Divina Mary Galica MBE, nada en Bushey Heath o 13 de agosto de 1944, é unha deportista do Reino Unido. Competiu en catro Olimpíadas de Inverno como esquiadora, capitaneando o equipo de esquí olímpico feminino británico en 1968 e 1972. Tamén tivo unha andaina no automobilismo, participando en tres Grandes Premios do campionato mundial de Fórmula 1.

Infotaula de personaDivina Galica
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Bushey, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , esquiadora alpina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1972Xogos Olímpicos de Inverno de 1972
febreiro de 1968Xogos Olímpicos de Inverno de 1968
1964Xogos Olímpicos de Inverno de 1964 Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: divina-galica Editar o valor em Wikidata

Carreira no esquí editar

Galica naceu en Bushey Heath, preto de Watford, Hertfordshire. Con 19 anos, participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos en Innsbruck en 1964, competindo en esquí alpino e Slálom. Tamén participou nas dúas Olimpíadas de Inverno seguintes, en Grenoble en 1968 e en Sapporo en 1972. En ambas ocasións Galica foi a capitá do equipo de esquí olímpico feminino británico, e terminou no top-ten no slálom xigante. Agás da competición olímpica, Divina Galica logrou dous podios na Copa do Mundo na carreira de descenso, ocupando o terceiro lugar nas roldas de Badgastein e Chamonix en 1968. Galica tamén logrou a marca británica de velocidade de esquí alpino (201 km/h). Logo da súa posterior carreira como piloto, Galica volveu a esquiar e unha vez máis representou a Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992, esta vez na carreira de esquí de velocidade.

Andaina como piloto editar

Aceptou unha invitación a unha carreira de celebridades, Galica sorprendeu a todos co seu talento de piloto. Tomouse eventualmente o automobilismo como unha segunda profesión, inicialmente nos kart de carreiras, pasando posteriormente á Fórmula 2 e Fórmula 1 antes de atopar éxito nas carreiras de deportivos e camións. A súa andaina nas carreiras incluíu tempadas na Fórmula Renault e na Fórmula Vauxhall Lotus.

Galica estivo baixo a disciplina John Webb e Nick Whiting, participou nas series British Shellsport International Grupo 8 en 1976, pilotando un Surtees TS16 de Fórmula 1. Logo das prometedoras demostracións nesta serie doméstica, Whiting decidiu que Galica participara no Gran premio británico dese ano, pilotando o seu Surtees. Esta aparición foi notable, por primeira vez en 13 anos inscribiuse un coche para un Gran Premio do Campionato do Mundo co temido número 13 da mala sorte. Que tamén foi para Galica, xa que non se cualificou para a carreira. A súa aparición significou que tamén se uniu ao selecto club de sete pilotos de Fórmula Un que tamén competeron nos Xogos Olímpicos.[1]

 
Galica pilotando un Brabham BT37 nun Gran Premio Histórico no circuíto de Lime Rock Park en 2009.

Para 1977 Whiting adquiriu un Surtees TS19 de segunda man para que Galica correra na serie británica. O equipo de Whiting carecía da pericia técnica requirida para configurar correctamente o coche para cada carreira, e Galica víase prexudicada a miúdo pola mala configuración.[2] O seu rival Tony Trimmer tamén estaba equipado cun Surtees TS19, pero os seus coñecementos de enxeñería e un equipo ben financiado significou que quedara por diante na pista na maioría das carreiras. Whiting logrou o patrocinio de Cámaras Olympus ao longo da tempada, antes disto o equipo funcionara cun orzamento de só 10.000 libras para toda a tempada.[2] Malia isto, Galica logrou tomar o terceiro lugar en Brands Hatch e o segundo lugar en Donington Park, pero Trimmer gañou ambos e logrou o título do Campionato.

O piloto oficial de Hesketh Racing, Rupert Keegan, participara nun par de roldas da serie nacional británica en 1977, e ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 1978 Hesketh ofreceu a Galica a oportunidade de substituílo no equipo nun Hesketh 308E. Galica levouse o patrocinio de Olympus con ela (substituíndo o patrocinio anterior da revista Penthouse), pero non puido cualificar o 308E para ningunha das dúas primeiras carreiras da tempada do Campionato Mundial de 1978. Despois do segundo fracaso volveu á serie inglesa da fórmula un, o campionato británico Shellsport, agora unha serie totalmente de Fórmula 1. Co seu TS19, Galica logrou o segundo lugar na rolda de Zandvoort. Con todo, na súa ausencia Trimmer mercara un coche McLaren M23 ex oficial, e co envellecido TS19, Galica tiña poucas posibilidades de ser competitiva. Na súa segunda participación, máis tarde na tempada, no seu propio M23 só logrou un sétimo lugar.

Separadamente dun número limitado de saídas en monoprazas, Galica cambiou a súa atención á clase de coches deportivos S2000 Thundersports, logrando varias terminacións entre os dez primeiros e ás carreiras de camións. Galica converteuse en instrutora de carreiras da Skip Barber Racing School, chegando a ser vicepresidenta de Skip Barber Racing, dirixindo tanto a súa escola de pilotaxe como a súa serie de carreiras. En 2005, na fin de semana de Mont-Tremblant das Skip Barber Race Series, Galica anunciou que deixaba Skip Barber para traballar para iRacing.com como directora da compañía.

Rexistro de carreiras editar

Resultados completos da Serie Internacional Shellsport editar

(Nota: os resultados mostrados en negra indican pole position, os resultados en cursivas indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos. Pts
1976 Shellsport/Whiting Surtees TS16 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 MAL
7
SNE
6
OUL
Ret
BRH
NC
THR
4
BRH
6
MAL
4
SNE
5
BRH
9
THR
7
OUL
6
BRH
13
BRH
10
57
1977 Shellsport/Whiting Surtees TS19 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 MAL
NTS
SNE
2
OUL
Ret
MAL
Ret
THR
Ret
BRH
Ret
OUL
4
MAL
3
DON
2
BRH
3
THR
Ret
SNE
NTS
BRH
6
74
March 742 Ford BDX Swindon BRH
Ret

Resultados completos no campionato do Reino Unido de Fórmula 1 editar

(clave) (nota: resultados en negra indican pole position, resultados en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts
1978 Team Olympus Surtees TS19 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 OUL BRH SNE MAL ZAN
2
DON THR OUL MAL BRH 14º 19
Melchester Racing McLaren M23 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 THR
7
SNE
1979 Divina Galica March 792 Hart ZOL OUL BRH
Ret
MAL SNE THR ZAN DON
5
OUL NOG MAL BRH THR SNE SIL 19º 2
1980 Divina Galica March 792 Hart OUL BRH SIL MAL THR MNZ MAL SNE BRH THR OUL
6
SIL
9
20º 1

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Pts.
1976 Shellsport/Whiting Surtees TS16 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR
NSC
ALE AUT NED ITA CAN USA XPN NC 0
1978 Olympus Cameras with Hesketh Hesketh 308E Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX
NSC
BRA
NSC
RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN NC 0

Resultados na Fórmula 1 fóra de campionato editar

(Chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1
1977 Shellsport/Whiting Surtees TS19 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
12
1978 Olympus Cameras with Hesketh Hesketh 308E Ford Cosworth DFV 3.0 V8 INT
Ret

Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 2 editar

(clave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts
1977 Ardmore Racing Chevron B39 Ford BDA SIL THR HOC NÜR VAL PAU MUG ROU NOG PER MIS EST DON
15
NC 0
1978 Bob Salisbury Racing March 782 BMW THR HOC NÜR PAU MUG VAL ROU DON NOG PER MIS HOC
NSC
NC 0
1979 Divina Galica March 792 Hart SIL
11
HOC THR NÜR
17
VAL MUG PAU HOC ZAN PER MIS DON
11
NC 0
1980 Wendy Wools March 792 Hart THR
Ret
HOC NÜR VAL PAU NC 0
Divina Galica SIL
Ret
ZOL MUG ZAN PER MIS HOC

Notas editar

  1. Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26. 
  2. 2,0 2,1 Diepraam, Mattijs (1999). "Female speed addict". 8W. Consultado o 2007-11-12. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar