Gran Premio de España de 1981
O Gran Premio de España de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 21 de xuño de 1981. A carreira foi a sétima rolda da tempada 1981 de Fórmula Un.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 7 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981. | ||
![]() Trazado do circuíto do Jarama. | ||
Data | 21 de xuño 1981 | |
Nome oficial | Gran Premio de España | |
Localización | Circuíto do Jarama, Madrid, España | |
Percorrido | Circuíto permanente 3´312 km | |
Distancia | 80 voltas, 264´96 km | |
Clima | Seco, asollado, cálido | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ligier-Matra |
Tempo | 1:13.754[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Williams-Cosworth |
Tempo | 1:17.818 na volta 5[2] | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
Ligier-Matra |
Terceiro | ![]() |
McLaren-Ford |
Resumo Editar
O Gran Premio de España de 1981 contou coa segunda final máis pechada dunha carreira de Fórmula Un, logo do Gran Premio de Italia de 1971, tras o Ferrari de Gilles Villeneuve os catro seguintes coches terminaron en tan só 1,24 segundos. Esta foi a última vitoria de Villeneuve, a miúdo considerada como a súa obra mestra táctica.[3]
Houbo algúns cambios para esta carreira, Eliseo Salazar deixara March para unirse a Ensign, en substitución de Marc Surer. Ademais, John Player Special regresou para patrocinar ao Team Lotus logo dun parénteses de 2 anos.
A pole foi para Jacques Laffite no seu Ligier - Matra, os dous Williams - Cosworth de Alan Jones e Carlos Reutemann foron segundo e terceiro por diante de John Watson do equipo McLaren, de Alain Prost de Renault e do Alfa Romeo de Bruno Giacomelli. Gilles Villeneuve foi sétimo.
O día da carreira foi infrecuentemente cálido. Ao principio da carreira de Jones e Reutemann tomaron vantaxe logo de que Laffite fixera unha mala saída. Villeneuve tomou o terceiro lugar na primeira curva, danando o alerón dianteiro de Prost cando tomou a posición. Ao final da primeira volta Villeneuve saíuse do rebufo de Reutemann e obtivo o segundo lugar. Jones comezou a tomar distancia, pero na volta 14 saíuse da pista, cando tiña 10 segundos de vantaxe sobre o canadense.
Isto deixou a Villeneuve con Reutemann na súa cola. Detrás deles estaban Watson, Laffite e Elio de Angelis que comezaron a pechar o duelo polo liderado. Reutemann tiña algúns problemas coa súa caixa de cambios e cando Laffite púxose detrás o arxentino pouco puido facer para impedir o adiantamento. Máis tarde Reutemann caeu detrás de Watson. Os cinco principais candidatos convertéronse nun tren de coches, xuntos nas voltas do final da carreira.
Villeneuve utilizou a potencia do seu motor Ferrari nas rectas para gañar un pouco de marxe e non ser superado polos seus rivais, pero nas curvas estaban sobre el. Laffite alcanzou ao canadense varias veces, cando saía das curvas, pero o Ferrari aguantou diante grazas a potencia do seu motor. Os cinco permaneceron xuntos ata a bandeira, cruzando a meta separados por tan só 1,24 segundos para lograr a segunda carreira máis pechada na historia da Fórmula Un.
Este sería o último Gran Premio de España no Jarama, debido ao feito de ter unha pista demasiado estreita para a Fórmula Un moderna, o difícil trazado e a escasa capacidade de público[4] (a pequena lonxitude do circuíto foi probablemente a causa de que a carreira do ano anterior non contara como unha carreira para o Campionato do Mundo, o anuncio fixérase no mesmo fin de semana), foi o último Gran Premio de España ata a tempada de 1986, cando se celebrou no recentemente construído Circuíto de Jerez no sur do país.
Clasificación Editar
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1980 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1986 |
Notas Editar
- ↑ Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 40. ISBN 0-85429-733-2.
- ↑ Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 43. ISBN 0-85429-733-2.
- ↑ Gerald Donaldson. Gilles Villeneuve: The Life of the Legendary Racing Driver (London: Motor Racing Publications, 1996) ISBN 978-0-947981-44-0
- ↑ "1981-FIA-Review-07-Spain". YouTube. 2006-07-17. Consultado o 2012-06-16.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1981 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.
Ligazóns externas Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |