Abrir o menú principal

Gran Premio de Alemaña de 1985

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1985 (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que celebrouse en Nürburgring o 4 de agosto de 1985. Foi a novena rolda da tempada de 1985.

Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1985
Detalles da carreira
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985.
Trazado do circuíto de Nurburgring.
Trazado do circuíto de Nurburgring.
Data 4 de agosto de 1985
Nome oficial XLIII Grosser Preis von Deutschland
Localización Nürburgring, Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´54 km
Distancia 67 voltas, 304´180 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Italia Teo Fabi Toleman-Hart
Tempo 1:17.429
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda McLaren-TAG
Tempo 1:22.806 na volta 53
Podio
Primeiro Italia Michele Alboreto Ferrari
Segundo Francia Alain Prost McLaren-TAG
Terceiro Francia Jacques Laffite Ligier-Renault
Michele Alboreto gañou a carreira co Ferrari.
Alain Prost rematou segundo, só once segundos detrás.

Resumo da carreiraEditar

Este foi o primeiro Gran Premio de Alemaña, que se celebrou na nova sección da pista GP-Strecke que substituíu á antiga sección Südschleife que non fora utilizada desde 1970. Tamén foi a primeira vez en nove anos que o GP de Alemaña celebrouse en Nürburgring; previamente o GP de Alemaña disputábase no perigoso e moi longo tramo da pista de Nordschleife ata 1976, a carreira na que Niki Lauda tivo un accidente case fatal no seu Ferrari, o que obrigou ao circo da Fórmula Un a usar o máis seguro, máis curto e máis rápido circuíto de Hockenheimring. O GP-Strecke non sería a sede doutro Gran Premio ata que foi sede do Gran Premio de Europa de 1995, e non sería a sede de novo do Gran Premio de Alemaña ata 2009.

Michele Alboreto gañou a carreira, a súa quinta e última vitoria na F1. Este evento foi a primeira ocasión en que foi utilizada unha cámara a bordo nunha carreira, foi montada no Renault de François Hesnault. Ese coche non era elixible para puntuar no campionato, e esta carreira marcou a última vez, que un equipo de F1 participou con tres coches nunha carreira.

Como era o Gran Premio de Alemaña (e o equipo só tiña 1 coche novo construído) o xefe do equipo Tyrrell, Ken Tyrrell deu este coche o Tyrrell 014 con motor Renault a seu piloto alemán Stefan Bellof para o fin de semana en lugar do piloto habitual do vehículo Martin Brundle que pilotou o 012 con motor Cosworth.

Sería o último Gran Premio de Fórmula 1 para Manfred Winkelhock. O alemán morreu pouco despois cando chocou co seu Porsche 962C deportivo nos 1000 quilómetros de Mosport en Canadá só unha semana despois do Gran Premio de Alemaña.

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Teo Fabi logrou unha sorpresiva pole position, a primeira da súa carreira, e a única pole para Toleman Motorsport. Este tempo estableceuse durante a sesión de cualificación do venres; durante o sábado choveu e ningún dos pilotos puido mellorar os seus tempos.

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 19   Teo Fabi Toleman-Hart 1:17.429
2 28   Stefan Johansson Ferrari 1:18.616 1:46.919 +1.187
3 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:18.725 1:43.088 +1.296
4 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:18.781 1:39.547 +1.352
5 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:18.792 1:36.471 +1.363
6 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:18.802 1:49.347 +1.373
7 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:19.120 1:29.714 +1.691
8 27   Michele Alboreto Ferrari 1:19.194 1:41.490 +1.765
9 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:19.338 +1.909
10 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:19.475 1:42.050 +2.046
11 8   Marc Surer Brabham-BMW 1:19.558 1:38.330 +2.129
12 1   Niki Lauda McLaren-TAG 1:19.562 1:44.330 +2.133
13 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 1:19.656 +2.227
14 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:19.738 1:39.623 +2.309
15 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:19.781 1:54.674 +2.352
16 15   Patrick Tambay Renault 1:19.917 1:33.373 +2.488
17 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:20.666 1:41.131 +3.237
18 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1:21.074 1:32.376 +3.645
19 3   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 1:21.219 14:04.270 +3.790
20 16   Derek Warwick Renault 1:21.237 1:08.604 +3.808
21 10   Philippe Alliot RAM-Hart 1:22.017 +4.588
22 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:22.607 1:51.109 +5.178
23 14   François Hesnault Renault 1:23.161 +5.732
24 30   Jonathan Palmer Zakspeed 1:24.217 1:51.833 +6.788
25 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:26.478 +9.049
26 4   Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:27.621 1:47.820 +10.192
DNQ 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:40.506 +23.077

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27   Michele Alboreto Ferrari 67 1:35:31.337 8 9
2 2   Alain Prost McLaren-TAG 67 + 11.661 3 6
3 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 67 + 51.154 13 4
4 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 67 + 55.279 15 3
5 1   Niki Lauda McLaren-TAG 67 + 1:13.972 12 2
6 5   Nigel Mansell Williams-Honda 67 + 1:16.820 10 1
7 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 66 + 1 volta 17
8 3   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 66 + 1 volta 19
9 28   Stefan Johansson Ferrari 66 + 1 volta 2
10 4   Martin Brundle Tyrrell-Ford 63 + 4 voltas 26
11 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 62 Motor 27
12 6   Keke Rosberg Williams-Honda 61 Freos 4
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 45 Turbo 18
Ret 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 40 Motor 7
Ret 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 32 Caixa de cambios 25
Ret 19   Teo Fabi Toleman-Hart 29 Embrague 1
Ret 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 27 Transmisión[1] 5
Ret 16   Derek Warwick Renault 25 Encendido 20
Ret 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 23 Turbo 6
Ret 15   Patrick Tambay Renault 19 Trompo 16
Ret 8   Marc Surer Brabham-BMW 15 Motor 11
Ret 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 8 Motor 22
Ret 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 8 Caixa de cambios 9
Ret 14   François Hesnault Renault 8 Embrague 23
Ret 10   Philippe Alliot RAM-Hart 8 Presión aceite 21
Ret 30   Jonathan Palmer Zakspeed 7 Alternador 24
Ret 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 0 Colisión 14


Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1984
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1986

NotasEditar

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

  1. Anthony, Pritchard (March 2006). Lotus: The Competition Cars. Haynes Publishing. p. 245. ISBN 1-84425-006-7. 

Ligazóns externasEditar