Torsten Palm
Torsten Palm | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1975 |
Escudería(s) | Hesketh privado |
Grandes Premios disputados | 2 (1 saída) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1975 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Suecia de 1975 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Torsten Palm nado en Kristinehamn o 23 de xullo de 1947[1], é un ex piloto de automobilismo sueco.
TraxectoriaEditar
O irmán menor do famoso copiloto de rally Gunnar Palm, Torsten tamén competiu como copiloto. En 1967 quedou segundo no Rally de Suecia con Simo Lampinen.
Palm competiu internacionalmente en carreiras de fórmula e marchas. Fixo o seu debut en Fórmula 3 en 1969 e chegou segundo tras Ronnie Peterson no Campionato Sueco ese ano, antes de gañar o Campionato en 1970 e 1971. Durante o Campionato Europeo de Fórmula 2 en 1973 estableceu o récord na pista en Karlskoga, Suecia, fronte a 40.000 espectadores. Palm terminou terceiro no seu Surtees, con Peterson no quinto lugar. Ninguén bateu o récord antes de que o circuíto reconstruírase ao final da década. Patrocinado por Polar Caravans fixo o seu debut na Fórmula 1 nun Hesketh en 1975. En Mónaco non puido clasificarse para a carreira. En Anderstorp, Suecia, clasificouse para a carreira e terminou décimo.
De 1993 a 2003 dirixiu un concesionario de automóbiles, Torsten Palm Bil AB, que foi representante de Ferrari durante tres anos.
Resultados completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Polar Caravans | Hesketh 308 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | MON NSC |
BEL | SWE 10 |
NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | NC | 0 |
NotasEditar
- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torsten Palm |