Gran Premio dos Países Baixos de 1975
O Gran Premio dos Países Baixos de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xuño de 1975 no circuíto de Zandvoort. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1975. Foi o 24º Gran Premio dos Países Baixos. Levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 318 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975. | ||
![]() Trazado do circuíto de Zandvoort | ||
Data | 22 de xuño de 1975 | |
Nome oficial | XXII Grote Prijs van Nederland | |
Localización | Circuíto Zandvoort Zandvoort, Países Baixos | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´252 km | |
Distancia | 75 voltas, 318´9 km | |
Clima | Mollado, ao final seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:20.29[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:21.54[2] na volta 55 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Hesketh-Ford |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
A carreira foi memorable e unha das maiores vitorias dun pequeno equipo de Fórmula Un. O piloto británico e futuro campión do mundo James Hunt gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un, logrando para o pequeno equipo privado Hesketh Racing o punto culminante dos seus seis anos de historia coa súa primeira e única vitoria nun Gran Premio. Hunt pilotou o seu Hesketh 308 sacando un segundo sobre o Ferrari 312T do líder do Campionato do Mundo, o piloto austríaco Niki Lauda. A terceira praza logrouna o compañeiro de equipo de Lauda en Ferrari, o suízo Clay Regazzoni.
Resumo da carreira Editar
Niki Lauda dominou a práctica, co seu compañeiro Clay Regazzoni na primeira fila. Jean-Pierre Jarier tivo un accidente co Maki e a fin de semana do equipo terminou abruptamente nunha nube de fume por problemas co motor. James Hunt acadou á terceira praza da grella. O sábado pola tarde, as condicións climáticas non permitiron mellorar os tempos.
A carreira atrasouse polas choivas. Lauda lideraba por diante de Jody Scheckter, mentres que Vittorio Brambilla e Patrick Depailler chocaron. Jochen Mass tivo problemas e a Jacky Ickx explotoulle o seu motor. Mentres tanto, Hunt cambiara a pneumáticos de seco e foi gañando tempo rapidamente na superficie seca para tomar o liderado a Jarier e Lauda na volta 15.vEmerson Fittipaldi retirouse con problemas no motor, mentres que John Watson rompeu un soporte do á e Carlos Reutemann pasou a Tom Pryce que sufría de problemas de freos.
Na volta 43, Jarier trompeou logo dun rebentón nun pneumático. Lauda perseguiu a Hunt desesperadamente durante máis de 20 voltas, poñéndoo baixo unha enorme presión. Hunt cedera baixo presión similar en Bos Aires, pero esta vez aguantou. O Ferrari lograba adiantar nas curvas lentas, pero Hunt poñíase na cabeza nas curvas rápidas e na recta. As indicacións da televisión eran confusas os subtítulos mostraban tres voltas para o final cando un ruxido masivo das tribunas sinalou que todo terminara. Hunt converteuse no primeiro inglés desde o Peter Gethin en gañar un Gran Premio.
O segundo posto de Lauda reforzou o seu campionato, ampliando a 13 puntos a vantaxe sobre o piloto de Brabham Carlos Reutemann.
Clasificación Editar
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 75 | 1:46:57.40 | 3 | 9 |
2 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 75 | + 1.06 | 1 | 6 |
3 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 75 | + 55.06 | 2 | 4 |
4 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 74 | + 1 vlta | 5 | 3 |
5 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 74 | + 1 volta | 9 | 2 |
6 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 74 | + 1 volta | 12 | 1 |
7 | 23 | Tony Brise | Hill-Ford | 74 | + 1 volta | 7 | |
8 | 28 | Mark Donohue | Penske-Ford | 74 | + 1 volta | 18 | |
9 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 73 | + 2 voltas | 13 | |
10 | 31 | Gijs Van Lennep | Ensign-Ford | 71 | + 4 voltas | 22 | |
11 | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 71 | + 4 voltas | 24 | |
12 | 20 | Ian Scheckter | Williams-Ford | 70 | + 5 voltas | 19 | |
13 | 22 | Alan Jones | Hill-Ford | 70 | + 5 voltas | 17 | |
14 | 10 | Lella Lombardi | March-Ford | 70 | + 5 voltas | 23 | |
15 | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 69 | Sen gasolina | 16 | |
16 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 67 | Motor | 4 | |
Ret | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 64 | Motor | 15 | |
Ret | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 61 | Accidente | 8 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 44 | Roda | 10 | |
Ret | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 43 | Vibracións | 14 | |
Ret | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 40 | Motor | 6 | |
Ret | 14 | Bob Evans | BRM | 23 | Diferencial | 20 | |
Ret | 6 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 6 | Motor | 21 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 0 | Suspensión | 11 | |
NTS | 35 | Hiroshi Fushida | Maki-Ford |
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Suecia de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1974 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1976 |
Notas Editar
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 83. ISBN 0-85429-380-9.
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 84. ISBN 0-85429-380-9.
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baixos de 1975 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.