceiro posto de Piquet levouno a superar a René Arnoux e Alan Jones no liderado do campionato do mundo por primeira vez.
A carreira, é lembrada por un espectacular accidente no inicio da carreira, cando Derek Daly chocou co Alfa Romeo 179 de Bruno Giacomelli, que mandou a Daly voando co seu Tyrrell 010 sobre Giacomelli e aterrando entre o seu compañeiro de equipo Jean-Pierre Jarier e o McLaren M29 de Alain Prost. Ningún dos catro pilotos sufriu ningunha lesión seria. Jan Lammers tamén sufriu danos no seu ATS D4, pero puido continuar. O accidente foi particularmente decepcionante para McLaren ao perdr o seu único coche en pista, xa que John Watson non puido clasificarse.
O piloto de Alemaña Occidental Jochen Mass pilotando un Arrows A3 foi cuarto, cunha volta menos que Reutemann por diante do canadense Gilles Villeneuve no Ferrari 312T5. Unha volta por detrás e en sexto lugar quedou o dobre campión do mundo Emerson Fittipaldi nun Fittipaldi F7. Para Mass e Fittipaldi serían os últimos puntos que lograrian no campionato do mundo.
A vitoria de Reutemann puxo a Williams á cabeza do campionato de construtores, cinco puntos por encima de Ligier.
Clasificación
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1979 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1981 |
Notas
editar- Líderes de volta:
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1980 |