Coche de carreiras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Un coche de carreiras ou automóbil de carreiras está modificado para usarse en competicións de automobilismo. Segundo a disciplina e a categoría, un automóbil de carreiras pode estar baseado nun automóbil de turismo ou pode ser modificado especificamente para as carreiras.





Tipos de coches de carreiras Editar
Nas carreiras en circuítos e rally é moi habitual utilizar turismos e deportivos, tanto porque as modificacións necesarias son escasas e económicas, como porque as marcas de automóbiles poden publicitar os seus modelos á venda mediante campañas exitosas neste tipo de carreiras. Cada categoría posúe un regulamento técnico para restrinxir as modificacións, que se chama homologación. A Federación Internacional do Automóbil determina homologacións que se utilizan en todos os continentes, pero moitas categorías utilizan homologacións propias.
Outro tipo de automóbiles de carreiras son os monoprazas e os sport prototipos, que posúen un único asento e teñen moi pouco que ver cos automóbiles de rúa. Os monoprazas son extremadamente estreitos para reducir a superficie de rozamento co aire, e case sempre utilizan aleróns para aumentar a carga aerodinámica vertical. Outra variedade de prototipos de carreiras son os siluetas, que posúen unha carrozaría similar á dun automóbil de rúa pero cuxa mecánica é completamente distinta.
Configuración de carreira Editar
En case todas as categorías, os equipos teñen a posibilidade de modificaren características do automóbil, para mellorar as prestacións e adaptarse ao trazado e ás condicións meteorolóxicas:
Suspensión e dirección Editar
- Os resortes e amortecedores da suspensión poden endurecerse ou abrandarse para mellorar o comportamento en curvas e fochancas.
- A adhesión ao chan e o percorrido máximo da suspensión poden axustarse para modificar o comportamento en saltos, fochancas e pendentes.
- Os ángulos de caída e comba das rodas poden modificarse para inducir sobreviraxe ou subviraxe.
- A multiplicación e dureza da dirección pode alterarse, por exemplo para mellorar a precisión en curvas abertas ou para negociar horquillas con máis facilidade.
Pneumáticos e freos Editar
- Os pneumáticos poden ser de composto brando, medio ou duro, e con sucos de distinta profundidade e deseño (para a choiva) ou cravos (para a neve e o xeo).
- O sistema de freos pode balancearse ou no seu lugar colocar discos de diámetro máis grande ou hiperventilados, todo isto para ter maior circulación de aire dentro dos mesmos e contribuír ao enfriamento do sistema de freos.
Motor Editar
- As distintas pezas pódense substituír por outras máis liviás, para aumentar o réxime máximo e aliviar o automóbil.
- Os cilindros, filtros de aire, válvulas, entradas de aire e saídas de escape poden aumentarse de tamaño.
- A unidade de control de motor pode ser reprogramada ou substituída para modificar o punto de acendido, a cantidade de combustible inxectado, o nivel de presión do sobrealimentador e do limitador de réxime.
- Os sobrealimentadores e sistemas de inxección de óxido nitroso poden agregarse no caso de que non existan orixinalmente.
Outros elementos Editar
- As marchas da caixa de cambios poden acurtarse ou alargarse para equilibrar aceleración e velocidade máxima.
- Os aleróns poden ter distinto tamaño e inclinación, para dar preferencia á adherencia en curva ou á velocidade máxima.
- O centro de masa do automóbil pode desprazarse cara a adiante ou atrás (e cara á esquerda e dereita nas carreiras en óvalos).
Categorías de automóbiles Editar
Edicións limitadas Editar
En ocasións os fabricantes adoitan sacar ao mercado unha versión de serie do coche de carreiras nunha edición limitada e baseada no seu homólogo de competición, xeralmente en tributo a un piloto ou a unha carreira. Entre outros exemplos podemos atopar:[1]
- Porsche 911 Carrera: non foi unha exactamente unha edición limitada, pero a marca alemá sacouno polos éxitos do coche na Carrera Panamericana entre 1950 e 1954.
- Ford Escort México: baseado no Ford Escort MKI e en honor á vitoria de Hannu Mikkola no London to México World Rallye Cup de 1970.
- Toyota Celica Carlos Sainz: o construtor xaponés sacou esta edición en homenaxe aos títulos mundiais logrados por Carlos Sainz para Toyota.
- Subaru Impreza Series McRae: tras gañar o mundial de rally, Subaru sacou 200 unidades inspiradas no Impreza co que Colin McRae logrou o título.
- Subaru Impreza RB5: do mesmo xeito que o anterior fabricáronse 444 unidades en honor ao regreso de Richard Burns ao equipo xaponés. En cor gris, a primeira unidade foi para o propio Burns.
- Peugeot 206 GT: a marca francesa viuse obrigada a fabricar este modelo para homologar o seu 206 como World Rally Car.
- Mitsubishi Lancer Tommi Makinen Edition: tras gañar catro títulos mundiais Mitsubishi lanzou en 2000 unha edición limitada, o Lancer Evo VI que rendía uns 276 cv.
- Renault Clio Ragnotti: en 2002 Renault lanzou esta edición en honor ao piloto francés Jean Ragnotti e baseado no Clio Sport do que se construíron 300 unidades para o mercado francés.
- Citroën C4 by Loeb: Citroën lanzou unha edición limitada que só incorporaba engadidos estéticos.
- Skoda Fabia Monte Carlo: o fabricante lanzou esta versión do Fabia en honor aos 100 anos do Rally de Montecarlo.
Notas Editar
- ↑ www.wrc.com. "Las 10 ediciones limitadas más emblemáticas". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2012.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coche de carreiras |