Chrysler (oficialmente FCA US,LLC.) é un fabricante de automóbiles con sede nos Estados Unidos. Son un dos fabricantes de automóbiles máis antigos do mundo. Posúen outras compañías de automóbiles como Dodge e Jeep. Desde 2021 forma parte do grupo Stellantis[1].

Chrysler
Logo
Tipomarca rexistrada e marca de automóbiles
Área de operaciónAmérica do Norte
Data de fundación6 de xuño de 1925
Fundador(es)Walter Chrysler
Nº de empregados90.000 (2019)
Organización matrizStellantis
SedeAuburn Hills, Michigan
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.chrysler.com/
Facebook: Chrysler Twitter: Chrysler Instagram: chrysler Pinterest: chryslerautos Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi creada por Walter P. Chrysler en 1925 cando cambiou o nome de Maxwell Motor Company. De 1998 a 2007, Chrysler formou parte de DiamlerChrysler, unha grande empresa alemá. Despois foi propiedade de Cerberus Capital Management. Chrysler declarou a bancarrota do capítulo 11 o 30 de agosto de 2009. En 1979, Chrysler tivera problemas similares. Conseguiron 1.500 millóns de dólares do goberno dos Estados Unidos. Lee Iacocca converteuse en CEO. Entón, Chrysler creou a plataforma K-car, inventou a minivan e vendeu moitos camións ao exército. Chrysler adquiriu American Motors en 1988 e cambiou a denominación da empresa de automóbiles como Eagle. Recuperáronse aos poucos. No seu momento álxido, Chrysler era propietario de Dodge, Jeep, Plymouth, DeSoto, Valiant, Imperial e Eagle (AMC). Só Chrysler, Dodge e Jeep sobreviviron. En 2010 Chrysler anunciou que transformaría os camións Ram na súa propia división e Dodge centrarase no estado de rendemento.

Fusións editar

Chrysler é hoxe propiedade da automoción italiana Fiat, as dúas compañías fusionáronse formando Fiat Chrysler Automobiles ou FCA para abreviar. A compañía aínda opera como Chrysler nos Estados Unidos.

FCA e PSA Peugeot Citröen fusionáronse en xaneiro de 2021 no grupo Stellantis, con sede nos Países Baixos. O nome "Stellantis" úsase exclusivamente para identificar a entidade corporativa, mentres que as marcas e os logotipos do grupo permanecen inalterados. A compañía ten 400.000 empregados, con presenza en máis de 130 países e con fábricas en 30 países.[2] O grupo planeaba ter 39 vehículos eléctricos a finais de 2021.[3]

Crysler-Barreiros editar

Artigo principal: Barreiros (automoción).

Na década de 1960, Eduardo Barreiros pensou en aliarse cun fabricante estranxeiro que lle dese cobertura financeira e á vez continuar a produción de vehículos industriais. Tras probar con Jaguar, Mercedes-Benz e GM, contactou con Chrysler. O acordo escondía unha serie de "compras atadas" (de vehículos descatalogados e de patentes), pero Barreiros viu no acordo unha solución financieria e a posibilidade de ampliar a oferta de turismos. En xuño de 1964 o 35% de Barreiros Diésel pasou a mans de Chrysler cun grande investimento que levou a vendas descoñecidas na época, cunha facturación superior aos 7000 millóns de pesetas. En 1966 acadouse a máxima expansión da empresa e o recoñecemento internacional de Eduardo Barreiros, o New York Times incluíuno entre os seis empresarios non americanos máis importantes do mundo[4]. Levantáronse novas plantas para fabricar o Simca 1000 e o Dodge Dart e a cifra de traballadores de todas as empresas do grupo superou os 25000. Realizáronse exportacións a máis de 25 países.

 
Simca 1000


Por baixo da imaxe que transcendía ao público, librábase unha batalla entre a familia Barreiros e o Grupo Chrysler, pois os criterios de organización e os obxectivos diferían cada vez máis. En 1967 as vendas caeron por baixo das previsións, as necesidades financeiras afloraron de novo e a participación dos norteamericanos saltou do 40 ao 77%, perdendo Barreiros o control da empresa.

A partir de entón, Chrysler reduciu drasticamente o investimento en vehículos industriais. Prometeran a Barreiros poder utilizar toda a rede mundial de Chrysler e Simca coa asistencia técnica precisa, pero iso nunca foi así. O bloqueo económico que estableceu Estados Unidos a distintos países do Sur de América, principal mercado de exportación de Barreiros, obrigou ao empresario español ao cesamento desa actividade e deste xeito, todo o esforzo do empresario pasou a ser aproveitado por Chrysler para adquirir un 97,53% do capital. Barreiros converteuse nunha filial de Chrysler Europe, e pouco despois pasou a denominarse Chrysler España S. A., aínda que se mantivo o nome comercial de Barreiros durante bastantes anos nos produtos industriais. En 1978 Chrysler Europa foi vendida a PSA Peugeot Citröen, e posteriormente renomearon tódolos modelos de Chrysler/Simca que fabricaba como modelos de Talbot (por exemplo, o Chrysler 150 renomeouse como Talbot 150[5]).

Notas editar

  1. "About Us ; Stellantis". www.stellantis.com. Consultado o 2022-06-26. 
  2. "Overview | Stellantis". www.stellantis.com. Consultado o 2021-01-19. 
  3. "Stellantis: Construindo un lider mundial en mobilidade sostible | Stellantis". www.stellantis.com. Consultado o 2021-01-19. 
  4. País, El (1992-02-20). "Eduardo Barreiros, empresario". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-26. 
  5. "Chrysler/Talbot 150 - El Previo" (en castelán). Consultado o 2022-06-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar