Ingo Hoffmann
Ingo Hoffmann, nado o 28 de febreiro de 1953, é un expiloto brasileiro da cidade de São Paulo. Participou en seis Grandes Premios de Fórmula Un, debutou o 25 de xaneiro de 1976. Non anotou ningún punto de campionato.
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Ingo Ott Hoffmann ![]() 28 de febreiro de 1953 ![]() São Paulo, Brasil ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Historia
editarInicios
editarHoffman comezou a súa carreira no Brasil competindo en Fórmula Vee e coche berlinas.[1] Marchou a Inglaterra en 1975 e competiu na Fórmula 3 nun March,[1] antes de pasar a Fórmula 1 en 1976.
Anos na Fórmula 1
editarA carreira de Fórmula Un de Hoffmann viuse obstaculizada polos problemas financeiros do equipo de Fittipaldi, e pilotou o segundo coche do equipo cando realmente o equipo só podía permitirse correr con un. Isto significou que Hoffmann só participou en determinadas carreiras seleccionadas, e, finalmente, o segundo coche foi abandonado por completo. Participou en catro Grandes Premios en 1976, non se clasificou para tres deles e logrou un undécimo lugar, foi o mellor resultado conseguido. En 1977, Hoffman competiu no Gran Premio da Arxentina de 1977 en Bos Aires, e nuevamente no Gran Premio do Brasil de 1977 en Interlagos, onde terminou sétimo, a dúas voltas do gañador. Con todo, esa foi a última carreira de Hoffman na Fórmula 1, xa que retirouse o segundo coche de Fittipaldi.
Logo da Fórmula Un
editarCo final da súa carreira na Fórmula Un, Hoffmann competiu na Fórmula 2 e no proxecto catro cun Ralt e un March en 1977 e 1978, (que foi o seu último ano en Europa). Tamén competiu en coches deportivos e berlinas tanto en Europa como en Suramérica. En particular, Ingo Hoffmann gañou 12 veces o Campionato Stock Car do Brasil (1980, 1985, 1989-1994, 1996-1998 e 2002). En decembro de 2006, logrou a súa vitoria número 100 (nas carreiras nos circuítos brasileiros) no Autódromo Internacional Nelson Piquet na carreira final da tempada 2006.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Copersucar-Fittipaldi | Fittipaldi FD03 | Cosworth V8 | BRA 11 |
RSA | NC | 0 | |||||||||||||||
Fittipaldi FD04 | USW NSC |
ESP NSC |
BEL | MON | SWE | FRA NSC |
GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | ||||||||
1977 | Copersucar-Fittipaldi | Fittipaldi FD04 | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA 7 |
RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness Publishing. p. 190. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ingo Hoffmann |
Ligazóns externas
editar- Instituto Ingo Hoffmann
- Entrevista com Ingo Hoffman - an interview about his career
- Biography at F1 RejectsArquivado 22 de marzo de 2006 en Wayback Machine.