Bugatti
Bugatti é unha marca de automóbiles superdeportivos e de luxo, fundada en 1909 na entón cidade alemá de Molsheim, Alsacia (agora en territorio francés) polo italiano Ettore Bugatti. Hoxe en día pertence ao grupo alemán Volkswagen.
Bugatti | |
---|---|
Fundación | 1909 |
Matriz | Volkswagen |
Localización | Molsheim, Alsacia, Francia |
Fundador | Ettore Bugatti |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Na rede | |
https://www.bugatti.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na súa primeira etapa, os coches Bugatti eran coñecidos pola beleza do seu deseño (Ettore Bugatti era dunha familia de artistas e considerábase á vez un artista e construtor) e polas súas moitas vitorias. A morte de Ettore Bugatti en 1947 resultou ser o final da marca, e a morte do seu fillo Jean Bugatti en 1939 asegurou que non había un sucesor para dirixir a fábrica. Non se fixeron máis de 8.000 coches. A compañía loitou financieiramente, e lanzou un último modelo na década de 1950, antes de ser finalmente adquirida polo seu negocio de pezas de avión na década de 1960.
Dende os anos 1980 a marca foi xestionada pola empresa Bugatti Automobili SpA, que adquiriu tamén Lotus, ata que despois de ser comprada en 1998 polo Grupo Volkswagen, constituiuse en empresa de capital francés no ano 2000 coa denominación de Bugatti Automobiles SAS, con base en Molsheim.
Etapa Ettore Bugatti
editarO fundador Ettore Bugatti naceu en Milán, Italia, e a empresa de automóbiles que leva o seu nome foi fundada en 1909 en Molsheim que se atopa na rexión de Alsacia que formaba parte do Imperio Alemán ata 1919. A compañía era coñecida tanto polo nivel de detalle da enxeñería dos seus automóbiles, como pola forma artística na que foron executados os deseños, dada a natureza artística da familia de Ettore (o seu pai, Carlo Bugatti (1856-1940), foi un importante deseñador Art Nouveau de mobles e de xoias).
A primeira guerra mundial e as súas secuelas
editarDurante a guerra Ettore Bugatti foi enviado, inicialmente a Milán e máis tarde a París, pero en canto concluíron as hostilidades volveu á súa fábrica de Molsheim.[1] Menos de catro meses despois de que o Tratado de Versalles formalizara a transferencia de Alsacia de Alemaña a Francia, Bugatti conseguiu, no último minuto, un stand no 15. Salón do Automóbil de París en outubro de 1919.[1] Expuxo tres coches lixeiros, todos eles baseábanse moito nos seus equivalentes de antes da guerra, e cada un estaba equipado co mesmo árbore de levas en cabeza de 4 cilindros e 1.368 cc con catro válvulas por cilindro.[1] O máis pequeno dos tres era un "Tipo 13" cunha carrozaría de carreiras (construída polo propio Bugatti) e usando un chasis cunha distancia entre eixes de 2 000 mm (78,7 in).<ref. name=Automobilia1920/> Os outros eran un "Tipo 22" e un "Tipo 23" cunha distancia entre eixes de 2250 e 2400 mm. respectivamente.[1]
Éxitos nas carreiras
editar- Véxase tamén: Resultados de Bugatti en Grandes Premios.
A compañía tamén tivo un grande éxito a principios dos Gran Premio de automobilismo, gañando o primeiro Gran Premio de Mónaco en 1929 nun Bugatti tipo 35B. O éxito da compañía culminou co piloto Jean-Pierre Wimille gañando as 24 Horas de Le Mans dúas veces (en 1937, con Robert Benoist e 1939 con Pierre Veyron).
Os Bugatti máis famosos foron o Type 35 Grand Prix, o Type 41 "Royale", o Type 57 "Atlantic" e o deportivo Tipo 55.
Os coches Bugatti tiveron un grande éxito nas carreiras. O pequeno Bugatti Type 10 logrou as catro primeiras posicións na súa primeira carreira. O Bugatti Type 35 de 1924 é probablemente o coche de carreiras máis exitoso de todos os tempos, con máis de 2.000 vitorias. O Tipo 35 foi desenvolvido por Bugatti co mestre enxeñeiro e piloto de carreiras Jean Chassagne, que tamén o conduciu no primeiro Gran Premio do coche en Lión en 1924.[2] Bugatti logrou á vitoria na Targa Florio durante cinco anos consecutivos desde 1925 ata 1929. Louis Chiron, celebrou a maioría dos podios dos automóbiles Bugatti, e no rexurdimento moderno da marca Bugatti Automobiles SAS nomearon o seu concept car de 1999 Bugatti 18/3 Chiron na súa honra. Pero foi o seu último éxito na competición de Le Mans a que é máis recordada Jean-Pierre Wimille e Pierre Veyron gañaron a carreira de 1939 cun só coche e escasos recursos.
Carreiras de avións
editarNa década de 1930, Ettore Bugatti involucrouse na creación dun avión de carreiras, coa esperanza de vencer aos alemáns na Deutsch de la Meurthe prize. Este sería o Bugatti 100P,[3][4] que nunca voou. Foi deseñado polo enxeñeiro belga Louis de Monge que xa utilizara motores Bugatti Brescia no seu "Tipo 7.5".
Ettore Bugatti tamén deseñou un exitoso vagón motorizado, o Autorail.[5]
Traxedia familiar
editarA morte do fillo de Ettore Bugatti, Jean Bugatti, o 11 de agosto de 1939 marcou un punto de inflexión na fortuna da compañía. Jean morreu mentres probaba un coche de carreiras Tipo 57 corpo de tanque cerca da fábrica de Molsheim.
Logo da II Guerra Mundial
editarLogo da segunda guerra mundial a fábrica de Molsheim estaba en ruínas e a compañía perdeu o control da propiedade. Durante a guerra, Bugatti planeou unha nova fábrica en Levallois, un suburbio do noroeste de París. Logo da guerra, Bugatti deseñou e planeou construír unha serie de novos coches, incluíndo o Tipo 73 de rúa e o Tipo 73C un coche de competición dun só asento, pero foron construídos só cinco coches do Tipo 73.
A construción dun coche de 375 cc sobrealimentado detívose cando Ettore Bugatti morreu o 21 de agosto de 1947. Trala morte de Ettore Bugatti, o negocio reduciuse aínda máis e fixo a súa última aparición como marca comercial no Salón do Automóbil de París en outubro de 1952.[6]
Logo dunha longa decadencia, Bugatti deixou de operar en 1952.
Modelos máis importantes
editarTipo | Data | Unidades | Motor | Notas | Foto |
---|---|---|---|---|---|
Type 2 | 1900–1901 | 1 | 3050 cm³ I4 | ||
Type 5 | 1903 | 2 | 12867 cm³ I4 | Árbore de levas OHV | |
Type 10 | 1908 | 1 | 1131 cm³ I4 | OHC; foi segundo no Gran Premio de Francia de 1911 | |
Type 13 | 1910–1914 | 435 | 1368 cm³ I4 | OHC-Catro válvulas; postos 1º, 2º, 3º e 4º no Gran Premio de Brescia de 1921 | |
Type 15 | 1910 | 1327 cm³ I4 | OHC-Dúas válvulas, catro prazas | ||
Type 17 | 1910 | 1327 cm³ I4 | OHC-Dúas válvulas, catro prazas | ||
Type 18 | 1912–1914 | 6 ou 7 | 5030 cm³ I4 | Tres válvulas | |
Type 19 | 1911 | 1 | 855 cm³ I4 | T-head; Prototipo do Lion-Peugeot BP1 resp. Peugeot BB ("Bebe") (3095 Expl.) Abb.: Peugeot BB. | |
Type 20 | 1911 | 6 | 1500 cm³ I4 | T-head; Prototipo para Lion-Peugeot; non fabricouse en serie | |
Type 22 | 1913–1914 | 1368 cm³ I4 | Motor de catro válvulas SOHC como o Brescia | ||
Type 23 | 1913–1914 | 1368 cm³ I4 | Versión de dúas válvulas do motor Brescia | ||
Type 28 | 1921 | 1 | 2995 cm³ I8 | OHC-Tres válvulas; prototipo de luxo de coche de turismo | |
Type 29 | 1922–1926 | 7 | 1991 cm³ I8 | OHC-Motor de tres válvulas, 60 CV (45 kW), segundo no Grand Prix ACF de 1922. O Tipo 29 foi noveno en 1923 na Indy 500 co Príncipe de Cystria. | |
Type 30 | 1922–1926 | ca. 600 | 1991 cm³ I8 | Turismos e coches deportivos con motor baseado no Tipo 29 | |
Type 32 | 1923 | 5 | 1991 cm³ I8 | Motor do tipo 29 máis avanzado; carrozaría Tank; en 1923 foi terceiro no Gran Premio ACF en Tours | |
Type 34 | 1923 | Estudo | 14732 cm³ | Bugatti con motor de aviación | |
Type 35 | 1924–1930 | 96 | 1991 cm³ I8 | Desenvolvemento do motor do tipo 29. 90 hp (67 kW), revolucións máx. 6000 rpm | |
Type 35 A | 1926 | 1991 cm³ I8 | „Tecla“; OHC-Tres válvulas; Motor Type 30, rodas de radio de fábrica | ||
Type 35 B | 1924–1930 | 38 | 2262 cm³ I8 | Motor Type 35 con turbocompresor, 135 PS (101 kW); gañou o Gran Premio de Francia de 1929 | |
Type 35 Targa Florio | 1924–1930 | 13 | 2262 cm³ I8 | Type 35 B modificado; 100 PS (75 kW); para a Targa Florio de 1925 a 1929 | |
Type 35 C | 1924–1930 | 1991 cm³ I8 | Motor con compresor Roots, 125 cabalos de forza, velocidade máxima 205 km/h, gañou o Gran Premio de Francia en 1928 e 1930 | ||
Type 35 T | 1927 | 2262 cm³ I8 | OHC tres válvulas; modelo Targa | ||
Type 36 | 1925 | 1493 cm³ I8 | Type-29 versión curta | ||
Type 37 | 1926–1930 | 212 | 1496 cm³ I4 | Novo motor OHC de tres válvulas, 60 PS (45 kW) | |
Type 37 A | 1928-1930 | 67 | 1496 cm³ I4 | Como o Tipo 37, pero con compresor Roots, tres válvulas OHC, coche de Gran Premio, de dúas prazas. | |
Type 38 | 1926–1927 | Preto de 100 | 1991 cm³ I8 | Motor Type-29 | |
Type 38 A | 1927 | 1991 cm³ I8 | OHC tres válvulas; automóbil de turismo; Motor como o Type 30 e 35 A | ||
Type 39 | 1926 | ca. 20 | 1493 cm³ I8 | OHC tres válvulas, compresor Roots; coche de Gran Premio; Chasis como o Type 35 | |
Type 39 A | 1926–1929 | 1493 cm³ I8 | Motor Type-36, compresor Roots, 120 PS (89 kW); gañou o Gran Premio de Francia en 1926 | ||
Type 40 | 1926–1930 | ca. 800 | 1496 cm³ I4 | Motor Type-37 | |
Type 40 A | 1930 | 1627 cm³ I4 | OHC 12 válvulas; turismo, bloque motor Type 49 | ||
Type 41 | 1927–1933 | 6 | 12736 cm³ I8 | OHC tres válvulas; 300 PS (224 kW); Royale | |
Type 43 | 1927–1931 | preto de 170 | 2262 cm³ I8 | Motor Type-35 B con compresor Roots, 120 PS (89 kW) | |
Type 43 A | 1928 | 2261 cm³ I8 | OHC tres válvulas; deportivo de dúas prazas con motor Type 35 B | ||
Type 44 | 1927–1931 | 1.095 | 2992 cm³ I8 | OHC tres válvulas; sedán, sobre 1000 unidades | |
Type 45 | 1929–1930 | 1 | 3801 cm³ U16 | 1+1 Árbore de levas de tres válvulas, motor en V | |
Type 46 | 1929–1936 | 400 | 5359 cm³ I8 | Novo motor SOHC de tres válvulas, 140 PS (104 kW) | |
Type 46 S | 1930 | 5359 cm³ I8 | OHC tres válvulas; turismo deportivo de luxo | ||
Type 47 | 1930 | 2986 cm³ I6 | OHC de 48 válvulas, coche de carreiras de fábrica, similar ó tipo 45 | ||
Type 49 | 1930–1934 | 470 | 3257 cm³ I8 | Motor Type-44 | |
Type 50 | 1930–1934 | Preto de 100 | 4972 cm³ I8 | Novo DOHC Motor de catro válvulas, 225 PS (168 kW); Turismo | |
Type 50 B | 1937–1939 | 4972 cm³ I8 | 470 PS (350 kW) Motor Type-50; deportivo | ||
Type 50 T | 1937–1939 | 4972 cm³ I8 | 200 PS (150 kW) Motor Type-50; Cupé | ||
Type 51 | 1931–1935 | 40 | 2262 cm³ I8 | DOHC dúas válvulas, motor con compresor Roots; gañou o Gran Premio de Francia de 1931 | |
Type 51 A | 1931 | 1493 cm³ I8 | DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 39 A | ||
Type 51 C | 1931 | 1991 cm³ I8 | DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 35 C; tipo escaso | ||
Type 52 | 1926 - 1930 | Preto de 100 | Motor eléctrico de 12 voltios | Miniatura do T 35; 20 km/h | |
Type 53 | 1931–1932 | 2 ou 3 | 4972 cm³ I8 | Motor Type-50, 300 PS (224 kW); con Tracción nas catro rodas para carreiras de montaña | |
Type 54 | 1931 | 4972 cm³ I8 | DOHC dúas válvula; automóbil de carreiras; motor desenvolvido a partir do Tipo 50 | ||
Type 54 GP | 1932–1934 | 4 ou 5 | 4972 cm³ I8 | Motor Type-50, 300 PS (224 kW) | |
Type 55 | 1932–1935 | 38 | 2262 cm³ I8 | Motor Type-51, 130 PS (97 kW) | |
Type 56 | 1931 | 3 | Motor eléctrico 36 voltios | "Phaeton Biplace"; scooter con 1´2 PS (100-Ah baterías de 6 voltios en serie(?)) para pilotar pola fábrica | |
Type 57 | 1933–1939 | Preto de 725 | 3257 cm³ I8 | 2× OHC-Motor monobloque, 135 PS (101 kW); turismo | |
Type 57 C | 1937–1940 | 3257 cm³ I8 | "Tank"; 160 PS (119 kW); como o Type 57 pero con compresor; gañou as 24 horas de Le Mans de 1939 | ||
Type 57 G | 1936–1939 | 4743 cm³ I8 | "Tank"; gañou o Gran Premio de Francia de 1936 e 1937 | ||
Type 57 S | 1936–1938 | 17 | 3257 cm³ I8 | 175 PS (130 kW); Atalante | |
Type 57 S/45 | 1936–1939 | 4743 cm³ I8 | |||
Type 57 SC | 1937–1938 | 3257 cm³ I8 | 200 PS (150 kW); Atlantic | ||
Type 59 | 1934–1936 | 6 ou 7 | 3257 cm³ I8 | 250 PS (186 kW) compresor Roots | |
Type 64 | 1939 | 4 | 4432 cm³ I8 | DOHC dúas válvulas; prototipo; caixa de cambios Cotal; freos hidráulicos | |
Type 68 | 1946 | 369 cm³ I4 | OHC de catro válvulas, prototipo de coche pequeno | ||
Type 73 | 1943–1947 | 2 | 1488 cm³ I4 | DOHC tres válvulas | |
Type 73 A | 1947 | 1488 cm³ I4 | OHC tres válvulas; prototipo de turismo deportivo | ||
Type 73 C | 1947 | 1488 cm³ I4 | DOHC catro válvulas; prototipo de carreiras (Monopraza) | ||
Type 101 | 1951 | 5 + 1 Prototipo | 3257 cm³ I8 | 135 PS (101 kW); turismo moderno | |
Type 101 C | 1951 | 3257 cm³ I8 | DOHC Dúas válvulas, compresor versión 101, 188 hp, 5200 rpm | ||
Type 101 CX | 1966 | ||||
Type 251 | 1955–1956 | 2 | 2486 cm³ I8 | DOHC - Nº 01 de 02 | |
Type 251 | 1955–1956 | 2 | 2486 cm³ I8 | DOHC - Nº 02 de 02 | |
Type 252 | 1956-1962 | 1 Prototipo | 1490 cm³ | Prototipo; 4-cilindros; 1´5-Litros; deportivo | |
Explicación: I4 catro cilindros en liña, e I8 oito cilindros en liña. |
Prototipos | Coches de carreiras | Coches de rúa |
---|---|---|
|
|
|
Galería
editar-
1913 Bugatti 22, 3 seat Vinet
-
1938 Type 57SC Atlantic da colección de Ralph Lauren
Resultados nas carreiras
editarAno | Carreira | Piloto | Coche |
---|---|---|---|
1921 | Voiturettes Grand Prix | Ernest Friderich | |
1925 | Targa Florio | Bartolomeo Costantini | Type 35 |
1926 | Gran Premio de Francia | Jules Goux | Type 39 A |
Gran Premio de Italia | Louis Charavel | ||
Gran Premio de España | Bartolomeo Costantini | ||
Targa Florio | Bartolomeo Costantini | Type 35 T | |
1927 | Targa Florio | Emilio Materassi | Type 35 C |
1928 | Gran Premio de Francia | William Grover-Williams | Type 35 C |
Gran Premio de Italia | Louis Chiron | ||
Gran Premio de España | Louis Chiron | ||
Targa Florio | Albert Divo | Type 35 B | |
1929 | Gran Premio de Francia | William Grover-Williams | Type 35 B |
Gran Premio de Alemaña | Louis Chiron | ||
Gran Premio de España | Louis Chiron | ||
Gran Premio de Mónaco | William Grover-Williams | ||
Targa Florio | Albert Divo | Type 35 C | |
1930 | Gran Premio de Bélxica | Louis Chiron | |
Gran Premio de Checoslovaquia | Heinrich-Joachim von Morgen e Hermann zu Leiningen | ||
Gran Premio de Francia | Philippe Étancelin | Type 35 C | |
Gran Premio de Mónaco | René Dreyfus | ||
1931 | Gran Premio de Bélxica | William Grover-Williams e Caberto Conelli | |
Gran Premio de Checoslovaquia | Louis Chiron | ||
Gran Premio de Francia | Louis Chiron e Achille Varzi | Type 51 | |
Gran Premio de Mónaco | Louis Chiron | ||
1932 | Gran Premio de Checoslovaquia | Louis Chiron | |
1933 | Gran Premio de Checoslovaquia | Louis Chiron | |
Gran Premio de Mónaco | Achille Varzi | ||
1934 | Gran Premio de Bélxica | René Dreyfus | |
1936 | Gran Premio de Francia | Jean-Pierre Wimille e Raymond Sommer | Type 57 G |
1937 | 24 Horas de Le Mans | Jean-Pierre Wimille e Robert Benoist | Type 57 G |
1939 | 24 Horas de Le Mans | Jean-Pierre Wimille e Pierre Veyron | Type 57 C |
1956 Fórmula Un
editar(Chave)
Ano | Chasis | Motor(es) | Rodas | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Bugatti Type 251 | Bugatti 8 en liña | D | ARG | MON | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | ITA | 0* | -* | |
Maurice Trintignant | Ret |
- O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Notables achados na era moderna
editarOs familiares do Dr. Harold Carr atoparon un raro Bugatti Tipo 57S Atalante de 1937 ao catalogar as pertenzas do médico logo da súa morte en 2009. O Tipo 57S do Dr. Carr é notable porque foi orixinalmente propiedade do piloto de carreiras británico Earl Howe. Dado que unha gran parte do equipo orixinal do vehículo estaba intacto, pódese restaurar sen depender das pezas de recambio.[8]
O 10 de xullo de 2009, un Bugatti Brescia Tipo 22 de 1925, que permanecera no fondo de Lago Maggiore na fronteira entre Suíza e Italia durante 75 anos foi recuperado do lago. O Museo Mullin en Oxnard, California comprouno nunha poxa por 351.343 dólares nunha venda en Bonham Retromobile de París en 2010.
Intentos de reactivación
editarA compañía intentou un regreso baixo a dirección de Roland Bugatti a mediados dos anos 1950 co Tipo 251 de carreiras con motor central. Deseñado coa axuda de Gioacchino Colombo, o coche non puido cumprir coas expectativas e os intentos da compañía na produción de automóbiles detívose.
Na década de 1960, Virgil Exner deseñou un Bugatti como parte dos seu proxecto de " Revival Cars". Unha versión de demostración deste coche foi construída en realidade por Ghia usando o último chasis Bugatti Type 101, e presentouse no Salón do Automóbil de Turín de 1965. Financieiramente non era viable, e Exner dirixiu a súa atención ao renacemento da Stutz.
Bugatti seguiu fabricando pezas de avións e foi vendida a Hispano-Suiza, tamén un ex fabricante de automóbiles que volveuse provedor de avións, en 1963. Snecma fíxose cargo de Hispano-Suiza en 1968. Logo da adquisición de Messier, Snecma fusionou Messier e Bugatti en Messier-Bugatti en 1977.
Intentos modernos
editarBugatti Automobili SpA 1987-1995
editarO empresario italiano Romano Artioli adquiriu a marca Bugatti en 1987, e fundou Bugatti Automobili SpA. Bugatti encargou ao arquitecto Giampaolo Benedini deseñar a fábrica, que foi construída en Campogalliano, Italia.
En 1989 os plans para o novo renacemento de Bugatti foron presentados por Paolo Stanzani e Marcello Gandini, os deseñadores do Lamborghini Miura e do Lamborghini Countach. Bugatti chama ao seu primeiro vehículo de produción Bugatti EB110 GT. O Bugatti EB110 é anunciado como o coche deportivo tecnicamente máis avanzado xamais producido.
O famoso deseñador de coches de carreiras Mauro Forghieri serviu como director técnico de Bugatti desde 1992 ata 1994.
O 27 de agosto de 1993, a través da súa sociedade de carteira, ACBN Holdings SA de Luxemburgo, Romano Artioli compra Lotus Cars a General Motors. Bugatti fixo plans para sacar as accións da compañía nas bolsas internacionais.
Bugatti presenta un prototipo chamado o EB112 en 1993.
Quizais o propietario máis famoso dun Bugatti EB110 foi o sete veces campión do mundo de Fórmula Un o piloto Michael Schumacher, quen comprou un EB110 en 1994. Schumacher vendeu o seu EB110, que fora reparado logo dun grave accidente en 1994, a Modena Motorsport, un taller que prepara automóbiles de carreiras e servizo Ferrari en Alemaña.
No momento que o EB110 chegou ao mercado, as economías de América do Norte e Europa estaban en recesión. A mala situación económica levou á compañía ó fracaso e as operacións cesaron en setembro de 1995. Un modelo específico para o mercado dos Estados Unidos chamado "Bugatti América" estaba en proxecto, cando a empresa deixou de operar.
Os liquidadores de Bugatti venderon Lotus Cars a Proton unha empresa de Malaisia. A firma alemá Dauer Racing adquiriu a licenza do EB110 e o stock de pezas restante en 1997 co fin de producir cinco vehículos máis do EB110 SS. Estas cinco versións SS do EB110 refináronse grandemente por Dauer. A fábrica de Campogalliano foi vendida a unha empresa de fabricación de mobles, que posteriormente quebrou, deixando o edificio desocupado.[9] Dauer deixou de producir automóbiles en 2011, Toscana-Motors GmbH de Alemaña comprou as accións restantes de Dauer.
Bugatti Automobiles S.A.S. 1998-presente
editar- Artigo principal: Automóbiles Bugatti.
Volkswagen adquiriu a marca Bugatti en 1998.
Bugatti Automobiles S.A.S. encargou a Giorgetto Giugiaro de ItalDesign producir o primeiro prototipo de Bugatti, o EB118, un cupé que debutou no Salón do Automóbil de París de 1998. O concepto EB118 ofreceu un 408-quilowatt (555 PS; 547 bhp), cun motor W-18. Logo do seu debut en París, o EB118 concepto móstrase de novo en 1999 no Salón do Automóbil de Xenebra e no Salón do Automóbil de Tokyo.
Bugatti presentou os seus seguintes conceptos, o EB 218 no Salón do Automóbil de Xenebra de 1999 e o 18/3 Chiron no Salón do Automóbil de Frankfurt de 1999 (IAA).
Bugatti Automobiles S.A.S. comezou a ensamblar o seu primeiro vehículo de produción regular, o Bugatti Veyron 16.4 (o 1001 BHP un Automóbil superdeportivo con motor de 8 litros W-16 con catro turbocompresores) en setembro de 2005 na fabrica de Bugatti en Molsheim.[10][11]
Modelos
editarTipo | tempo de construción | Número producido | Posición de montaxe do motor | Tipo de motor | Observacións | Imaxe |
---|---|---|---|---|---|---|
EB 118 | 1998 | polo menos 1 | Motor central dianteiro | W18 | Estudo, 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente | |
EB 218 | 1999 | polo menos 1 | Motor central dianteiro | W18 | Sedán (estudo), 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente | |
18.3 Chiron | 1999 | 1 | Motor central | W18 | Estudo, 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente | |
Veyron 16.4 | 2005-2015 | 450 | Motor central | W16 [12] | Primeiro modelo de serie baixo xestión VW, 736 kW
En 2010 a versión S superou ao Veyron "normal" con 882 kW e 431 km / h |
|
16C Galibier | 2009 | 1 | Motor central dianteiro | W16 | Estudo con motivo do 100 aniversario da marca [13][14] | |
Vision Gran Turismo | 2015 | 1 | Motor central | W16 | Estudo desenvolvido en colaboración con Gran Turismo[15] | |
Chiron | desde 2016 | previsto: 500 | Motor central | W16 | Sucesor do Veyron, que leva o nome do piloto de carreiras Louis Chiron [16], 1103 kW | |
Divo | desde 2018 | previsto: 40 | Motor central | W16 | Variante baseada no Chiron, deseñado para unha maior aceleración lateral, que leva o nome do piloto de carreiras Albert Divo, 1103 kW | |
La Voiture Noire | 2019 | 1 | Motor central | W16 | Peza única como homenaxe ao Bugatti Type 57 SC Atlantic polo 110 aniversario da marca, 1103 kW | |
Centodieci | 2019 | 10 | Motor central | W16 | Modelo baseado no Chiron, limitado a dez exemplares. Inspirado no Bugatti EB110 construído entre 1991 e 1995. | |
Bolide | 2020 | 1 | Motor central | W16 | Estudo que mostra un modelo deseñado para unha construción lixeira. |
Liña temporal
editarType | 1910s | 1920s | 1930s | 1940s | 1950s | 1960s | 1963–86 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | ||
Propietario | Ettore Bugatti/Roland Bugatti | Hispano-Suiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Compañía nome |
Automobiles Ettore Bugatti | Automobiles Ettore Bugatti | Automobiles Ettore Bugatti | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Turismos | Type 30 / Type 49 | Type 57 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Type 46 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Limusina | Type 41 Royale | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Roadster | Type 13 / Brescia Tourer | Type 55 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cupé | Type 101 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deportivos | Type 13 | Type 18 | Type 252 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Coche de carreiras | Type 32 |
Type 35 | Type 51 | Type 251 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Automobilia". Toutes les voitures françaises 1920 (Salon [Oct] 1919) (Paris: Histoire & collections). Nr. 31: 63. 2004.
- ↑ L'Automobiliste, 1971 P. 7
- ↑ "Bugatti Model 100 at the EAA Museum". Consultado o 2009-01-28.
- ↑ "Bugatti Aircraft Association – 100P Airplane". Bugattiaircraft.com. Consultado o 2010-12-31.
- ↑ "Streamlined Auto-Rail Car Used in France" Popular Mechanics, December 1934. Books.google.com. Consultado o 2011-11-09.
- ↑ "Automobilia". Toutes les voitures françaises 1953 (salon Paris oct 1952) (Paris: Histoire & collections). Nr. 14: Pages 6 & 10. 2000.
- ↑ Georgano, G.N. Cars: Early and Vintage, 1886–1930. (Londres: Grange-Universal, 1985)
- ↑ "1937 Bugatti Atalante Supercar, One of 17, Found in English Garage, Associated Press, January 2, 2009". Huffingtonpost.com. 2009-01-02. Consultado o 2011-05-27.
- ↑ Copyright. Est febreiro de 2003. "Bugatti on TradeTwentyfourSeven website". Trade-247.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2010-12-31.
- ↑ "Bugatti: 1,001 horsepower, $1.24 million". CNN. 2005-09-16. Consultado o 2012-07-28.
- ↑ "Manufacturing the Veyron". Bugatti Automobiles S.A.S. 2011-11-30. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 2012-07-28.
- ↑ Dobre forma de V (non é un motor W real)
- ↑ Handelsblatt - Thomas Lang: Bugatti Galibier: Chega o sedán de luxo, o 13 de xaneiro de 2013 Arquivado 27 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ Non obstante, actualmente (a partir de 2015), o desenvolvemento deixouse en favor do Quirón. Segundo Dürheimer, este modelo aínda é interesante
- ↑ "Weltpremiere auf der IAA 2015: „Das ist für die Fans“ Bugatti enthüllt Show Car seines Vision Gran Turismo-Projekts". bugatti.com (en alemán). 14 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2022. accedido o 20 de xaneiro de 2016
- ↑ "Der neue Bugatti heißt Chiron – Weltpremiere in Genf 2016". bugatti.com. 30 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bugatti |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar