Gran Premio de Detroit de 1982
O Gran Premio de Detroit de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 6 de xuño de 1982 en Detroit, Míchigan. Partindo da décimo sétima posición na grella, o piloto de Irlanda do Norte John Watson gañou o primeiro Gran Premio de Detroit, na sexta localización diferente da Fórmula Un nos Estados Unidos.
Nome oficial | 1st Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 |
Distancia do evento | 62 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 6 de xuño de 1982 |
Competición | |
Primeiro posto | John Watson |
Pole position | Alain Prost |
Volta máis rápida | Alain Prost |
Resumo da carreira
editarDebido a problemas de organización, a práctica prevista para o xoves foi cancelada, e a primeira sesión de cualificación do venres tivo que ser posposta. Só houbo tempo para unha sesión de práctica unha hora o venres, así que a cualificación levouse a cabo o sábado en dúas sesións dunha hora, con catro horas de diferenza. O sábado foi frío e nubrado coa moi real ameaza de choiva, e case todos os pilotos apresuráronse para conseguir un momento na pista seca, mentres podían, cunha chea de voltas e pases polos camiños de escape do descoñecido circuíto. A sesión da tarde foi sobre mollado, como se esperaba, e os tempos da sesión da mañá, efectivamente, determinaron a grella.
Alain Prost logrou a sexta pole de Renault das sete carreiras da tempada, cunha volta de 1:48.537, unha media de menos de 134 quilómetros por hora, máis lento que Mónaco. Andrea de Cesaris, o único piloto que logrou unha pole sen ser de Renault no que ía de 1982 ( Long Beach), puxo o seu Alfa Romeo xunto a Prost na primeira fila con 1:48.872, por diante do Williams de Keke Rosberg. Por segunda carreira consecutiva, Ferrari só participaba cun coche logo da morte de Gilles Villeneuve en Bélxica catro semanas antes, e Didier Pironi clasificou en cuarto lugar.
O único piloto estadounidense na carreira, Eddie Cheever, puxo o espectáculo para a afección local, colocando o seu Ligier noveno, detrás dos Lotus de Nigel Mansell e Elio de Angelis e xusto por diante de Niki Lauda no McLaren. Pero a maior sorpresa, era ver ao actual campión do mundo Nelson Piquet na parte inferior da táboa de tempos. Os problemas cos motores BMW en ambos coches, cos repostos durante a sesión da mañá e coa choiva na tarde combináronse para deixalo fóra da grella para a carreira do domingo.
A diferenza da tarde do sábado, o domingo foi asollado e moi agradábel. Os tres primeiros pilotos fixeron un excelente comezo, e Prost liderou por diante de de Cesaris e Rosberg na primeira volta. Tras eles ao final da primeira volta estaban Pironi, Mansell, Bruno Giacomelli, Cheever e Lauda. Manfred Winkelhock retirouse sendo quinto. Só dúas voltas máis tarde, na volta tres, de Cesaris entrou ranqueando en boxes cun eixe de transmisión roto, deixando a Rosberg en segundo lugar, a tres segundos por detrás de Prost.
Na volta sete, baixo a presión de de Angelis, Roberto Guerrero no Ensign saíuse na primeira curva. De Angelis tratou de pasar polo interior, pero cando Guerrero volveu á trazada, os dous chocaron. O Lotus puido continuar, pero Guerrero estrelouse contra o muro de pneumáticos. Jochen Mass e Watson foron capaces de evitar os restos do Ensign, pero cando Riccardo Patrese chegou ao lugar, chocou contra eles e golpeou o muro de pneumáticos xusto á beira de Guerrero, perdendo unha roda. Un conduto dos freos do coche de Patrese incendiouse, e aínda que os coches accidentados estaban fora da pista, a visión de dous coches detidos na pista, un deles en chamas, fixo que o Director de Carreira sacara a bandeira vermella.
Os coches volveron a boxes e esperaron durante case unha hora, mentres fixéronse todo tipo de reparacións polos mecánicos. Prost cambiou os seus faldróns e recargou o combustible, Lauda reparou as fugas do radiador de aceite, e Guerrero, Winkelhock e Patrese, que se retiraran, trouxeron pezas para os seus coches desde fóra da grella para reiniciala, aínda que non se lles permitiu. Dezaoito coches reiniciaron a carreira en orde de marcha, o resultado final sería determinado pola suma dos dous tempos rexistrados nas dúas partes da carreira.
Prost tomou de novo a dianteira e unha volta máis tarde lideraba diante de Rosberg, Pironi, Giacomelli, Cheever, René Arnoux, Lauda e Mansell. Inmediatamente, Prost empezou a distanciarse de Rosberg, que tamén foi afastándose de Pironi e, logo de quince voltas (total), lideraba por cinco segundos. Pero pouco despois, o Renault comezou a desenvolver problemas de inxección electrónica, como o seu compañeiro Arnoux varias voltas antes, e o francés viu como a súa vantaxe sobre Rosberg comezou a evaporarse. Na volta 21, os dous coches estaban nariz con cola, e unha volta máis tarde, o Williams tomou a iniciativa de forma brillante, Rosberg arrimouse á beira para entrar nunha das moitas estreitas curvas de dereitas, quedou no exterior da curva, saíu lixeiramente de lados pero por diante. Prost seguiu perdendo tempo detrás de Rosberg, en segundo lugar, entre Pironi, Giacomelli, Cheever e Lauda.
Detrás deste grupo, sorprendentemente, chegou atacando o McLaren de John Watson, logo de avanzar desde a décimo sétima posición na grella inicial. Cando Cheever e Lauda adiantaron a Giacomelli Watson aproveitou para achegarse. Na volta 30, con Rosberg líder por 15 segundos, Watson pasou a Giacomelli, pero o italiano contraatacou un momento máis tarde, cando o McLaren saíu desviado. Giacomelli tratou de abrirse paso a través do interior, pero a súa roda dianteira esquerda golpeou traseira dereita de Watson, e Giacomelli terminou contra o muro. Pironi mantívose firme diante de Lauda e Cheever, pero cando Watson achegouse a eles, pasou aos tres na mesma volta para facerse co segundo lugar trece segundos por detrás de Rosberg.
En dúas voltas, a brecha reduciuse a sete segundos, logo a dous segundos, e ao final da volta 37, Watson estaba dous segundos arriba, Rosberg perdera a terceira velocidade. Na xeral, con todo, co tempo combinado, Rosberg estaba aínda dezaoito segundos por diante, polo que intentou simplemente permanecer preto do McLaren. Mentres tanto, Lauda, inspirado talvez polo seu compañeiro de equipo, pasara a Cheever e Pironi, e tamén achegábase a Rosberg. Probablemente sabendo que o Williams tiña problemas, imprudentemente na curva un bloqueou as súas rodas, golpeou a parede e rompeu a suspensión, deixando Cheever no terceiro lugar.
Asegurada á cabeza, Watson foi capaz de distanciarse, Rosberg loitaba con problemas de alimentación de combustible e cos pneumáticos gastados, ademais da súa caixa de cambios avariada, caendo á quinta posición na pista, cuarto en tempo combinado. Cunha velocidade media de só 125 km/h, alcanzouse o límite de tempo de dúas horas moi por baixo das 76 voltas previstas, e Watson conseguiu a súa segunda vitoria da tempada. O estadounidense Eddie Cheever foi segundo, o seu mellor resultado nun Gran Premio, por diante de Pironi terceiro.
Malia unha montaña de problemas iniciais co novo circuíto, os organizadores da carreira recibiron excelentes críticas polos seus esforzos, e unha nova cidade americana fixera a súa entrada na Fórmula Un. Con dúas carreiras disputadas nos Estados Unidos en 1982,aínda faltaba a carreira das Vegas, xa que, por primeira vez na historia, un país sería a sede de tres Grandes Premios nunha soa tempada.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 62 | 1:58:41.043 | 17 | 9 |
2 | 25 | Eddie Cheever | Ligier-Matra | 62 | + 15.726 | 9 | 6 |
3 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 62 | + 28.077 | 4 | 4 |
4 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 62 | + 1:11.976 | 3 | 3 |
5 | 5 | Derek Daly | Williams-Ford | 62 | + 1:23.757 | 12 | 2 |
6 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 61 | + 1 volta | 13 | 1 |
7 | 17 | Jochen Mass | March-Ford | 61 | + 1 volta | 18 | |
8 | 29 | Marc Surer | Arrows-Ford | 61 | + 1 volta | 19 | |
9 | 4 | Brian Henton | Tyrrell-Ford | 60 | + 2 voltas | 20 | |
10 | 16 | René Arnoux | Renault | 59 | + 3 voltas | 15 | |
11 | 20 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 59 | + 3 voltas | 26 | |
NC | 15 | Alain Prost | Renault | 54 | + 8 voltas | 1 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 44 | Motor | 7 | |
Ret | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 40 | Colisión | 10 | |
Ret | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 40 | Trompo | 16 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 30 | Colisión | 6 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 17 | Caixa de cambios | 8 | |
Ret | 10 | Eliseo Salazar | ATS-Ford | 13 | Trompo | 25 | |
Ret | 14 | Roberto Guerrero | Ensign-Ford | 6 | Colisión | 11 | |
Ret | 2 | Riccardo Patrese | Brabham-Ford | 6 | Colisión | 14 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 2 | Transmisión | 2 | |
Ret | 31 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 2 | Encendido | 22 | |
Ret | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-Ford | 1 | Trompo | 5 | |
Ret | 18 | Raul Boesel | March-Ford | 0 | Colisión | 21 | |
Ret | 30 | Mauro Baldi | Arrows-Ford | 0 | Colisión | 24 | |
NTS | 32 | Riccardo Paletti | Osella-Ford | 23 | |||
NSC | 19 | Emilio de Villota | March-Ford | ||||
NSC | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | ||||
NSC | 33 | Jan Lammers | Theodore-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1982 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1982 |
Carreira anterior: Non houbo |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1983 |
Notas
editar- Innes Ireland (outubro de 1982). "1st Detroit Grand Prix: Wattie, The Renaissance Man". Road & Track, 140-144.
- Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Detroit de 1982 |