Gran Premio do Brasil de 1991
O Gran Premio do Brasil de 1991 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 24 de marzo de 1991 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1991 e foi gañada desde a pole position polo piloto local Ayrton Senna, conducindo un McLaren - Honda. Era a primeira vez que Senna gañaba o seu Gran Premio de casa, na súa oitava tempada de F1. Riccardo Patrese terminou segundo nun Williams Williams - Renault, co compañeiro de equipo de Senna Gerhard Berger en terceiro lugar.
Tipo | Gran Premio do Brasil |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1991 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 |
Lonxitude | 4,309 km |
País | Brasil |
Data | 24 de marzo de 1991 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Nigel Mansell |
Resumo de carreira
editarAyrton Senna fixo un comezo perfecto para liderar diante de Nigel Mansell, Riccardo Patrese, Jean Alesi, Gerhard Berger e Alain Prost, construíndo unha vantaxe duns 3 segundos na volta 8. Con todo Mansell acercouse e na volta 20 a brecha baixara a 0.7s. Na volta 17 Prost puxo pneumáticos novos, ansioso por evitar quedar atrapado detrás de Nelson Piquet no Benetton. Mansell entrou a boxes na volta 26, pero a parada foi terrible, durou máis de 14 segundos. Isto devolveuno á carreira no 4º lugar detrás de Patrese e Alesi. Despois de que Senna e Patrese fixeran as súas paradas, Mansell estaba a uns 7 segundos do líder McLaren. Non parecía haber ningunha dúbida de que Senna sería atrapado, pero a oportunidade nunca xurdiu xa que na volta 50 Mansell tivo que deterse por un novo xogo de pneumáticos logo dunha picada causada por restos na pista. Descoñecido para os espectadores, a caixa de cambios de Senna fallaba, perdendo a cuarta marcha e na volta 60 a vantaxe reduciuse á metade e Mansell marcara a volta rápida. Con todo, ironicamente, foi a caixa de cambios de Mansell a que rompeu primeiro, o que o levou a retirarse na volta 61. Con tan só un par de voltas, Senna tamén perdeu quinta e terceira marcha. Ter que manter a sexta marcha nas curvas lentas e medis significaba que moitas veces case se parou. Patrese acercábase rapidamente, pero cos seus propios problemas coa caixa de cambios non puido pasar.
Senna gañou por apenas por 2´9 segundos sobre Patrese. Cando cruzou a liña de meta, comezou a gritar para celebrar o seu soño de gañar en casa. A tremenda loita de tratar de manter o auto baixo control, causoulle cambras musculares e febre. Logo de deter o seu automóbil, Senna case non puido moverse por si mesmo. Tivo que ser levantado fisicamente do auto por esgotamento e conducido ao podio no automóbil médico. Malia un pequeno incendio na grella e o acelerador agarrado, Berger levouse o podio final diante de Prost, Piquet e Alesi.
Clasificación
editarPrecualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 22 | JJ Lehto | Dallara-Judd | 1:19.540 | |
2 | 33 | Andrea de Cesaris | Jordan-Ford | 1:20.150 | +0.610 |
3 | 32 | Bertrand Gachot | Jordan-Ford | 1:20.184 | +0.644 |
4 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Judd | 1:20.567 | +1.027 |
5 | 35 | Eric van de Poele | Lambo-Lamborghini | 1:21.919 | +2.379 |
6 | 34 | Nicola Larini | Lambo-Lamborghini | 1:22.944 | +3.404 |
7 | 31 | Pedro Chaves | Coloni-Ford | 1:23.231 | +3.691 |
8 | 14 | Olivier Grouillard | Fondmetal-Ford | 1:23.951 | +4.411 |
Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:18.711 | 1:16.392 | |
2 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:22.069 | 1.16.775 | +0.383 |
3 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:20.056 | 1.16.843 | +0.451 |
4 | 2 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:19.557 | 1.17.471 | +1.079 |
5 | 28 | Jean Alesi | Ferrari | 1:19.350 | 1:17.601 | +1.209 |
6 | 27 | Alain Prost | Ferrari | 1:20.079 | 1.17.739 | +1.347 |
7 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:20.105 | 1.18.577 | +2.185 |
8 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Ilmor | 1:22.196 | 1.18.664 | +2.272 |
9 | 4 | Stefano Modena | Tyrrell-Honda | 1:21.709 | 1.18.847 | +2.455 |
10 | 32 | Bertrand Gachot | Jordan-Ford | 1:21.493 | 1.18.882 | +2.490 |
11 | 29 | Éric Bernard | Lola-Ford | 1:22.127 | 1.19.291 | +2.899 |
12 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Judd | 1:21.286 | 1.19.305 | +2.913 |
13 | 33 | Andrea de Cesaris | Jordan-Ford | 1:21.710 | 1.19.339 | +2.947 |
14 | 19 | Roberto Moreno | Benetton-Ford | 1:21.266 | 1.19.360 | +2.968 |
15 | 16 | Ivan Capelli | Leyton House-Ilmor | 1:21.171 | 1.19.517 | +3.125 |
16 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Honda | 1:21.825 | 1.19.546 | +3.154 |
17 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Ford | 1:22.281 | 1.19.832 | +3.440 |
18 | 25 | Thierry Boutsen | Ligier-Lamborghini | 1:23.197 | 1.19.868 | +3.476 |
19 | 22 | JJ Lehto | Dallara-Judd | 1:22.243 | 1.19.954 | +3.562 |
20 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ferrari | 1:22.852 | 1.20.175 | +3.783 |
21 | 24 | Gianni Morbidelli | Minardi-Ferrari | 1:26.147 | 1.20.502 | +4.110 |
22 | 11 | Mika Häkkinen | Lotus-Judd | 1:25.587 | 1.20.611 | +4.219 |
23 | 26 | Érik Comas | Ligier-Lamborghini | 1:22.682 | 1.21.168 | +4.776 |
24 | 17 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:23.618 | 1.21.219 | +4.827 |
25 | 8 | Mark Blundell | Brabham-Yamaha | 1:23.547 | 1.21.230 | +4.838 |
26 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Yamaha | 1:23.271 | 1.21.280 | +4.888 |
27 | 10 | Alex Caffi | Footwork-Porsche | 1:25.555 | 1.22.190 | +5.798 |
28 | 18 | Stefan Johansson | AGS-Ford | 1:24.698 | 1.22.432 | +6.040 |
29 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Porsche | 1:25.795 | 1.22.739 | +6.347 |
30 | 12 | Julian Bailey | Lotus-Judd | 1:24.947 | 1.23.590 | +7.198 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "1991 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1991 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1991 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1991 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1990 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1992 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |