Lotus Cars
Lotus Cars é un fabricante de automóbiles do Reino Unido especializado en automóbiles deportivos, con sede en Hethel, Norfolk, creado como Lotus Engineering Ltd polo enxeñeiro Colin Chapman en 1952. Nos anos 60 e 70 participou activamente nas carreiras de Fórmula 1.
Lotus | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1952 |
Matriz | Proton |
Localización | Hethel, Norfolk, Reino Unido |
Fundador | Colin Chapman |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Na rede | |
https://www.lotuscars.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chapman morreu en 1982, deixando tras si unha delicada situación financeira co proxecto DeLorean, polo cal é probable que houbera debido responder ante a xustiza.
En 1986, a compañía foi adquirida por General Motors e revendida en 1993 ao grupo ACBN de Luxemburgo, que é unha compañía controlada polo empresario italiano Romano Artioli, propietario tamén de Bugatti Automobili SpA. En 1996, a maioría das accións de Lotus foron vendidas a Perusahaan Otomobil Nasional Bhd Proton, empresa automotriz do estado de Malaisia.
A compañía tamén actúa como consultor de enxeñería, realiza desenvolvementos, particularmente de suspensión para outros construtores.
Fórmula 1
editar- Ver artigo principal: Team Lotus
A compañía animaba aos seus clientes a participar en competicións e ela mesma entrou na Fórmula 1 como equipo en 1958. O seu maior éxito obtívoo na tempada 1963 co seu modelo Lotus 25, pilotado por Jim Clark, cando gañou o seu primeiro campionato mundial. A morte de Clark a unha idade temperá nun tráxico accidente de Fórmula 2 competindo nun Lotus 48, en marzo de 1968 foi un serio revés para a marca e para a Fórmula 1. Era o piloto dominante co automóbil dominante. Ese ano o campionato foi ganado polo seu compañeiro de equipo Graham Hill.
Varios pilotos pereceron en vehículos Lotus, e considerase que a responsabilidade de aquilo estaba na política de Chapman de construír vehículos que só tiñan que durar ata chegar a meta, todo o demais era considerado superfluo.
Ata mediados dos anos 1980, Lotus foi un dos grandes equipos da Fórmula 1. Ayrton Senna pilotou para este equipo entre 1985 e 1987, gañando catro grandes premios e obtendo 16 pole positions. O último ano de participación de Lotus na Fórmula 1, 1994 os seus vehículos xa non eran competitivos. En total, Lotus gañou 79 grandes premios.
Campións mundiais de Fórmula 1
editar- Temporada 1963: Jim Clark 7 vitorias, 7 pole positions, 6 voltas rápidas
- Temporada 1965: Jim Clark 6 vitorias, 6 pole positions, 6 voltas rápidas
- Temporada 1968: Graham Hill 3 vitorias, 2 pole positions
- Temporada 1970: Jochen Rindt 5 vitorias, 3 pole positions 1 volta rápida – Finou antes de culmina-la temporada
- Temporada 1972: Emerson Fittipaldi 5 vitorias, 3 pole positions
- Temporada 1978: Mario Andretti 6 vitorias, 8 pole positions, 3 voltas rápidas
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Lotus Cars (en inglés)
- Colin Chapman Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine. biografía por Dennis David (en inglés)