Peter Kenneth Gethin (nado en Ewell, Surrey, Reino Unido o 21 de febreiro de 1940 e finado o 5 de decembro de 2011[1]) foi un piloto británico de Inglaterra.

Modelo:BiografíaPeter Gethin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Ewell, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Haslemere, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 81579744 Editar o valor en Wikidata

Andaina

editar

Descrición

editar

Gethin participou no Campionato Mundial en 31 grandes premios de Fórmula 1, debutando o 21 de xuño de 1970. Gañou o Gran Premio de Italia de 1971 coa velocidade media máis rápida da historia da Fórmula Un (ata que o récord foi roto por Michael Schumacher na mesma carreira en 2003), pero este foi o seu único podio. Houbo só 0´01 segundos entre el e o segundo clasificado, Ronnie Peterson, tamén un récord). De feito, non liderou unha volta enteira, pasou do cuarto ao primeiro lugar na última volta. Tamén participou en numerosos carreiras de Fórmula 1 fóra de campionato.

En 1974 Gethin gañou as Tasman Series, a serie de Fórmula 5000 celebrada en Australia e Nova Zelandia. Gethin pilotou un Chevron B24 Chevrolet.

Piloto de McLaren

editar

Gethin debutou na F1 con McLaren no Gran Premio dos Países Baixos de 1970, en substitución do fundador do equipo, Bruce McLaren, que morrera no Circuíto de Goodwood a principios de mes. Uniuse a un equipo de tres coches, que tamén incluía a Andrea de Adamich e Dan Gurney. Clasificouse en Zandvoort, quedando 11º 2´110 segundos detrás do tempo do pole Jochen Rindt con Lotus. Tiña nove décimas de segundo por diante do seu máis ilustre compañeiro de equipo, Gurney. Involucrouse nunha boa pelexa a principios da carreira con Henri Pescarolo de Matra, pero pronto puido máis que o francés, pero aínda estaba 10º, tivo un accidente na volta 19.

Gethin perdeuse os grandes premios de Francia e Reino Unido, onde pilotou o coche o ex lendario campión do mundo de McLaren de 1967 Denny Hulme, regresou para o Gran Premio de Alemaña. Cualificou 17º, unha décima de segundo por detrás de Hulme. Foi unha carreira decepciónante, xa que Gethin retirouse logo de só 3 voltas cun fallo do acelerador.

O Gran Premio de Austria en Österreichring foi o seguinte, e foi outra sesión de cualificación decepciónante para Gethin, quedou 21º e derrotado polos seus compañeiros Hulme e de Adamich. Como outros pilotos foron retirándose da carreira, Gethin subiu constantemente ata o fin, foi a primeira vez que rematou un gran premio chegou a meta décimo.

Gethin volveu en Monza para o Gran Premio de Italia, cunha mellora do rendemento, xa que clasifcou 17º o máis cerca que estivera do tempo da pole, 2´050 segundos detrás do Ferrari de Jacky Ickx. Empezou ben na carreira e subiu rapidamente ata o 13º posto logo dos bos adiantamentos a seu compañeiro de equipo Adamich e ao March de Ronnie Peterson. Pero, tanto Gethin como Adamich pronto sufriron problemas técnicos, e caeron ao final da pista, onde se quedaría ata o final da carreira. Debido ao gran desgaste da carreira, de Adamich foi oitavo ao final e Gethin noveno, aínda que o inglés rematou con 8 voltas perdidas e polo tanto, non clasificou.

No Gran Premio do Canadá en Mont-Tremblant viu o rexurdemento de Gethin, que cualificou 11º a só 1´7 segundos por detrás do tempo da pole de Jackie Stewart. Xogou ben coa estratexia da carreira, e non tivo que facer ningún movemento na pista, salvo un contra Pescarolo. Estivo detrás de Hulme por un tempo, pero o neozelandés retirouse con problemas de rodas. Isto deixou a Gethin libre para lograr a sexta posición e os seus primeiros puntos en F1.

Coa esperanza de continuar en forma, chegaron a Watkins Glen para o GP dos Estados Unidos. Pero, o ritmo de Gethin no Canadá non se repetiu, clasificou 21º na grella, 3´05 segundos por detrás da pole de Ickx. Rematou 14º e último, 8 voltas por detrás do gañador Emerson Fittipaldi no Lotus.

A tempada concluíu có Gran Premio de México no Autódromo Hermanos Rodríguez de Cidade de México e Gethin estaba de novo en forma, fixo a mellor cualificación da tempada, décimo, máis de medio segundo por diante de Hulme. Con todo, os problemas de fiabilidade do McLaren apareceron unha vez máis, e abandonou cun fallo de motor na volta 28.

A tempada terminou con Gethin 23º no campionato do mundo, con só 1 punto gañado no Canadá.

Gethin quedou con McLaren para a tempada 1971, nun equipo agora reducido a dous coches, con Gethin e Hulme un ano máis. A primeira sesión de cualificación en Kyalami foi mal para o inglés, que terminou a sesión 11º medio segundo por detrás do seu compañeiro de equipo e 1´8 segundos por detrás do poleman Jackie Stewart, pilotando para Tyrrell. Nunha carreira onde Hulme non obtivo a vitoria por problemas de suspensión a catro voltas para o final, Gethin retirouse a 7 voltas debido a unha fuga de combustible.

 
Peter Gethin en práctica da Gran Premio de Alemaña de 1971.

O Circuíto de Montjuïc foi o escenario do Gran Premio español, que era o seguinte no calendario. Gethin clasificou sétimo, a 0´9 segundos por detrás do Ferrari de Jacky Ickx na pole e a máis de tres décimas por diante de Hulme. El rapidamente caeu detrás de Hulme e o segundo Ferrari de Mario Andretti, e cando as cousas se enderezaron era décimo, detrás do Tyrrel de François Cevert e tamén do Lotus de Emerson Fittipaldi. Con todo, as retiradas de Andretti e Fittipaldi deixárono oitavo, que é onde terminou a carreira.

Na primeira aparición de Gethin en Mónaco, que foi o seguinte reto, non impresionou na clasificación, clasificou 14º, 1´6 segundos por detrás de Hulme e a case catro segundos do tempo da pole de Stewart. Caeu un lugar máis na primeira volta, gañou gradualmente lugares, debido ás retiradas dos demais e un bo adiantamento sobre John Surtees. Chegou a marchar 11º antes de bater cas barreiras na volta 23.

Gethin morreu á idade de 71 anos, en decembro de 2011 tras unha longa enfermidade.[1]

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1970 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Ford V8 RSA ESP MON BEL NED
Ret
FRA RU ALE
Ret
AUT
10
ITA
NC
CAN
6
USA
14
MEX
Ret
23º 1
1971 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Ford V8 RSA
Ret
ESP
8
MON
Ret
9
McLaren M19A Ford V8 NED
NC
FRA
9
RU
Ret
ALE
Ret
Yardley Team BRM BRM P160 BRM V12 AUT
10
ITA
1
CAN
14
USA
9
1972 Marlboro BRM BRM P160B BRM V12 ARX
Ret
RSA
NC
MON
Ret
BEL
Ret
FRA
NTS
RU
Ret
ALE 21º 1
BRM P180 BRM V12 ESP
Ret
BRM P160C BRM V12 AUT
13
ITA
6
CAN
Ret
USA
Ret
1973 Marlboro BRM BRM P160E BRM V12 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RU NED ALE AUT ITA CAN
Ret
USA NC 0
1974 Embassy Racing with Graham Hill Lola T370 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA RU
Ret
ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Carreiras no de campionato

editar
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8
1969 Church Farm Racing Team McLaren M14A Chevrolet V8 ROC INT MAD
2
OUL
1970 Team Surtees
Bruce McLaren Motor Racing
McLaren M7A
McLaren M10B
Ford Cosworth DFV 3.0 V8
Chevrolet V8
ROC
6
INT
16
OUL
1971 Bruce McLaren Motor Racing
Yardley Team BRM
BRM
McLaren M14A
BRM P160
Ford Cosworth DFV 3.0 V8
BRM V12
ARX ROC
Ret
QUE
8
SPR
2
INT
2
RIN
Ret
OUL
Ret
VIC
1
1972 BRM BRM P160
BRM P160B
BRM V12 ROC
4
BRA
Ret
INT
6
OUL
Ret
REP
Ret
VIC
5
1973 Chevron Racing Cars Chevron B24 Chevrolet V8 ROC
1
INT
1974 Chevron Racing Cars Chevron B28 Chevrolet V8 PRE ROC
10
INT
7

Véxase tamén

editar
  1. 1,0 1,1 "Peter Gethin, winner of the 1971 Italian Grand Prix, dies aged 71". autosport.com (Haymarket Publications). 2011-12-05. Consultado o 2011-12-05. 

Ligazóns externas

editar