Gran Premio do Canadá de 1977
O Gran Premio do Canadá de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto de Mosport Park, Bowmanville, Ontario, Canadá o 9 de outubro de 1977. A carreira, foi a 16ª carreira da tempada de 1977.
Tipo | Gran Premio do Canadá |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mosport Park (Bowmanville (en) ) 44°03′00″N 78°40′40″O / 44.05, -78.677777777778 |
País | Canadá |
Data | 9 de outubro de 1977 |
Competición | |
Primeiro posto | Jody Scheckter |
Pole position | Mario Andretti |
Volta máis rápida | Mario Andretti |
Informe
editarO carreira chegou ao Canadá sen Niki Lauda, quen, logo de asegurar o campionato de pilotos na anterior carreira en Watkins Glen, anunciou a súa intención de pilotar para Brabham en 1978, e renunciou abruptamente a Ferrari logo da decisión do equipo de correr cun terceiro coche para Gilles Villeneuve.
Na cualificación, o Lotus de Mario Andretti logrou a súa sexta pole da tempada, co McLaren de James Hunt ao seu lado na primeira fila. Ronnie Peterson, foi terceiro no seu Tyrrell de seis rodas, por diante de Gunnar Nilsson no segundo Lotus. O top ten completouse con Jochen Mass no segundo McLaren, Patrick Depailler no segundo Tyrrell, os Shadows de Alan Jones e Riccardo Patrese, Jody Scheckter no Wolf e John Watson no Brabham. Pero a seguridade na pista chea de fochancas de Mosport Park estaba cuestionada: durante a práctica o Hesketh de Ian Ashley saíu despedido nunha destas fochancas, saltou a barreira e estrelouse contra unha torre de televisión, ferindo gravemente a Ashley e poñendo fin á súa carreira na Fórmula Un. O inglés sobreviviu, pero tardaron 40 minutos en sacalo do coche e pasaron outros 30 minutos ata que chegou un helicóptero. Estes problemas foron subliñados máis tarde ese mesmo día, cando Mass estrelouse na primeira curva cunha barreira que arrasou ao bater nela.[1]
Ao comezo da carreira, Andretti afastouse de Hunt, con Mass terceiro. Andretti e Hunt procederon entón a afastarse do resto do grupo acabando por alcanzar a Mass, terceiro nese momento. Cando intentaban dobrar a Mass, Hunt adiantou a Andretti, pero chocou co seu compañeiro de equipo en McLaren logo dun malentendido. Non puido continuar, e un Hunt visiblemente furioso axitou o seu puño a Mass, antes de golpear a un comisario que estaba tratando de sacalo de alí. Posteriormente, foi multado con 2.750 dólares.[2] Gilles Villeneuve fixo o seu debut con Ferrari nesta carreira, pero abandonou logo dun accidente.[3]
Non houbo tensión nas últimas catro voltas. Na volta 77, Patrese trompeou co seu Shadow e bateu contra o Hesketh de Rupert Keegan, que se estrelara a principios da carreira e estaba ao carón da pista. Na seguinte volta, o motor de Andretti rebentou e derramou aceite. Vittorio Brambilla esvarou neste aceite e trompeou co seu Surtees igual que Danny Ongais no seu Interscope Penske na mesma mancha de aceite, pero este foi capaz de continuar.[4]
A retirada de Andretti deulle a Scheckter a vitoria, con Depailler segundo e Mass completando o podio. Jones foi cuarto por diante de Patrick Tambay no Ensign, mentres Brambilla clasificouse sexto, xusto por diante de Ongais.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 20 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 80 | 1:40:00.00 | 9 | 9 |
2 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 80 | + 6.77 | 6 | 6 |
3 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 80 | + 15.76 | 5 | 4 |
4 | 17 | Alan Jones | Shadow-Ford | 80 | + 46.69 | 7 | 3 |
5 | 23 | Patrick Tambay | Ensign-Ford | 80 | + 1:03.26 | 16 | 2 |
6 | 19 | Vittorio Brambilla | Surtees-Ford | 78 | Accidente | 15 | 1 |
7 | 14 | Danny Ongais | Penske-Ford | 78 | +2 voltas | 22 | |
8 | 9 | Alex Ribeiro | March-Ford | 78 | +2 voltas | 23 | |
9 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 77 | Motor | 1 | |
10 | 16 | Riccardo Patrese | Shadow-Ford | 76 | Trompo | 8 | |
11 | 30 | Brett Lunger | McLaren-Ford | 76 | Motor | 20 | |
12 | 21 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 76 | Transmisión | 17 | |
Ret | 1 | James Hunt | McLaren-Ford | 61 | Accidente | 2 | |
Ret | 27 | Patrick Nève | March-Ford | 56 | Motor | 21 | |
Ret | 3 | Ronnie Peterson | Tyrrell-Ford | 34 | Fuga combustible | 3 | |
Ret | 24 | Rupert Keegan | Hesketh-Ford | 32 | Accidente | 25 | |
Ret | 18 | Hans Binder | Surtees-Ford | 31 | Accidente | 24 | |
Ret | 10 | Ian Scheckter | March-Ford | 29 | Motor | 18 | |
Ret | 28 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 29 | Motor | 19 | |
Ret | 12 | Carlos Reutemann | Ferrari | 20 | Sistema combustible | 12 | |
Ret | 8 | Hans Joachim Stuck | Brabham-Alfa Romeo | 19 | Motor | 13 | |
Ret | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 17 | Accidente | 4 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 12 | Transmisión | 11 | |
Ret | 7 | John Watson | Brabham-Alfa Romeo | 1 | Suspensión | 10 | |
Ret | 22 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 0 | Accidente | 14 | |
NTS | 25 | Ian Ashley | Hesketh-Ford | Piloto ferido | |||
NSC | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1977 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1977 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1976 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1978 |
Notas
editar- Líderes por volta: Mario Andretti 77 voltas (1-60, 62-78); James Hunt 1 volta (61); Jody Scheckter 2 voltas (79-80).
- Última participación na Fórmula 1 de Ian Ashley.
- Foi a única carreira da tempada na que Ferrari non puido puntuar.
- Este foi o último Gran Premio do Canadá, celebrado en Mosport. Para 1978, a carreira trasladouse ao Circuíto da Île Notre-Dáme de Montreal, onde se mantén desde entón.
- ↑ "1977 - Canadian Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 2013-07-10.
- ↑ "Controversial collisions". Top 10 – ESPNF1.com. Consultado o 23 June 2012.
- ↑ "1977 - Canadian Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 2013-07-10.
- ↑ "Danny Ongais - Biography". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 2013-06-24.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1977 |
Ligazóns externas
editar- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 2008-01-27.