Abrir o menú principal

Gijs van Lennep

(Redirixido desde "Gijs Van Lennep")
Gijs van Lennep
Gijs van Lennep (1971).jpg
Gijs van Lennep en 1971
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos Países Baixos
Anos en activo 4 (1971, 19731975)
Escudería(s) S.A.N, Williams, Ensign
Grandes Premios disputados 10 (8 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1971
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1975


Gijsbert van Lennep nado en Aerdenhout, Holanda Setentrional o 16 de marzo de 1942, é un esquire e expiloto de carreiras que participou en oito carreiras de Fórmula 1. Con todo, os seus principais logros foron nas carreiras de autos deportivos. É membro da nobreza holandesa co título de Jonkheer.

CarreiraEditar

 
Gijs van Lennep no seu Porsche Carrera RSR Turbo durante as 1000 km de Nürburgring en 1974.

Van Lennep pilotou para o equipo de automobilismo deportivo de Porsche que comezou en 1967. Compartiu o número 22 Martini Racing Porsche 917K con Helmut Marko, gañando as 24 Horas de Le Mans en 1971. Estableceron un récord de distancia, cubrindo 5.335 km que permaneceu invicto ata 2010.

Tamén en 1971, a "Stichting Autoraces Nederland" (Fundación para carreiras de coches nos Países Baixos) contratou un Surtees TS7 para que fixera o seu debut na F1 no GP de casa, onde terminou nun aceptable oitavo posto nun moi chuvioso GP. O ano seguinte, Van Lennep gañou o 1972 Rothmans European Formula 5000 Championship pilotando un Surtees TS11 e un McLaren M18.[1] Tamén pilotou dúas veces para o equipo de GP de Frank Williams Racing, gañando o seu primeiro punto do campionato do mundo co sexto lugar no Gran Premio dos Países Baixos de 1973. Con Ensign, anotou un segundo punto no Gran Premio de Alemaña de 1975, sendo así o quinto piloto holandés máis exitoso da Fórmula Un detrás de Max Verstappen, Jos Verstappen, Carel Godin de Beaufort e Christijan Albers.

En 1973 el gañou a última Targa Florio, compartindo o Martini Porsche Carrera RSR con Herbert Müller. Continuou nas carreiras de autos deportivos, compartindo un Porsche 936 Turbo con Jacky Ickx para gañar as 24 Horas de Le Mans de 1976 antes de retirarse das carreiras.

Resultados Completos na Fórmula UnEditar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1971 Stichting Autoraces Nederland Surtees TS7 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA ESP MON NED
8
FRA GBR ALE AUT ITA CAN NC 0
Team Surtees Surtees TS9 USA
NTS
1973 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro IR Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED
6
ALE AUT
9
ITA
Ret
CAN USA 19º 1
1974 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro FW Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL
14
MON SWE NED
NSC
FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
1975 HB Bewaking Team Ensign Ensign N174 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED
10
19º 1
Ensign N175 FRA
15
GBR ALE
6
AUT ITA USA

Resultados nas 24 Horas de Le MansEditar

Ano Equipo Coche Co-piloto(1) Co-piloto(2) Co-piloto(3) Co-piloto(4) Pos. Nota
1970   AAW Racing with David Piper Porsche 917K   David Piper Ret Accidente
1971   Martini Racing Team Porsche 917K   Helmut Marko Vitória Global na clase S 5.0
1972   Ecurie Bonnier Switzerland Lola T280   Gérard Larrousse   Joakim Bonnier Ret Accidente
1973   Martini Racing Team Porsche Carrera RSR   Herbert Müller
1974   Martini Racing Team Porsche Carrera RSR   Herbert Müller
1975   Gelo Racing Team Porsche Carrera RSR   John Fitzpatrick   Manfred Schurti   Toine Hezemans   Georg Loos Vitória na Clase GT
1976   Martini Racing Porsche Porsche 936   Jacky Ickx Vitória global(Clase S 3.0)

NotasEditar

  1. Wolfgang Kopfler, Formula 5000 in Europe - Race by Race, 2004, pp.90-91

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar